Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
Forwarded from Concello de Rianxo
A Fundación Deloa pon en marcha un programa formativo gratuíto nos concellos de Rianxo, Dodro e Rois sobre Márketing Dixital e Cooperativismo, dirixido a persoas en situación de desemprego de 16 a 29 anos.

É unha oportunidade única para a inserción laboral e a posibilidade de formares parte da creación dunha nova cooperativa. Inclúe unha semana de estancia nunha empresa do sector.

Desenvolverase entre febreiro e xuño, en horario de tarde de 4 a 8 de luns a xoves. O prazo de inscrición é ata o 20 de febreiro na ligazón: https://www.deloa.es/marketing-dixital-cooperativismo/
O Concello de Rianxo está a reformar a rotonda de Té, buscando unha mellor estética e presentación dando outra imaxe física renovada da principal vía entrada a Rianxo.
https://concelloderianxo.gal/obras/-/blogs/acondicionamento-da-rotonda-de-te
Entroido TaraJoña o sábado 25 de febreiro, en Campo de Pazos, a partir das 16:30, organizado pola Comisión de festas de Taragoña https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/entroido-tarajona
Sábado de Entroido no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro, dende as 17.00 h, organizado polo CC Vicente Vidal.
Sábado 18 de febreiro, dende as 13.00 h, na Praza Castelao, organizado pola Asociación Virxe do Carme de Rianxo https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/sabado-de-entroido-da-virxe-do-carme
O venres 17, a partir 23.00 h, Entroido Juadalupeñas na Praza Castelao.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/sabado-de-entroido-da-virxe-do-carme
Choqueirada no Araño o vindeiro sábado 18 de febreiro a partir das 17.00 h, no Centro Social de Capela do Araño, organizada pola Asociación de Veciños do Araño
🚨 Ampliamos o prazo de inscrición para o programa formativo en Márketing Dixital e Cooperativismo. Se tes entre 16 e 29 anos e estás desempregada/o, non perdas esta oportunidade!

💡 Inscríbete a través da web da Asociación Deloa https://www.deloa.es ou consulta calqueira dúbida no teléfono 981 817 000 ou no correo deloa@deloa.es
O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza o “Camiño de Santiago 2023: O Camiño Inglés”, con saída desde Ferrol.

A actividade desenvolverase en 5 etapas, nos meses de Marzo, Abril e Maio, desde Ferrol ata Santiago de Compostela.

O prazo de inscrición xa está aberto, e remata o 28 de febreiro ás 14 h. https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/o-camino-de-santiago-2023-o-camino-ingles
Adxudicadas as obras de saneamento e abastecemento de Quintáns (Isorna) e abastecemento de Corques (Taragoña)

https://concelloderianxo.gal/obras/-/blogs/obras-de-saneamento-e-abastecemento-de-quintans-isorna-e-abastecemento-de-corques-taragona-
Do 03 ao 24 de marzo poderase visitar na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo a exposición Nocturnidade de Carlos Ocaña Novoa e Raúl Ordóñez Torrado comisionada por Jerry Ruíz Barzola. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-nocturnidade-de-carlos-ocana-novoa-e-raul-ordonez-torrado
A compañía de danza Marta Alonso Tejada atópase nestas semanas en residencia na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo preparando a súa nova produción Sofá, a versión para espazos interiores.

A preestrea terá lugar o sábado 04 de febreiro, ás 20.30 h https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-sofa-da-compania-de-danza-marta-alonso-tejada
Concentración pola conmemoración do 8 de marzo, día da muller, no Campo de Arriba ás 18 h

https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/8m-dia-da-muller
Está aberto o prazo de inscrición no Programa de aulas socioculturais e ocio educativo, no período de marzo a xuño do 2023.

AULA DE TEATRO: A INTERPRETACIÓN
AULA DE ARTESANÍA: ARTESANÍAS CREATIVAS
AULA DE CANTO
AULA DE POESÍA: INTRODUCIÓN Á LECTURA E ESCRITA POÉTICA
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/programa-de-aulas-socioculturais-e-ocio-educativo-marzo-a-xuno-2023
Programa de actos da Semana Santa en Rianxo organizados pola Irmandade da Paixón de Cristo

https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/semana-santa-2023-en-rianxo
O domingo 26 de marzo, ás 19.00 horas, o Grupo de Teatro Airiños presenta República Sideral na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A función é benéfica en apoio a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-republica-sideral-a-cargo-do-grupo-de-teatro-airinos-de-asados