O sábado 05 de novembro o grupo de música antiga Menestreis achégase ao auditorio de Rianxo para ofrecer un concerto baixo o título Cantigas quer'eu nembrar. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-menestreis-cantigas-quer-eu-nembrar
Andaina Solidaria con Superpoderes Rianxo
Onte Tivo lugar a presentación da II Andaina Solidadria ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia), coa organización de Asanog Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia e a colaboración do Concello de Rianxo.
A presentación estivo presidida por Adolfo Muiños, Alcalde de Rianxo, Xusto Xosé Ordóñez Figueira , Concelleiro de Deportes, Adrián Mosquera , Atleta paralímpico Rianxeiro e padriño da proba e Sara Muñiz, Representante de ASANOG.
Dous percorridos serán os que se fagan cunhas distancias de de 4 km e 11 km respectivamente. Debido a alta participación, e dado que se cubriron todalas prazas, pechous e a inscrición onte pola tarde. As previsións apuntan a que se recaudará mais de 10.000 €. e a participación será de 750 persoas, o tope de participación admitida.
A andaina comezará as 10:30 desde a Praza Castelao e contará con música a cargo de DJ Locales.

Xuntos polo Nadal, programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias. https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/xuntos-polo-nadal-3
Obradoiro na aula activa, crea o teu fondo mariño, orientado a crianzas de entre 5 e 12 anos.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/obradoiro-na-aula-activa-crea-o-teu-fondo-marino
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/obradoiro-na-aula-activa-crea-o-teu-fondo-marino
Obradoiro "A galiña dos ovos de conto", o venres 11 de novembro na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo. Primeiro grupo as 17.00 h, segundo grupo ás 18.30 h https://concelloderianxo.gal/biblioteca/-/blogs/a-galina-dos-ovos-de-conto-1
Paseo pola vila de Rianxo con Xosé Ricardo. O Roteiro Literario pola vila de Rianxo, que leva como título "De catro a catro. Follas de culto dun diario de fracasos", guiado por Xosé Ricardo Losada, forma parte desta iniciativa da AELG que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/paseo-pola-vila-de-rianxo-con-xose-ricardo
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/paseo-pola-vila-de-rianxo-con-xose-ricardo
O salón de actos do auditorio de Rianxo acollerá o vindeiro sábado 12 de novembro, ás 20.30 horas, a presentación da obra De rosa antiga de Helena Villar Janeiro. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-de-rosa-antiga-de-helena-villar-janeiro
A Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Rianxo patrocina o concerto da formación Rosalía Trío onde presentan o seu álbum Has de cantar. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-rosalia-trio-presentado-o-album-has-de-cantar
A Irmandade da música galega coa colaboración do Concello de Rianxo organiza un ano máis o Memorial Mireya Dieste https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/v-memorial-mireya-dieste
O programa Bailas?, é unha proposta do Taller Alecrín en colaboración co Concello de Rianxo, onde se traballen dúas modalidades de baile: Linedance e Baile Social. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/bailas-obradoiro-de-danza-alecrin
O vindeiro venres 25 de novembro, ás 21.00 horas, terá lugar no Salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro A agonía das folerpas de Óscar Reboiras. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-a-agonia-das-folerpas-de-oscar-reboiras
O Grupo municipal de teatro de Ribeira achégase ao Auditorio de Rianxo coa nova produción de teatro O rei Telesforo busca noiva (e quere noivo) https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-o-rei-telesforo-busca-noiva-e-quere-noivo-do-grupo-municipal-de-teatro-de-ribeira
Obradoiro "Encadernación ecolóxica artesanal". Venres 25 de novembro na biblioteca pública municipal de Rianxo https://concelloderianxo.gal/biblioteca/-/blogs/obradoiro-encadernacion-ecoloxica-artesanal-
Presentación do manifesto, Máis alá! de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro, Estudo introdutorio de Xosé María Dobarro, Xesús Torres Regueiro e Ernesto Vázquez Souzao; o vindeiro venres 16 de decembro, ás 21.00 horas no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-manifesto-mais-ala-de-manuel-antonio-e-alvaro-cebreiro
A entidade AGADEA vai levar a cabo unha xornada informativa sobre a Enfermidade de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas, os tratamentos non farmacolóxicos e as actividades que desenvolve a entidade. Ofrecerase tamén información sobre o seu servizo de Estimulación Terapéutica e os talleres que realizan. https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/xornada-informativa-sobre-o-alzheimer-e-outras-demencias-neurodexenerativas
O sábado 17 de decembro, ás 20.00 horas, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o Festival de Nadal da Asociación Fogo Fatuo.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festival-de-nadal-da-asociacion-fogo-fatuo-3
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festival-de-nadal-da-asociacion-fogo-fatuo-3
O vindeiro venres 16 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar un concerto de piano na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a cargo do alumnado da mestra Ilona Timchenko.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-arte-de-piano
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-arte-de-piano
O xoves 17 de novembro ás 19.00 horas e o sábado 17 de decembro ás 12.00 horas a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí organiza unhas charlas informativas sobre o programa de acollida Vacacións en paz no Auditorio de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/charlas-informativas-sobre-o-programa-de-acollida-vacacions-en-paz-1
Os xoves 15 de decembro as 20:00 na Biblioteca Municipal, Esperanza Mara ofrecerá un faladoiro no que tratarase a violencia de xénero a través da literatura existente e a través da voz. https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/faladoiro-con-esperanza-mara-sobre-a-violencia-de-xenero-a-traves-da-voz