Actualidade EU O Grove
31 subscribers
464 photos
2 videos
15 files
435 links
Toda a información da actividade da agrupación local e do Grupo Municial de Esquerda Unida O Grove
Download Telegram
Por cuestións persoais da persoa que ía impartir a charla, vémonos na obriga de suspender o acto que tiñamos programado para esta noite ás 20.00 horas na Sala das Cunchas.
Desculpade as molestias.
Dende Esquerda Unida O Grove estamos traballando na organización de diferentes charlas relacionadas coa área de muller, sanidade, pensións... das cales iremos dando conta en canto teñamos datas.
Exitosa concentración diante do Concello este 8 de Marzo. Durante a concentración máis e máis mulleres folguistas se ían sumando procedentes das súas empresas.
As estudantes tamén se sumaron á folga no Grove.
Esquerda Unida O Grove subscribe á convocatoria da Federación de Pensionistas de CCOO e de MODEPEN e chama a tod@s @s veciñ@s a participar mañá sábado 17 de marzo na concentración que terá lugar ás 11.30 horas na Praza do Corgo ás portas da Casa do Concello.
PENSIÓNS DIGNAS XA. É O NOSO DEREITO
Hoxe a agrupación local de Esquerda Unida O Grove estivo na Praza do Corgo apoiando a mobilización dos Pensionistas.
A batalla continúa porque é o noso dereito. Pensións dignas xa.
🗣 A Semana Santa pasou sen que o Concello ofertase aos visitantes ningunha actividade cultural ou de ocio que servise de alternativa para estes festivos pasados por auga; e coa oficina de información do Corgo sen persoal suficiente para cumprir cos horarios propios da tempada alta.
En Esquerda Unida cremos que a promoción turística do Grove merece unha atención maior.
Noticia completa👇👇
🔗 http://www.euogrove.es/2018/04/eu-critica-paralizacion-e-ineficacia-da.html?spref=fb&m=1
🗣 EU propón o acondicionamento da deteriorada Praza do Corgo

👥 Os edís Juan Lamelas e José Antonio Otero apoiarán a solicitude de subvención para a obra da desdobramento da estrada da Confraría
‼️Reclaman que os fondos que o Plan Concellos destinaba a esa actuación se invistan agora na mellora integral da gran explanada de Beiramar
🔗http://www.euogrove.es/2018/04/eu-propon-o-acondicionamento-da.html
Así luce a explanada do Corgo. Céntrico enclave do noso casco urbano, e un dos entornos do municipio máis concorridos polos turistas que se achegan visitarnos. No Concello acumúlanse as denuncias por danos dos viandantes accidentados a causa do mal estado do firme. Pero o tempo pasa, e a necesaria mellora segue sen chegar...
📰 O Faro de Vigo faise eco hoxe das declaracións do noso concelleiro e coordinador local referente á postura de Esquerda Unida en relación á segunda exposición pública do PXOM
🗣 Jose asegura que “É imprescindible realizar unha nova exposición pública” e que “o Alcalde insiste en prescindir da oposición e non mantén absolutamente ningún contacto con nos” pois “non volveu a falarnos sobre o PXOM dende decembro”.
🗣 Consideramos que o documento está no aire pois “en cada reunión que o alcalde mantén cos veciños anuncia cousas novas ou cambios, por iso está incumprindo os prazos que el mesmo se marcou, pois non fai máis que introducir modificacións”. Unha situación “surrealista” que “en ocasións da a impresión de que o propio alcalde é quen dilata intencionadamente os tempos, como si en realidade non quixera aprobar o documento”. “Os veciños reclamaron a segunda exposición pública por activa e por pasiva, por iso nos vamos a manter a nosa postura e manterémonos ao seu lado nesa reivindicación”.
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2018/04/13/esquerda-unida-mantiene-postura/1871856.html