Actualidade EU O Grove
31 subscribers
464 photos
2 videos
15 files
435 links
Toda a información da actividade da agrupación local e do Grupo Municial de Esquerda Unida O Grove
Download Telegram
‼️📢 Esquerda Unida acusa ao goberno local de “condenar O Grove ao caos” durante o verán

🔻 O grupo municipal denuncia que o verán no Grove estivo marcado polo caos circulatorio, a falta de prazas de estacionamento, os servizos públicos saturados e a inacción dun goberno que, malia ter recibido múltiples avisos, non puxo en marcha ningunha medida de prevención.

🔻 A formación critica tamén a mala imaxe xerada pola falla de limpeza e recollida de lixo selectivo, o desleixo na atención ás praias e a ausencia de medidas de control e planificación, o que cualifican como “un novo fracaso do PSOE” á hora de xestionar a tempada estival.

🙎🏻‍♂️🙍🏼‍♀️🙎🏻‍♂️ Os tres concelleiros do grupo municipal, José Antonio Otero, Susana Millán e Anxo Meis, fixemos balance da tempada estival.

📰 Ler a noticia completa
🇵🇸 📢 Dende Esquerda Unida sumámonos á manifestación convocada para este sábado, que partirá da rúa Castelao e chegará ata o Gran Hotel da Toxa, co obxectivo de expresar o noso firme rexeitamento á presenza do ex primeiro ministro israelí Ehud Olmert no Foro La Toja. Consideramos inaceptable que un espazo como este sirva para blanquear a responsabilidade de quen participou directamente nas políticas de ocupación e represión contra o pobo palestino.

🇵🇸 ✊ Ao mesmo tempo, queremos que esta mobilización sexa tamén unha mostra de solidariedade coa Global Sumud Flotilla, recentemente atacada polas Forzas Armadas israelís cando trataba de levar axuda humanitaria a Gaza. O noso apoio vai con todas aquelas persoas e organizacións que, arriscando a súa seguridade, loitan pola liberdade de Palestina e contra o xenocidio en curso.
‼️📢 Esquerda Unida pide claridade e transparencia sobre obra da subida a Meloxo e esixe celeridade

🔻 Cuestionan as explicacións do goberno local, que asegura ter remitido toda a documentación á Deputación e estar pendentes de asinar o convenio. Reclaman tanto ao Concello como á institución provincial información verificable sobre o estado do proxecto e os prazos de execución da obra.

🔻 Lembran que levan dende 2020 reclamando a substitución da tubaxe e alertan das continuas roturas, tres nos últimos cinco días, a última no día de onte, o que está ocasionando problemas de abastecemento á veciñanza.

📰 Ler noticia completa
🟥 Ataque fascista contra a nosa sede

Na mañá do luns, o noso local apareceu cuberto de pintadas con lemas fascistas e machistas: “izquierda unida putas”, “rojos fuera”, “solo queda Vox”, “una grande y libre” “putas rojas independentistas” “Israel libre”, entre outras. Ademais, o autor das pintadas chegou incluso a ouriñar na porta do noso local.

Xa non é a primeira vez que o noso local sufre este tipo de actos, que non son simples gamberradas: son expresións de odio político, machista e fascista que buscan intimidar a quen defendemos os dereitos sociais, a igualdade e a xustiza.

Mañá presentaremos denuncia na Garda Civil, achegando fotografías e incluso un vídeo no que se identifica perfectamente ao individuo responsable.

Desde Esquerda Unida do Grove queremos deixar claro que non imos calar nin retroceder un só paso. Fronte ao odio e o fascismo, máis democracia e máis igualdade. Continuaremos traballando con máis forza por un Grove democrático, solidario e libre de odio. 💪

👉 Facebook
👉 Instagram
‼️📢 EU critica a falta de diálogo e precipitación na reforma da rúa Luís A. Mestre

Non apoiamos o proxecto por ser presentado con présa, sen consenso, con deficiencias técnicas e de seguridade, e pensado para acadar unha subvención, non para solucionar os problemas reais da estrada.

🔴 Motivos:
🔻 Presentouse sen dialogar coa oposición, malia gobernar en minoría.
🔻 O tempo de análise foi curto e non houbo participación.
🔻 Prevese unha plataforma única e a reducción dos carrís de 7 a 5,6 m, poñendo en risco o tráfico.
🔻 Suprímense 35 estacionamentos sen alternativa.
🔻 Busca encaixar nunha subvención antes que atender as necesidades reais.

🟣 Seguiremos traballando para que se reformule, garantindo seguridade e adaptándose ás necesidades reais.

😠 “Volvemos ás vellas formas: proxectos pechados, présas e chantaxes. Preferimos perder unha axuda antes que hipotecar o futuro do Grove cun proxecto mal deseñado.”

📰📲 Ler noticia completa👇👇👇
https://www.euogrove.es/2025/11/eu-critica-falta-de-dialogo-e.html
‼️📢 Esquerda Unida considera incompetencia municipal a sentenza do TSXG que obriga a asumir outro sobrecusto do Auditorio

🔻 O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia condena ao Concello a pagar máis de 34.700 euros en intereses tras incumprir os prazos legais de pago na obra do Auditorio, evidenciando un novo episodio de mala xestión municipal.

🔻 Esquerda Unida subliña que as deficiencias utilizadas polo goberno como escusa para atrasar o pago foron reiteradamente minimizadas ou negadas polo executivo cando o seu grupo municipal as fixo públicas.

📰 Ler noticia completa
‼️📢 Esquerda Unida denuncia que a mala tramitación municipal bloquea a reforma da subida a Meloxo

🔻 A Deputación de Pontevedra confirma que o Concello non completou as cesións de terreos necesarias e que o proxecto segue en revisión técnica. 

🔻 O voceiro municipal de Esquerda Unida acusa ao goberno local de falta de rigor, opacidade e de xerar falsas expectativas nunha obra clave para o abastecemento de Meloxo e a seguridade viaria.

📲Ler noticia completa.
👇👇👇
https://www.euogrove.es/2026/01/esquerda-unida-denuncia-que-mala.html
‼️🗣 Esquerda Unida denuncia que o goberno deixou perder a garantía do local social de Reboredo e as reparacións deberán pagarse con cartos públicos

🔻 A formación alerta de que o Concello non obrigou á empresa construtora a reparar unhas deficiencias que eran evidentes desde a inauguración e que co paso do tempo se agravaron.

🔻 Piden explicacións e responsabilidades tras coñecerse que a empresa adxudicataria foi extinguida en setembro de 2025, o que deixa practicamente sen efecto calquera reclamación económica.

▶️ O Grove, 6 de marzo de 2026.- Esquerda Unida denunciou a neglixencia do goberno municipal na xestión das deficiencias do local social de Reboredo, unha obra que apenas tres anos despois da súa apertura presenta graves problemas construtivos e desprendementos na fachada.
...
📰 seguir lendo
‼️🗣 Esquerda Unida denuncia o deterioro das rúas peonís e reclama un plan integral de mantemento e renovación do firme para garantir a seguridade dos viandantes

🔻 A formación alerta do aumento de baldosas rotas e levantadas en varias rúas do municipio e advirte das numerosas caídas de persoas, especialmente maiores. Denuncian a falta de control do tráfico en zonas pensadas para uso peonil e residencial.

🔻Propoñen un plan anual de mantemento, revisión continua do pavimento e a substitución progresiva do embaldosado por materiais máis duradeiros. Piden a posta en marcha da app “O Meu Concello” para facilitar avisos veciñais sobre incidencias.

📰 Ler noticia completa
👇👇👇
https://www.euogrove.es/2026/03/esquerda-unida-denuncia-o-deterioro-das.html
🗣 COMUNICADO
🔻 A Toxa non se pecha
Dende Esquerda Unida queremos amosar a nosa firme oposición a calquera medida que supoña restrinxir o acceso rodado á illa da Toxa, un espazo que forma parte do patrimonio colectivo de toda a veciñanza do Grove.
A Toxa non é unha propiedade privada ao uso, senón un símbolo da nosa identidade e un dos principais activos turísticos do municipio. Pretender limitar o acceso público supón un paso máis cara á privatización dun espazo que a presión social acabou por consolidar como público e accesible. Dar agora pasos atrás nese camiño sería un erro histórico.
Esta proposta, que sae á luz estes días, non é nova. Consideramos que esta idea parte do Grupo Hotusa, tendo en conta o crecente protagonismo deste grupo na illa e os movementos que xa se produciron nos últimos anos para asumir un maior control da súa xestión.
...
Ler comunicado completo
[web] [Facebook] [Instagram]
📢‼️ Esquerda Unida critica a ausencia do goberno municipal na asembleap da Toxa

🔻 COMUNICADO |

Dende EU reiteramos a nosa firme oposición a calquera medida que supoña restrinxir o acceso rodado á illa da Toxa e avanzar cara a un modelo de acceso condicionado a un espazo que debe seguir sendo público e accesible.

Os últimos acontecementos demostraron que existía unha proposta real e articulada para implantar limitacións de acceso, control de circulación e outras medidas restritivas na illa promovidas polo Grupo Hotusa. Un debate de enorme relevancia social, turística e política para O Grove.

Consideramos especialmente grave que o goberno municipal non acudise á asemblea da Comunidade de Propietarios da Toxa, da que forma parte, precisamente o foro onde debía defender con claridade os intereses xerais do municipio e expresar diante dos propietarios e dos promotores da iniciativa o seu rexeitamento a este modelo.

...

📃 Comunicado completo:

📲 Facebook

📲 Instagram
👍1
‼️🔻 Esquerda Unida denuncia a precariedade do servizo de Cultura no verán pola falta de persoal

🔻 Alertan de que o servizo quedará con só dúas persoas e un monitor de reforzo, insuficiente para cubrir as necesidades de Cultura, polo que a Biblioteca, a Axencia de Lectura de San Vicente e a Salazón veranse afectados.

🔻 Critican a “falta de previsión” do goberno local ao non cubrir vacantes nin reforzar adecuadamente o departamento de Cultura.

▶️ O Grove, 19 de xuño de 2026.- Esquerda Unida vén de denunciar a situación “crítica e de absoluta precariedade” na que quedará o servizo municipal de Cultura durante os próximos meses de verán debido á falta de persoal e á ausencia de planificación por parte do goberno local.
...

📃 Ler noticia completa:
🌐 web

📱ver en:
👉🏻 Facebook
👉🏻 Instagram
‼️📢 Esquerda Unida volve preguntar pola obra da rúa Hortos e denuncia a desorganización do goberno na execución das obras municipais

🔻 Lembran que a actuación en Hortos, comprometida coa súa formación cun orzamento de 280.000, foi licitada por segunda vez no 2025 e continúa sen iniciarse, malia que o goberno asegurou reiteradamente que o atraso se debía ás condicións meteorolóxicas, unha desculpa que xa non consideran válida.

🔻 Consideran que esta situación, xunto cos atrasos na obra de humanización da rúa Lepanto, como na das rúas do Peso, Regato, Fontiña, Horta do Río e Camiño Con do Gato, evidencian un modelo de xestión baseado na improvisación, sen planificación nin control da execución. Denuncian a permisividade do goberno con Marconsa, empresa adxudicataria de todas estas obras.

... [continúa]

📰 Ler Noticia completa
📱ver en Facebook
📱ver en Instagram
‼️📢 Esquerda Unida solicita toda a documentación do Plan de Sustentabilidade Turística e reclama explicacións sobre a execución dos fondos europeos

🔻 Piden acceso ao expediente completo do proxecto "A Gastromeca", tras rematar o prazo de execución, para comprobar se o Concello executou e xustificou correctamente os 2 millóns de euros dos fondos Next Generation. Advirten de que actuacións como a obra da Praza do Corgo ou a Ruta do Burro Fariñeiro suscitan dúbidas sobre o seu remate dentro do prazo previsto.

🔻 Lembran que levan todo o mandato realizando un seguimento da execución do plan, advertindo dos atrasos e do risco de perder parte dos fondos europeos por incumprimento dos prazos. Reclaman a convocatoria do Consello Local de Turismo para que o goberno dea explicacións.

[continúa]

📰 Ler noticia completa
📱 ver en Facebook
📱 ver en Instagram
‼️📢 Esquerda Unida leva ao pleno unha moción para garantir a atención temperá e apoiar ás familias con menores con necesidades terapéuticas

🔻 A formación reclama unha Unidade de Atención Temperá para O Grove, a creación dunha rede pública de atención postemperá e axudas municipais para aliviar o custo das terapias.

🔻 A moción, que será debatida no pleno do vindeiro mércores 8 de xullo, busca evitar que as crianzas interrompan os seus tratamentos por razóns administrativas ou económicas.

... [Continúa]

📰 Ler noticia completa
📲 Ver en Facebook
📲 Ver en Instagram
Esquerda Unida reclama ao Concello que corrixa as deficiencias da nova sinalización turística

🔻 A formación detecta sinais mal orientados, parcialmente ocultos ou colocados en puntos que reducen a visibilidade dos vehículos, pese a que o proxecto contemplaba expresamente a instalación e o control de calidade dos novos elementos.

🔻 Advirten tamén de paneis nas praias que anuncian aseos, bandeiras sobre o estado do mar ou servizo de socorrismo que son inexistentes.

...
✍️ Esquerda Unida enmarca esta denuncia no traballo de revisión e fiscalización que a formación está realizando sobre a execución dos proxectos financiados con fondos europeos no municipio, co obxectivo de comprobar non só o destino dos recursos públicos, senón tamén que as actuacións se executaron correctamente e cómpren coa finalidade para a que foron financiadas.

📃 Ler noticia completa na web
🗣📢 Esquerda Unida alerta do deterioro da Ruta do Burro Fariñeiro apenas tres meses despois de rematar as obras

🔻 A formación reclama ao Concello que esixa á empresa adxudicataria unha solución ante os importantes danos provocados polas primeiras choivas intensas, que dificultan o tránsito pola ruta.

🔻 Lembran que a actuación, financiada con fondos europeos, foi certificada o 15 de xullo e continúa sen inaugurarse. Ademais, denuncian que seguen sen recibir a documentación solicitada para fiscalizar a obra e a situación dos terreos afectados.

▶️ O Grove, 17 de outubro de 2026.- Esquerda Unida do Grove alerta do preocupante estado no que se atopa a Ruta do Burro Fariñeiro, unha actuación executada con cargo ao Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) “A Gastromeca”, que presenta importantes danos no firme apenas tres meses despois da súa finalización.

A formación comprobou que, tras as fortes precipitacións rexistradas o pasado 6 de outubro, numerosos tramos da ruta presentan profundos sucos, arrastres de terra e importantes irregularidades no terreo que dificultan o tránsito das persoas que percorren este itinerario.
... [continúa]

📰 Ler noticia completa
📲 Facebook 👍🔄
📲 Instagram 👍 🔄