Concello de Rianxo
144 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
A Consellería de Sanidade limita as xuntanzas en toda Galicia, tanto públicas como privadas, a un máximo de dez persoas. Os niveis de contaxio da COVID-19 acadan valores similares aos de abril.

A situación en Rianxo mellorou respecto á da semana pasada, e o municipio sitúase por baixo dos 7 novos casos, acadando o nivel de alerta 0.
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/52155/sanidade-limita-dez-persoas-xuntanzas-toda-galicia-restrinxe-mobilidade-nos-concellos
COMUNICADO SERVIZO DE DEPORTES
A Xunta de Galicia ven de publicar a “Orde do 21 de outubro de 2020 polo que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución na situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.” (DOGA 212-Bis, de 21 de outubro).
Á vista da devandita orde, o Concello de Rianxo decidiu, en coordinación coa xefatura de servizo do Centro de Saúde, SUSPENDER as ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS, co obxecto de colaborar de xeito activo coas medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria.
Esta decisión NON afecta á práctica do deporte federado, sempre que os clubs adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos federativos.
A orden ten efectos a partir de hoxe, 22 de outubro, e durante 14 días naturais. Rematado este período informaremos sobre o reinicio das actividades, sempre en función da evolución da situación sanitaria.

https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=3232462300216534&id=762955710500551
Xa están abertas as inscricións para a V edición do certame de curtas Alberto Romero, o prazo remata o 31 de decembro. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/v-certame-audiovisual-de-curtas-alberto-romero
O venres 23 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a compañía Ibuprofeno Teatro achégase á nosa vila coa produción: O mel non caduca. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-o-mel-non-caduca-por-ibuprofeno-teatro
Conto-concerto con Xoán Curiel. Outro xoves da biblioteca, o xoves 22 de outubro as 18:00 h no Auditorio de Rianxo.

https://concelloderianxo.gal/biblioteca/-/blogs/conto-concerto-con-xoan-curiel
O Concello de Rianxo vai iniciar un proceso de selección con carácter urxente para a creación dunha listaxe de contratación laboral temporal de persoal de limpeza (limpador-a) con validez limitada ata o día de remate das actividades lectivas do curso 2020-2021 (previsto para o 22/06/2021).

Para a realización deste proceso presentarase oferta xenérica no Servizo Público de Emprego de Galicia-Oficina de Boiro. As persoas aspirantes deberán comprobar que están axeitadamente inscritas.

Bases dispoñibles na web:
https://concelloderianxo.gal/procesos-selectivos/-/blogs/listaxe-de-contratacion-temporal-2020_reforzos-limpeza-covid
Policía Local de Rianxo

🔴️ Informamos de que se decretou o ESTADO DE ALARMA

➡️ Publicado en BOE Real Decreto 926/2020, polo que se declara o Estado de Alarma.-
⚠️ (XA ESTÁ EN VIGOR) ⚠️

⌚️ Entre as 23:00 e as 06:00 horas, non se poderá circular polas vías ou espazos de uso público, excepto para:

🔸⚕️ Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.

🔸🏥 Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

🔸💉🐕 Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.

🔸👷‍♂️ Cumprimento de obrigacións laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.

🔸🏠 Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.

🔸👴🏻Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

🔸⚠️ Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

🔸👀 Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

🔸⛽ Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.

➡️ O Real Decreto recolle outras medidas que de momento non están en vigor, porque a súa aplicación queda ao criterio das Comunidades Autónomas. Entre estas medidas inclúense prohibicións de circulación entre CCAA, limitación de grupos a un máximo de seis persoas... Non imos learvos en tanto non estean en vigor.

Podes consultar o Real Decreto completo aquí 👇
https://www.boe.es/boe/dias/2020/10/25/

#rianxoseguro
#policíalocal
Excéntricas presenta na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o espectáculo Tres vellas (polo menos), con Celso Sanmartín, Quico Cadaval e José Luis Gutierrez (Guti), o vindeiro sábado 7 de novembro, ás 20.00 horas.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-tres-vellas-polo-menos-de-excentricas
Do 30 de outubro ás 20.00 h ao 28 de novembro poderá visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición de pintura: Reivindicación das mariscadoras de Vilanova de Arousa realizada polo pintor Francisco Pérez Alonso. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-de-pintura-reivindicacion-das-mariscadoras-de-vilanova-de-arousa
En poucos días (tras a súa publicación no BOP) as microempresas e persoas autónomas poderán solicitar na Sede Electrónica do Concello de Rianxo as axudas do PEL-Reactiva, destinadas a paliar os efectos da COVID-19. Xa dispoñibles as bases da subvención.
https://concelloderianxo.gal/anuncios/-/blogs/axudas-pel-reactiva
Hoxe saíu publicado no BOP o anuncio da convocatoria das axudas do PEL. A partir das 00.00 h de mañá día 7 de novembro a solicitude estará dispoñible na Sede Electrónica do Concello de Rianxo para ser tramitada de forma telemática. As bases están publicadas na web do concello.
Até o 25 de novembro podes solicitar as axudas para gastos correntes (arrendamentos, materiais, reparacións, seguros, subministracións de auga e luz...) e derivados da COVID-19 para a túa microempresa ou negocio. Bases e solicitudes na Sede Electrónica.
https://sede.concelloderianxo.gal/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/SolicitudAyudasPelReactiva
Escola de familias: Quererse ben, a urdime do bo trato, coa psicóloga Natalia Guedella.

Charla educativa encadrada na programación especial do 25N, que procura homes para participar nas actividades relacionadas cos coidados infantís do Programa Apego.
https://concelloderianxo.gal/normalizacion/-/blogs/escola-de-familias-quererse-ben-a-urdime-do-bo-trato-coa-psic-loga-natalia-guedella
VENRES 20 DE NOVEMBRO - 20.00 h - "Ola de crímenes" dirixida por Gracia Querejeta

O programa Visións da Rede Cultural da Deputación da Coruña desenvólvese na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo os vindeiros venres 20 e 27 de novembro, ás 20.00 horas.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/venres-de-cine-no-auditorio-de-rianxo
Esta fin de semana, o "+ que tapas" recunca en Rianxo. Do venres 20 ao domingo 22, degusta as tapas nos establecementos participantes e puntúaas para escoller a gañadora.
https://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/vi-edicion-do-que-tapas-en-rianxo
A Asociación de Gaiteiras Galegas organiza o vindeiro domingo 22 de novembro o encontro Tradición en feminino, no Pazo de Rianxiño.