Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O rianxeiro Bernal Muíños deleitaranos co seu cuarteto de jazz no IV ciclo de novos intérpretes organizado polo Concello de Rianxo e a Escola de Música de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/bernal-muinos-no-iv-ciclo-de-novos-interpretes
Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o vindeiro xoves 28 de outubro de 2021. https://concelloderianxo.gal/ordesdodia/-/blogs/orde-do-d-a-da-sesi-n-ordinaria-do-pleno-da-corporaci-n-do-28-de-outubro-de-2021
O venres 12 de novembro, ás 20.30 horas, a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acolle o concerto de Víctor Bouzas Cuarteto (trompeta) enmarcado no IV Ciclo de Novos Intérpretes organizado polo Concello de Rianxo e a Escola de Música de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-victor-bouzas-cuarteto-trompeta-
O rianxeiro Adrián Gómez Ramos presentará a súa primeira novela Cando sangren os lobos no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 5 de novembro ás 20.30 horas.

A novela foi a gañadora do I Premio Xuventude Crea de Novela Curta convocado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-da-novela-cando-sangren-os-lobos-de-adrian-gomez-ramos
XI Seminario sobre a memoria organizada pola Nova Escola Galega en Rianxo, Cuntis e Cerdedo, o 5, 6 e 7 de novembro.

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/xi-seminario-sobre-a-memoria-organizada-pola-nova-escola-galega
O domingo 31 de outubro, ás 17.30 horas, no Cemiterio Municipal de Rianxo terá lugar un acto en lembranza ás vítimas da covid-19 no que se presentará o Manual de recursos en lingua galega para actos funerarios e contará coa intervención musical de Esperanza Mara.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/galeg-para-sempre
Enquisa de cobertura e incidencias nas instalacións de fibra óptica.

O Concello de Rianxo e a operadora de telecomunicacións galega RedeAberta.gal están a poñer en marcha un proxecto de colaboración para a despregadura dunha rede neutral de fibra óptica no noso municipio.

Se, á hora de contratar os servizos de fibra óptica coas diferentes operadoras, bates con problemas como a falta de cobertura, dificultade para atopar o número ou a finca, denegación de permiso de particulares ou a necesidade de infraestruturas (postes, conducións...), esta enquisa pretende recoller datos destas problemáticas e das vivendas afectadas para seren tidas en conta na redacción do proxecto de RedeAberta.

Colabora para tentarmos dar cobertura de fibra óptica a todas as vivendas do territorio municipal.

https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/enquisa-de-cobertura-e-incidencias-nas-instalacions-de-fibra-optica
No marco da programación da campaña DE FRONTE que impulsa a área de Igualdade da Deputación da Coruña co gallo do 25N. Organízase para o xoves 11 de novembro ás 19:00 h no Auditorio de Rianxo unha charla sobre a violencia de xénero en mulleres maiores. https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/de-fronte-a-violencia-de-xenero
O vindeiro venres 12 de novembro, ás 20.30 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a presentación do cuaderniño núm. 9 Madriñas nos campos de concentración da Barbanza de Xosé Comoxo e Xesús Santos, este cuaderniño forma parte dos episodios republicanos barbanzás que publica a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-cuadernino-num-9-madrinas-nos-campos-de-concentracion-da-barbanza-de-xose-comoxo-e-xesus-santos
O sábado 13 de novembro, ás 20.30 horas, as compañías Aporía Escénica e Inversa Teatro achéganse a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo coa obra Misión Imposible, destinada a un público maior de 12 anos. Proposta de Rede Cultural da Deputación da Coruña.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-mision-imposible-a-cargo-de-aporia-escenica-e-inversa-teatro
O grupo de teatro Airiños organiza na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo unha función da peza teatral Unha primavera para Aldara que terá lugar o venres 19 de novembro ás 21.00 horas. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-unha-primavera-para-aldara-a-cargo-de-teatro-airinos
A Irmandade da Música Galega organiza coa colaboración do Concello de Rianxo o IX Memorial Mireya Dieste na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o sábado 20 de novembro ás 20.30 horas, e contará coa intervención de Clara Panas (soprano) e Javier Ares Espiño (piano) https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/iv-memorial-mireya-dieste
A sala Arcos Moldes do Auditorio do Concello de Rianxo é un dos lugares onde a xira do Centro Dramático fai parada co seu novo espectáculo O Charco de Ulises.

A función teatral terá lugar o xoves 25 de novembro, ás 20.30 horas. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-o-charco-de-ulises-a-cargo-do-centro-dramatico-galego
O sábado 13 de novembro, no Centro Cultural de Leiro, o equipo de arqueólogos da Xunta de Galicia presentará os traballos recentes realizados nas mámoas dos Campiños . Seguirá unha visita a esta zona arqueolóxica.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/mamoas-dos-campinos
Actividade do 25N : bolboretas contra a violencia vicaria
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/25-n-en-rianxo
O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo e a Piscina Municipal de Rianxo organizan a ANDAINA RIANXO EN NEGRO, dentro dos actos do 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller. https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/andaina-rianxo-en-negro