Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
Con cargo ao plan único da Deputación sacouse de novo a licitación pública o proxecto de remodelación do patio cuberto do Colexio Brea Segade de Taragoña. A execución terá lugar ao longo do verán para estar dispoñíbel no novo curso. Resolverá as carencias do patio cuberto actual cunha nova envolvente, acompañados dunha mellora no confort interior, o cal se buscará conseguir tanto a través da mellora da envolvente térmica da edificación, na cuberta do edificio así como ca disposición duns acabados que fagan da edificación un volume estanco á auga.
https://concelloderianxo.gal/obras/-/blogs/proxecto-de-remodelacion-do-patio-cuberto-do-colexio-brea-segade-de-taragona
O Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro organiza unha serie de actos para conmemorar o Día das Letras Galegas. A celebración terá lugar o mércores 17 de maio e incluirá rutas pola zona, un xantar popular, xogos populares e unha pequena homenaxe a Francisco Fernández del Riego; para todas estas propostas conta coa colaboración do Concello de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/letras-galegas-no-centro-cultural-vicente-vidal-de-leiro
O vindeiro 19 de maio o pianista rianxeiro Iago Hermo ofrecerá un concerto de piano e música electrónica "Brutaal". O concerto será as 21.00 h na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-brutaal-do-pianista-rianxeiro-iago-hermo
A Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda, en colaboración co Concello de Rianxo, desenvolverá o "Vai de Bares" que terá lugar o vindeiro sábado, día 13 de maio. O evento comezará ás 19h30 cunha rota polos bares do pobo, onde se poderá gozar da música tradicional en directo. O evento culminará cunha foliada aberta na Praza de Rafael Dieste,
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/vai-de-bares-organizado-por-vai-de-roda
TR3S PRA 3, Festival Infantil de música e baile tradicional, terá lugar no próximo sábado, 20 de maio, ás 6 da tarde, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O evento é organizado pola asociación Vai de Roda, en colaboración co Concello de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/tr3s-pra-3-festival-de-musica-e-baile-tradicional
O Concello de Rianxo presenta o evento Rianxo Gaming Experience, unha feira sobre o mundo do videoxogo como produto cultural e de entretemento, tanto desde a divulgación de contidos educativos mediante charlas e talleres dirixidos, como tamén desde o ámbito competitivo dos eSports, ademais doutros contidos relacionados, como o Cosplay, PixelArt e postos de venda e gastronomía.

Terá lugar o vindeiro 8 de xullo no Campo de Arriba (Praza Castelao), durante toda a xornada. Podes seguir todas as novidades sobre este evento no seu propio perfil @rianxogaming na rede social Instagram.

https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/rianxo-gaming-2023-feira-de-videoxogos
A Deputación da Coruña adxudicou 5 prazas ao Concello de Rianxo para participar nos seus Campamentos Deportivos de Verán 2023, dirixidos a rapaces/as entre 9 e 14 anos (nados entre o día 1 de xaneiro de 2009 e 31 de decembro de 2014), e que estean empadroados nun concello da provincia da Coruña. https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/campamentos-deportivos-veran-2023
O Campamento realizarase do 03 de xullo ao 25 de agosto, en horario de 10.30 a 13.30 h. Contará con Plan Madruga dende as 08.00 h.
As instalacións nas que se vai desenvolver son o IES Félix Muriel de Rianxo, no CEIP Ana Mª Diéguez de Asados e no CEP Brea Segade de Taragoña.
Toda a información e inscricións, a partir do luns 29 de maio. https://concelloderianxo.gal/xuventude/-/blogs/informacion-do-campamento-de-veran-e-plan-madruga-rianxo-2023
A Asociación Antrospinos, con motivo da conmemoración das Letras Galegas, organiza coa colaboración do Concello de Rianxo a Festa de 1906 no Campo de Pasos (Taragoña) o día 17 de maio. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/feira-de-1906-en-campo-de-pasos
Mostra da Escola de Teatro Airiños 2023, o sábado 03 de xuño ás 20.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/mostra-escola-de-teatro-airi-os
Festa solidaria: Venres 9 de xuño, de 16.30 a 19.30 na Praza da Virxe de Guadalupe.

Todas as actividades e ingresos irán destinados integramente á Asociación Galega Fibrose Quística. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festa-solidaria-a-favor-da-asociacion-galega-de-fibrose-quistica
O vindeiro sábado, 20 de maio, a partir das 10.30 horas, terá lugar na Filgueira en Taragoña a celebración da II Romaría das Fousas.

Este evento é organizado pola CMVMC O Feitoso de Taragoña e o Movemento Veciñal Fousas ao Monte, coa colaboración do Concello de Rianxo e o CEP Brea Segade. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/ii-romaria-das-fousas
O vindeiro venres 02 de xuño, ás 19.00 h, presentarase na Área Recreativa do Paseo Marítimo de Rianxo (a carón do Castelo) o libro O Castelo da lúa. Construción e propiedade ao longo dos tempos, libro editado polo Concello de Rianxo e autoría de Heitor Picallo Fontes e Alexandra Cabana Outeiro. No acto estarán acompañados polo alcalde Adolfo Muíños.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-o-castelo-da-lua-construcion-e-propiedade-ao-longo-dos-tempos
Hoxe abre o prazo de inscrición do Campamento de Verán e Plan Madruga Rianxo 2023.

O Campamento durará do 03 de xullo ao 25 de agosto, en horario de 10.30 a 13.30 h. Contará con Plan Madruga desde as 08.00 h.

As instalacións nas que se vai desenvolver son o IES Félix Muriel de Rianxo, no CEIP Ana Mª Diéguez de Asados e no CEP Brea Segade de Taragoña.

Podedes ver a información e prazos na páxina do Campamento na ligazón. As solicitudes deberán presentarse polo Rexistro, presencial ou electrónico.
https://concelloderianxo.gal/xuventude/-/blogs/campamento-de-veran-e-plan-madruga-rianxo-2023
O servizo de Xuventude organiza o Campamento de Teatro Verán 2023- Rianxo, dirixido a mocidade de 12 a 17 anos, que se realizará en Rianxo do 3 ao 14 de xullo, de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas, nas instalacións do Centro Social Liceo de Rianxo. Actividades de interpretación, creación, improvisación, radioteatro, xogos, saídas e moito máis.

https://concelloderianxo.gal/xuventude/-/blogs/campamento-de-teatro-para-mocidade-2023
Do 1 ao 22 de xuño pode visitarse na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo unha exposición realizada polo CEIP ADR Castelao de Rianxo na que se mostra o traballo do alumnado e profesorado do centro durante estes tres últimos anos dentro do programa Educación Responsable. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-do-ceip-adr-castelao-de-rianxo