Concello de Rianxo
144 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O vindeiro sábado, 20 de maio, a partir das 10.30 horas, terá lugar na Filgueira en Taragoña a celebración da II Romaría das Fousas.

Este evento é organizado pola CMVMC O Feitoso de Taragoña e o Movemento Veciñal Fousas ao Monte, coa colaboración do Concello de Rianxo e o CEP Brea Segade. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/ii-romaria-das-fousas
O vindeiro venres 02 de xuño, ás 19.00 h, presentarase na Área Recreativa do Paseo Marítimo de Rianxo (a carón do Castelo) o libro O Castelo da lúa. Construción e propiedade ao longo dos tempos, libro editado polo Concello de Rianxo e autoría de Heitor Picallo Fontes e Alexandra Cabana Outeiro. No acto estarán acompañados polo alcalde Adolfo Muíños.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-o-castelo-da-lua-construcion-e-propiedade-ao-longo-dos-tempos
Hoxe abre o prazo de inscrición do Campamento de Verán e Plan Madruga Rianxo 2023.

O Campamento durará do 03 de xullo ao 25 de agosto, en horario de 10.30 a 13.30 h. Contará con Plan Madruga desde as 08.00 h.

As instalacións nas que se vai desenvolver son o IES Félix Muriel de Rianxo, no CEIP Ana Mª Diéguez de Asados e no CEP Brea Segade de Taragoña.

Podedes ver a información e prazos na páxina do Campamento na ligazón. As solicitudes deberán presentarse polo Rexistro, presencial ou electrónico.
https://concelloderianxo.gal/xuventude/-/blogs/campamento-de-veran-e-plan-madruga-rianxo-2023
O servizo de Xuventude organiza o Campamento de Teatro Verán 2023- Rianxo, dirixido a mocidade de 12 a 17 anos, que se realizará en Rianxo do 3 ao 14 de xullo, de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas, nas instalacións do Centro Social Liceo de Rianxo. Actividades de interpretación, creación, improvisación, radioteatro, xogos, saídas e moito máis.

https://concelloderianxo.gal/xuventude/-/blogs/campamento-de-teatro-para-mocidade-2023
Do 1 ao 22 de xuño pode visitarse na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo unha exposición realizada polo CEIP ADR Castelao de Rianxo na que se mostra o traballo do alumnado e profesorado do centro durante estes tres últimos anos dentro do programa Educación Responsable. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-do-ceip-adr-castelao-de-rianxo
Presentación do libro "Sombras á deriva", do alumnado do Obradoiro de Escrita Creativa 2022, o venres 09 de xuño ás 20.30 horas no salón de actos do auditorio de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-sombras-a-deriva-do-alumnado-do-obradoiro-de-escrita-creativa-2022
O día 25 de maio o Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño, iniciou os traballos de adecentamento da Senda Litoral de Taragoña.

Actuarase principalmente nos lugares da Posta e do Porto.

Estes traballos consisten en roza de maleza e saneamento das especies existentes a conservar a modo de rareas e podas.

Aconséllase que se evite pasear pola zona en horario de traballo, pero se o fan que tomen as medidas de precaución necesarias, transitando por zonas despexadas e mantendo a distancia de seguridade dos traballos. https://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/traballos-de-adecentamento-da-senda-litoral-de-taragona-polo-obradoiro-dual-de-emprego-pazo-de-rianxino
Comunicación de Guerrilla, obradoiro formativo.

Actividade en colaboración co Fondo Galego de Cooperación dentro do proxecto People and Planet: un destino común, cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa DEAR.

En Rianxo terá lugar o xoves 29 e venres 30 de xuño de 10.30 a 13.30 horas no Centro Social Liceo de Rianxo.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/comunicacion-de-guerrilla-obradoiro-formativo
Exposición pública do censo electoral para as vindeiras eleccións ás Cortes Xerais do Estado.
https://concelloderianxo.gal/bandos/-/blogs/bando-informativo-sobre-a-exposicion-publica-do-censo-electoral
O Documento do Plan Xeral de Ordenación de Rianxo que se vén de aprobar provisionalmente na sesión do Pleno da Corporación do 11 de maio de 2023 está dispoñible para a súa descarga e consulta na ligazón https://concelloderianxo.gal/pxom

A veciñanza que o desexe pode consultar o documento con persoal técnico do concello os martes e xoves, de 10 a 12 h, nas oficinas da Área de Rehabilitación (Rúa Adro, nº 2).

https://concelloderianxo.gal/pxom
A festa solidaria en favor da Asociación galega de Fibrose Quística, organizada pola Ludoteca Agarimo e na que colabora o Concello de Rianxo, adíase para o venres 16 de xuño.
O Concello de Rianxo vén de abrir o proceso de licitación da obra de Saneamento de Pousada 1ª fase, na parroquia do Araño.

O proxecto base de licitación está estimado en 222.357,39 euros, e rematará na presentación de propostas o día 29 de xuño, tras a que se celebrará a correspondente mesa de contratación.

O proxecto prevé conectar á rede xeral do Concello no Carballal, previo cruzamento da estrada autonómica AC305, un total de 25 vivendas do núcleo en caída sen empregar ningún pozo de bombeo. Unha actuación previa nesta estrada antes da construción das beirarrúas do Araño favorece este cruzamento. https://concelloderianxo.gal/obras/-/blogs/licitacion-da-obra-de-saneamento-en-pousada-1-fase
O Concello de Rianxo vén de asinar coa empresa CONSTRUCCIONES ANSPAL, SL a execución do proxecto de construción dun ascensor para o Centro Cultural de Taragoña e outras melloras no edificio. O proxecto forma parte do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal. https://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/dotacion-de-ascensor-ao-centro-cultural-de-taragona
A compañía teatral A Panadaría está a piques de pechar a súa xira co espectáculo "Elisa e Marcela" e fai unha parada en Rianxo. O evento terá lugar no sábado 17 de xuño, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-elisa-e-marcela-da-panadaria
A Escola de Música de Rianxo presenta o Recital da Aula de Piano do curso 2022-2023, protagonizado polo alumnado dos profesores Alfredo Susavila e Tano Domínguez, o domingo 18 de xuño ás 12.00 horas na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.
A carón do mar, saca o teu labor á rúa, xuntos e xuntas bordaremos e teceremos. Organizado por Ondiñas Mainas coa colaboración do Concello de Rianxo. Será no sábado, 17 de xuño, de 18 a 21 horas, no Paseo Marítimo de Rianxo, diante do Liceo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/a-caron-do-mar-saca-o-teu-labor-a-rua-organizado-por-ondinas-mainas