Concello de Rianxo
144 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O Concello de Rianxo forma parte do programa de mobilidade para a asistencia ao novo espectáculo do Centro Dramático Galego, A Peste, dirixida por Cándido Pazó e inspirada na novela de Albert Camus. O sábado 19 de febreiro desprazarémonos ao Salón Teatro de Santiago de Compostela.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/sobes-ao-autobus-do-teatro-
O Concello de Rianxo está integrado no Programa integrado de Emprego do Concello de Dodro 2021/22, do que xa está en marcha o proceso de selección de participantes.

https://concelloderianxo.gal/orientacionlaboral/-/blogs/programa-integrado-de-emprego-do-concello-de-dodro-2021-22
Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o mércores 12 de xaneiro de 2021. https://concelloderianxo.gal/ordesdodia/-/blogs/orde-do-dia-da-sesion-extraordinaria-do-pleno-da-corporacion-do-12-de-xaneiro-de-2022
O Concello de Rianxo organiza os Actos Castelao 2022 en homenaxe ao ilustre rianxeiro. Trátase de diversas propostas culturais dende presentación de obras, exposicións e ofrenda floral que se desenvolveran ao longo do mes de xaneiro. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/actos-castelao-2022
Do 21 de xaneiro ao 6 de febreiro, a exposición organizada pola Deputación da Coruña que percorre a vida e a traxectoria de Ricardo Carvalho Calero pode visitarse a ceo aberto na praza da Manuela no Paseo da Ribeira en Rianxo.

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-a-ceo-aberto-na-praza-da-manuela-arredor-de-ricardo-carvalho-ca
Do 21 de xaneiro ao 20 de febreiro, terá lugar na sala de exposicións do auditorio de Rianxo Escolanía de Merlos, que recolle os traballos realizados ao abeiro do Obradoiro de iniciación ao gravado impartido por Pepe Míguez o pasado mes de outubro. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-de-gravados-escolania-de-merlos
O domingo 13 de febreiro vaise celebrar a IX Marcha BTT "Concello de Rianxo”, con saída e chegada no porto de Rianxo e que percorrerá os camiños e montes rianxeiros, entrando tamén nos de Dodro, Lousame e Rois. A proba está organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo e polo servizo de deportes do Concello de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/ix-marcha-btt-e-v-andaina-concello-de-rianxo-
O autor rianxeiro Óscar Reboiras presentará o seu novo libro O cronista imposible, o vindeiro venres 21 de xaneiro, ás 20.30 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo. No acto intervirán José Villanueva Rey (xornalista e crítico de cine) e o alcalde do Concello de Rianxo Adolfo Muíños. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-de-o-cronista-imposible-de-oscar-reboiras
Axudas para a adquisición de pastores eléctricos para a prevención dos danos ocasionados polo xabaril
A Deputación da Coruña vén de convocar as liñas de subvencións para entidades sen fins de lucro para a realización de investimentos e actividades culturais. O prazo de presentación é ata o 4 de marzo.
https://entidadesderianxo.gal/convocatoria-de-subvencions-para-entidades-sen-fins-de-lucro-da-deputacion-da-coruna/