Concello de Rianxo
143 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
No mes de agosto comezan as residencias de escritoras/es e pensadoras/es organizadas por Axóuxere Editora coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo que se desenvolverán entre o devandito mes e mediados de decembro.
http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/residencia-de-escritoras-es-e-pensadoras-es-no-ver-n-2019-
O vindeiro venres 16 de agosto, ás 22.00 horas, na Praza de Rafael Dieste, Manoele de Felisa achégase co seu novo espectáculo: A estrada da vida, 20 aniversario. http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/musica-na-noite-manoele-de-felisa
Creactivity da Obra Social "laCaixa" en Rianxo.

É un espazo-obradoiro para crianzas a partir de 7 anos onde se practica a arte de pensar coas mans, con elementos ideados para fomentar a creatividade, o espírito emprendedor, a cooperación e a reflexión. http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/creactivity-na-praza-de-castelao-en-rianxo
O sábado 17 de agosto, ás 21.30 horas, na Praza de Rafael Dieste terá lugar o XVII Festival de música e baile tradicional Aleivosía organizado pola Asociación Sociocultural Fogo Fatuo. http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/xvii-festival-de-musica-e-baile-tradicional-aleivosia
Os tres clubs de fútbol do concello con equipo sénior (CCD Taragoña, SD Araño e CD Unión) competirán polo trofeo do Concello, organizado nesta edición polo CD Unión.

O trofeo disputarase o domingo, 25 de agosto, no Campo Municipal de Vilas
No Paseo da Ribeira, na zona do busto de Castelao, o domingo 25 de agosto a partir das 22.00 horas, realizarase unha observación astronómica.
O sábado 7 de setembro celebrarase a 5ª edición do Slálom Concello de Rianxo, organizado pola Escudería Rallyactividad Competición, no Polígono Industrial de Té entre as 12:30 e as 18:30 h. A proba puntua para o Campionato de Galicia de Slálom. https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/v-slalom-concello-de-rianxo-1
O sábado 7 de setembro disputarase en Rianxo o III TRÍATLON POPULAR CONCELLO DE RIANXO https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/iii-triatlon-concello-de-rianxo
A Sociedade Deportiva Barbantia Roda e o Concello de Rianxo, organizan a Andaina Santa Compaña 2019 o 7 de setembro https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/andaina-santa-compana-1
Hoxe sábado, por mor do III Tríatlon Concello de Rianxo, cortarase o tráfico de 15 a 19 h dende Rinlo ata Brión, polo Paseo da Ribeira, Carretera de Tanxil e Xogo dos Bolos.
O vindeiro domingo 8 de setembro, ás 20:00 horas, realizarase a gravación do programa Malo será! no Auditorio de Rianxo.

As entradas están a venta en A taquilla.
Viladomar - máis alá dos muros, laboratorio de arte pública para a vila de Rianxo, organizado pola asociación Ondiñas Mainas de Rianxo, do 6 ao 13 de setembro, en diversos espazos de Rianxo, Isorna e O Araño.
Rianxo inicia a súa semana grande das Festas da Guadalupe, organizadas pola Asociación "A Moreniña", do 13 ao 20 de setembro.

Toda a programación dos festexos está dispoñible no sitio web festasdaguadalupe.gal
https://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/festas-da-guadalupe-2019
O xoves 19 de setembro Rianxo retrocede un século no tempo no XVI Feirón Mariñeiro: artesanía, oficios tradicionais, obradoiros, gastronomía e animación de rúa, rematados pola Noite Folc coas agrupacións Lumieira, Os Melidaos e Tiruleque. Toda a xornada no casco vello da vila. https://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/xvi-feiron-marineiro-a-feira-de-1919-
O 14 de setembro ten lugar en Rianxo a XII edición do Festival Rock in Rian. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festival-rock-in-rian
O Concello de Rianxo convoca as axudas destinadas á adquisición de libros de texto, material escolar, e roupa e material deportivo para o alumnado de educación infantil e educación primaria e secundaria, para o curso escolar 2019-2020 https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/axudas-destinadas-a-adquisicion-de-libros-de-texto-material-escolar-e-roupa-e-material-deportivo-para-o-curso-2019-2020
Do 18 ao 26 de outubro, no Auditorio de Rianxo, desenvolverase a IV Mostra de teatro Afeccionado Alter Ego organizada pola Agrupación Teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo.