Concello de Rianxo
143 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
Festas do Carme de Leiro 2019
O vindeiro venres, 11 de outubro, ás 20.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar a representación do espectáculo Puño, puñete a cargo de Baobab Teatro.

O espectáculo musical está destinado a crianzas entre 1 e 7 anos.
O vindeiro venres 11 de outubro, ás 20.30 horas, terá lugar na Casa de Rafael Dieste a presentación do libro de Luís Rei Nuñez, Rafael Dieste. O libre pensamento.
Xa podes inscribirte na VII Carreira Popular do Concello de Rianxo para o 1 de novembro.
Dentro da IV Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego, o sábado 19 de outubro ás 18.00 horas terá lugar na Biblioteca Municipal Castelao un espectáculo a cargo dos Regueifeiros de Galicia, Regueifando pola Coruña. http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/regueifando-pola-coruna
A Sala de exposicións do Auditorio de Rianxo acollerá do 25 de outubro ao 23 de novembro a exposición da artista Mirta Zaliauskas. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/pinturas-de-mirta-zaliauskas
En "Cambia o conto" (Música Miúda) traballamos os estereotipos de xénero nos contos tradicionais. A nenas e os nenos analizan contos que xa coñecen e refán a historia coa nosa axuda, adaptándoa a unha realidade inclusiva en termos de xénero. Ademais, realizamos un contacontos musical a partir de textos propios, que teñen unha perspectiva igualitaria. https://concelloderianxo.gal/biblioteca/-/blogs/cambia-o-conto-con-musica-miuda
Do 9 ao 30 de novembro desenvolverase en Rianxo o programa RianxoCiencia 2019. https://concelloderianxo.gal/rianxociencia2019
Inscríbete xa no obradoiro de robótica do vindeiro sábado (de 9 a 16 anos) do programa Rianxo Ciencia 2019
https://concelloderianxo.gal/rianxociencia2019
Xa podes consultar o folleto coa programación do outono cultural 2019 organizada pola Concellaría de Cultura, Museos, Mocidade; Festas e Centros socioculturais do Concello de Rianxo
O Concello de Rianxo, ao abeiro do Programa de subvencións a concellos da provincia da Coruña para a realización de actividades en materia de medio ambiente no ano 2019 que convoca a Deputación da Coruña, vai realizar a proposta formativa para o aproveitamento da extracción de resina sobre masas de piñeiro. http://concelloderianxo.gal/medioambiente/-/blogs/plan-de-formacion-e-divulgacion-forestal
O programa "Máis que tapas" de Arousa Norte ten a súa quenda en Rianxo na fin de semana do 15 ao 17 de novembro #anmaisquetapas
http://concelloderianxo.gal/turismo/-/blogs/mais-que-tapas
Ibuprofeno Teatro achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo coa produción teatral Casa O'Rei, a función terá lugar o venres 15 de novembro ás 21.00 horas. http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-casa-o-rei-de-ibuprofeno-teatro
O domingo 29 de novembro terá lugar ás 19 h no Auditorio de Rianxo a Gala Youtubeir@s ​​​​​​​Rianxeir@s, coa presenza das veciñas e veciños que participaron no proxecto. https://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/gala-youtubeir-s-rianxoeir-s
A Concellaría de Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais organiza dous Obradoiros de Cartón Pedra impartidos por Pedras, Artesanía e Patrimonio. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/obradoiros-de-carton-pedra