Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O Concello de Rianxo, a Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa e o Club Atletismo Rianxo organizan a VIII Carreira Popular Concello de Rianxo, o martes 1 de novembro de 2022. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo, no VIII Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña, e no V Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte, promovido e organizado polos concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/viii-carreira-popular-concello-de-rianxo
O CEMMA, que se dedica á investigación dos cetáceos en Galicia, propón unha actividade para este domingo día 9 na praia de Tanxil: un simulacro de rescate de tartarugas e mamíferos mariños.

​​​​​​​Se a meteoroloxía non acompañase, realizaríase na Aula Activa do Mar. https://concelloderianxo.gal/medioambiente/-/blogs/simulacro-de-rescate-de-tartarugas-e-mam-feron-mari-os
Campaña Informativa sobre "DEREITOS BÁSICOS DAS PERSOAS CONSUMIDORAS EN SERVIZOS FINANCEIROS"
📆 xoves 6 de outubro de 2022
🕐 11:00
🏬 Salón de Actos do Auditorio de Rianxo.
Impartida dende o Servizo Galego de Consumo e da Competencia.
Duración aproximada: 60 minutos.
Entrada libre.
NOMEAMENTO DO PAVILLÓN MUNICIPAL DE RIANXO CO NOME DE “PAVILLÓN MUNICIPAL JOSÉ MANUEL ABUÍN – CHEMA”.

Acordo plenario do Concello de Rianxo de 24 de febreiro de 2022.

O sábado 8 de outubro executarase o cambio de nome do pavillón municipal de Rianxo, que pasará a denominarse “Pavillón Municipal José Manuel Abuín – Chema” en lembranza do traballador municipal finado no 2020 e que desenvolveu durante mais de 25 anos as labores de conserxe en dita instalación, ademais de participar activiamente no desenvolvemento do deporte rianxeiro desde o Club Voleibol Rianxo.

O acto celebrarase ás 16:30 h. no pavillón e contará coa presencia de Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, Xusto Ordóñez, concelleiro de deportes, así como a familia de Chema, compañeiros de traballo, membros da corporación, compoñentes do Club Voleibol Rianxo e outras entidades deportivas do Concello.
Co descubrimento do novo rótulo identificativo do pavillón e dunha placa na súa lembranza no interior, darase paso a un encontro amigable no que participarán deportistas, ex-deportistas e amigos do club de voleibol que compartiron con Chema moitos anos de proxectos e traballo.
Morgana en Esmelle de Sarabela Teatro no Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 14 de outubro, ás 21.00 horas. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-morgana-en-esmelle-de-sarabela-teatro
O vindeiro sábado 15 de outubro representarase Catro. Un espectáculo de danza para bebés na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/catro-un-espectaculo-de-danza-para-bebes
A detective Peregrina ten un novo misterio que resolver... Narración oral, ilustración e música serán as nosas ferramentas para axudala.

Se queres participar nesta aventura podes facelo o venres 14 de outubro as 18:00h na Biblioteca municipal de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/biblioteca/-/blogs/a-detective-peregrina
Contacontos "A gran pequena inventora", venres 21 de outubro as 18:00h na biblioteca municipal de Rianxo.

A Laura encántalle inventar cousas. A pesar de que Laura é pequena é unha gran inventora; pero, para que as súas creacións funcionen, precisamos da vosa axuda!

Colabora Xunta de Galicia dentro do programa Ler conta moito con Trémola teatro e Paula Regueiro https://concelloderianxo.gal/biblioteca/-/blogs/a-gran-pequena-inventora
O vindeiro venres 21 de outubro, ás 21.00 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro "Emil el rival" de Emilio Vázquez Fernández. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-emil-el-rival-de-emilio-vazquez-fernandez
O sábado 22 de outubro, ás 20.30 horas, Carlos Blanco achegarase ao Auditorio de Rianxo co espectáculo Os mellores monólogos. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/carlos-blanco-no-auditorio-de-rianxo
O domingo 23 de outubro, ás 12.30 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o concerto do V Ciclo de Novos Intérpretes das mans de Gloria Cespón (frauta), Míriam Pardal (trompa) e Yuri Durán (piano). https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/v-ciclo-de-novos-interpretes-gloria-cespon-frauta-miriam-pardal-trompa-e-yuri-duran-piano-
Contacontos a través de contos e cancións "As viaxes fantásticas dunha maleta", o venres 28 de outubro as 18:00h na biblioteca municipal de Rianxo.

Dirixido a público infantil e familiar a partir de 3 anos
O domingo 30 de outubro, ás 12.30 horas, na sala Arcos Moldes terá lugar un concerto a cargo de Anxo Blanco (percusión) enmarcado no V Ciclo de Novos Intérpretes. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-de-anxo-blanco-no-v-ciclo-de-novos-interpretes
A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Diversidade do Concello de Rianxo, organiza catro obradoiros emocionais sobre "A rabia, como facer que sentila non me magoe", impartidos por Baia Fernández. https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/-a-rabia-como-facer-que-sentila-non-me-magoe-
A Asociación de veciños do Araño organiza o vindeiro sábado 05 de novembro no Centro Cultural da Capela un Magosto tradicional. Máis información no seu Facebook.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/magosto-no-arano-o-sabado-05-de-novembro
A Coordinadora de Estudos de Mamíferos Mariños achégase ao Auditorio de Rianxo con dúas actividades divulgativas do seu traballo baixo o título Golfiños na proa. 30 anos da CEMMA en Galicia, na que nos mostran as especies de cetáceos, percorrendo a anatomía, problemáticas e características de cada especie. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/conferencia-e-exposicion-golfinos-na-proa-30-anos-da-cemma-en-galicia