Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O xoves 23 de decembro, ás 20.30 horas, a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acolle o concerto de Víctor Bouzas Cuarteto (trompeta) enmarcado no IV Ciclo de Novos Intérpretes organizado polo Concello de Rianxo e a Escola de Música de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-victor-bouzas-cuarteto-trompeta-
A Asociación Sociocultural Faustino Rey Romero de Isorna e a Comunidade de Montes de Isorna coa colaboración do Concello de Rianxo organizan o sábao 18 de decembro unha homenaxe a Faustino Rey Romero no centenario do seu nacemento. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/homenaxe-a-faustino-rey-romero-no-centenario-do-seu-nacemento
Ás 20.00 horas na canle de youtube da Escola de Música de Rianxo poderedes gozar do Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festival-de-nadal-da-escola-de-musica-de-rianxo-3
O domingo 26 de decembro, ás 18.30 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o Concerto de Nadal da Banda da Escola de Música de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-de-nadal-da-banda-da-escola-de-musica-de-rianxo-1
O mércores 29 de decembro, ás 18.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo un concerto infantil Tecendo os soños a cargo de Esperanza Mara (soprano) e Alfredo Susavila (pianista). https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-infantil-tecendo-os-sonos-de-esperanza-mara
Nadal Cultural do Concello de Rianxo
Queres que te chamen os Reis Magos? Merca no comercio de Rianxo e poderás recibir a videochamada das Súas Maxestades!
https://nadalrianxo.com/
O vindeiro mércores 29 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo un video-forum do documental de Pedro Solla Morreu o demo acabouse a peseta dentro da programación do Titiriberia, festival de títeres. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/video-forum-morreu-o-demo-acabouse-a-peseta
ACTUALIZACIÓN da Programación do Nadal Cultural 2021

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/nadal-cultural-2021
Tes entre 0 e 200 anos?

Coñeces ou gustaríache coñecer ata o último recuncho da biblioteca municipal de Rianxo?

Pois anótate no "Obradoiro de participación cidadá" que se celebrará os días 27, 28 e 29 de decembro de 10:00 a 14:00 na Biblioteca Municipal de Rianxo.

De maneira amena e didáctica formarás parte da futura Re-construción da biblioteca municipal, sendo arquitecto/a por un día e achegando as túas ideas.

Reserva a túa praza no correo biblioteca@concelloderianxo.gal ou no teléfono 981 86 02 72 -- 667 185 581.
https://concelloderianxo.gal/biblioteca/-/blogs/obradoiro-de-participacion-cidada
Publícanse as bases da convocatoria de unha (1) praza de operario/a de limpeza, persoal laboral fixo, reservada a persoas con discapacidade. OEP-2017. Publicadas no BOP núm. 237 de 15-decembro-2021 https://sede.concelloderianxo.gal/opencms/gl/informacion/tablon/2021/ANUNCIO_PROG_20211222103006225.html
Convocatoria e Bases 1 tractorista limpeza praias, persoal laboral fixo descontinuo

Anuncio de Convocatoria e Bases dunha praza de 1 tractorista limpeza praias, persoal laboral fixo descontinuo, (execución sentenza) OEP-2018. Publicado no BOP 237 de 15-decembro-2021

https://sede.concelloderianxo.gal/opencms/gl/informacion/tablon/2021/ANUNCIO_PROG_20211222113140775.html
Convocatoria e bases 1 arquitecto superior de funcionario cobertura definitiva

Anuncio de convocatoria e bases de selección en propiedade dun funcionario, de carreira 1 praza de a Arquitecto/a, para cobertura definitiva. Publicado no BOP núm. 239 de 17-decembro-2021

https://sede.concelloderianxo.gal/opencms/gl/informacion/tablon/2021/ANUNCIO_PROG_20211222120006683.html
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
Felicitación do Nadal do Concello de Rianxo 2021
O proxecto de colaboración que se está a desenvolver entre o Concello de Rianxo e RedeAberta.gal para despregar unha rede neutral de fibra óptica vén de materializar a primeira teleoperadora local FibraRianxo.com, que será a empresa de telecomunicacións que prestará os servizos de Internet a través de RedeAberta, ademais doutras solucións de conectividade para zonas rurais e de telefonía móbil.

A rede empezarase a despregar ao longo de 2022 en 3 fases, ata chegar "ata a última casa da última aldea", seguindo a mesma filosofía que RedeAberta está a desonvolver noutros concellos nos que xa ten presencia.

Con esta colaboración o Concello de Rianxo pretende axudar a dar solución aos problemas de cobertura de redes de alta velocidade que sofren non poucos núcleos rurais e incluso urbanos do municipio.
https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/o-proxecto-de-fibra-neutral-de-rede-aberta-xa-e-unha-realidade-coa-creacion-de-fibra-rianxo-un-teleoperador-local
NOVAS Medidas Covid-19

ℹ A Xunta de Galicia vén de anunciar os cambios nas restricións pola Covid-19 que decidiu o comité clínico ante a SEXTA ONDA 🦠

🔴 A hostalería terá que pechar a medianoite todos os días, excepto os venres e os sábados, que se amplía á 1 da mañá.

🔴 O horario do lecer nocturno redúcese ás 2.
Ponse en marcha un «toque de non queda» entre 2 e 6 da mañá. Só se poderá transitar pola rúa sós ou con persoas da mesma unidade familiar.

🔴Exténdese o certificado covid a todo o horario en bares e cafeterías. Ata o de agora só se requería a partir das 21 horas.
Pechan as barras.

🔴 Evitaranse os eventos musicais masivos. En todo caso deberán ser con público sentado, tanto en interior como en exterior.

🔴 As cabalgatas de reis recoméndanse que sexan estáticas.

⏰ As medidas entrarán en vigor o 31 de decembro ás 00.00 horas e estarán vixentes ata o 18 de xaneiro
AVISO DOS REIS MAGOS

Atención,
Está todo preparado, pero as súas maxestades os Reis Magos téñenlle medo a choiva, polo que van atrasar a saída da cabalgata e farán o itinerario previsto todo seguido.
Sairán ás 14:30 horas dende Isorna. Estade atentos/as as redes sociais e compartide para que chegue a todos/as os rianxeiros/as
#ReisRianxo2022