Concello de Rianxo
144 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño organiza a exposición Galicia, conservando a natureza, cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). A exposición está aberta ao público no Auditorio de Rianxo, primeiro andar, dende o 24 de abril ata o 18 de maio de 2023.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-galicia-conservando-a-natureza-do-ceida
oncerto de Ivan Vilela e Pablo Castaño na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o venres 5 de maio ás 21:00 h
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-iv-n-vilela-e-pablo-casta-o
A Agrupación Teatral Criaturas presentará "A Geisha", unha obra de teatro que promete transportar ao público a un mundo de intriga, amor e traizón. A representación terá lugar o sábado 06 de maio ás 20:30 horas na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-a-geisha-da-agrupacion-teatral-criaturas
O Concello de Rianxo homenaxea, como é habitual o primeiro de maio, á xente do mar, cunha ofrenda floral ante o monumento ás persoas falecidas no mar do Parque de Galicia e unha ofrenda floral marítima.
https://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/actos-polo-1-de-maio-dia-da-xente-do-mar
O vindeiro xoves 04 de maio, ás 20.00h, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación do libro A Petición de Auli do escritor rianxeiro Ramón Torrado Romero. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-a-peticion-de-auli-de-ramon-torrado-romero
Deron comezo as obras que conectarán á rede pública de abastecemento as primeiras vivendas da parroquia do Araño.

A duración prevista é dunha semana de obras e dará cobertura a unhas dez vivendas directamente da marxe dereita da estrada (dirección Ribeira). Trabállase tamén un proxecto de conexión co depósito de Taragoña de toda esta rede o que a dotará de maior potencia e caudal.
https://concelloderianxo.gal/obras/-/blogs/a-parroquia-do-arano-conectase-a-traida-municipal
Con cargo ao plan único da Deputación sacouse de novo a licitación pública o proxecto de remodelación do patio cuberto do Colexio Brea Segade de Taragoña. A execución terá lugar ao longo do verán para estar dispoñíbel no novo curso. Resolverá as carencias do patio cuberto actual cunha nova envolvente, acompañados dunha mellora no confort interior, o cal se buscará conseguir tanto a través da mellora da envolvente térmica da edificación, na cuberta do edificio así como ca disposición duns acabados que fagan da edificación un volume estanco á auga.
https://concelloderianxo.gal/obras/-/blogs/proxecto-de-remodelacion-do-patio-cuberto-do-colexio-brea-segade-de-taragona
O Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro organiza unha serie de actos para conmemorar o Día das Letras Galegas. A celebración terá lugar o mércores 17 de maio e incluirá rutas pola zona, un xantar popular, xogos populares e unha pequena homenaxe a Francisco Fernández del Riego; para todas estas propostas conta coa colaboración do Concello de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/letras-galegas-no-centro-cultural-vicente-vidal-de-leiro
O vindeiro 19 de maio o pianista rianxeiro Iago Hermo ofrecerá un concerto de piano e música electrónica "Brutaal". O concerto será as 21.00 h na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-brutaal-do-pianista-rianxeiro-iago-hermo
A Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda, en colaboración co Concello de Rianxo, desenvolverá o "Vai de Bares" que terá lugar o vindeiro sábado, día 13 de maio. O evento comezará ás 19h30 cunha rota polos bares do pobo, onde se poderá gozar da música tradicional en directo. O evento culminará cunha foliada aberta na Praza de Rafael Dieste,
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/vai-de-bares-organizado-por-vai-de-roda
TR3S PRA 3, Festival Infantil de música e baile tradicional, terá lugar no próximo sábado, 20 de maio, ás 6 da tarde, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O evento é organizado pola asociación Vai de Roda, en colaboración co Concello de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/tr3s-pra-3-festival-de-musica-e-baile-tradicional
O Concello de Rianxo presenta o evento Rianxo Gaming Experience, unha feira sobre o mundo do videoxogo como produto cultural e de entretemento, tanto desde a divulgación de contidos educativos mediante charlas e talleres dirixidos, como tamén desde o ámbito competitivo dos eSports, ademais doutros contidos relacionados, como o Cosplay, PixelArt e postos de venda e gastronomía.

Terá lugar o vindeiro 8 de xullo no Campo de Arriba (Praza Castelao), durante toda a xornada. Podes seguir todas as novidades sobre este evento no seu propio perfil @rianxogaming na rede social Instagram.

https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/rianxo-gaming-2023-feira-de-videoxogos
A Deputación da Coruña adxudicou 5 prazas ao Concello de Rianxo para participar nos seus Campamentos Deportivos de Verán 2023, dirixidos a rapaces/as entre 9 e 14 anos (nados entre o día 1 de xaneiro de 2009 e 31 de decembro de 2014), e que estean empadroados nun concello da provincia da Coruña. https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/campamentos-deportivos-veran-2023
O Campamento realizarase do 03 de xullo ao 25 de agosto, en horario de 10.30 a 13.30 h. Contará con Plan Madruga dende as 08.00 h.
As instalacións nas que se vai desenvolver son o IES Félix Muriel de Rianxo, no CEIP Ana Mª Diéguez de Asados e no CEP Brea Segade de Taragoña.
Toda a información e inscricións, a partir do luns 29 de maio. https://concelloderianxo.gal/xuventude/-/blogs/informacion-do-campamento-de-veran-e-plan-madruga-rianxo-2023
A Asociación Antrospinos, con motivo da conmemoración das Letras Galegas, organiza coa colaboración do Concello de Rianxo a Festa de 1906 no Campo de Pasos (Taragoña) o día 17 de maio. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/feira-de-1906-en-campo-de-pasos
Mostra da Escola de Teatro Airiños 2023, o sábado 03 de xuño ás 20.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/mostra-escola-de-teatro-airi-os
Festa solidaria: Venres 9 de xuño, de 16.30 a 19.30 na Praza da Virxe de Guadalupe.

Todas as actividades e ingresos irán destinados integramente á Asociación Galega Fibrose Quística. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festa-solidaria-a-favor-da-asociacion-galega-de-fibrose-quistica