Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
Desde as 00.00 h do 23 de decembro de 2020, Rianxo entra no nivel de alerta máxima pola incidencia da covid-19. Ao mesmo tempo, a Xunta estableceu as condicións particulares de relaxamento da mobilidade para as datas do Nadal, entre o 23 e o 25 de decembro.

Co fin de facilitar a comprensión de todas as medidas, recompilamos toda a información recollida na app Covid Pass que a Xunta de Galicia puxo a disposición de toda a cidadanía para dispositivos móbiles.

Estas son as medidas que se aplican a Rianxo pola entrada no nivel de alerta máximo.

Estas son as medidas particulares que se aplican durante as festas do Nadal (23 ao 25 de decembro) en toda Galicia.
A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE), coa colaboración do Concello de Rianxo, facilita a posibilidade de que as crianzas de Rianxo poidan falar cos Reis Magos este Nadal desde as súas casas.

Para que os Reis Magos poidan chamarte, só deberás rexistrar a túa data e as súas maxestades poranse en contacto por videochamada o día e hora reservado.

Vídeo promocional: https://youtu.be/wVV51_EKKd4
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/videochamadas-cos-reis-magos
O goberno municipal traslada ao Sergas o seu malestar pola non cobertura do servizo de pediatría no Centro de Saúde de Rianxo. Estase obrigando á veciñanza a desprazarse a municipios limítrofes para unha atención que debera darse na localidade. Demándase a cobertura correcta en Rianxo en caso de substitucións, ausencias ou outros dereitos dos profesionais, mais en ningún caso pode supoñer un recorte nos das familias do concello.
E empresa Monbus vén de publicar os novos horarios, tarifas e bonos das novas rutas de autobús que entraron en vigor o pasado 23 de decembro nun formato amigable.

Podes descargalos aquí: http://www.monbus.es/es/descargas/download/618/
https://concelloderianxo.gal/anuncios/-/blogs/horarios-e-rutas-de-autobuses
A Xunta volve relaxar as medidas de confinamento para a fin de ano coa fin de facilitar a xuntanza das familias. Con todo, cómpre estremar as precaucións ante o incremento na incidencia da covid-19 que o noso concello vén experimentando nestas datas.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/54320/sanidade-actualiza-medidas-para-fin-ano-logo-analizar-situacion-epidemioloxica
Volta a Rianxo das SS.MM. os Reis Magos.

As SSMM os Reis Magos realizarán unha volta ao Concello de Rianxo, saíndo ás 16.30 horas do Seisiñal de Isorna, para continuar por Leiro, Rianxo, Asados, Araño, Taragoña, e remataran cunha recepción, sen público, no Auditorio de Rianxo, sobre ás 19.30, hora prevista.

Tanto o percorrido como a recepción serán retransmitidos en directo na canle de youtube do Concello de Rianxo.
Recoméndase seguir aos Reis dende as propias casa ou achegarse a un lugar seguro onde se poidan cumprir as medidas de seguridade.