Actualidade EU O Grove
31 subscribers
464 photos
2 videos
15 files
435 links
Toda a información da actividade da agrupación local e do Grupo Municial de Esquerda Unida O Grove
Download Telegram
📣 💜 Esquerda Unida súmase e fai un chamamento a participar nas mobilizacións feministas baixo o lema: “Ni un paso atrás en igualdade. Os nosos dereitos non se negocian!”

🙅🏻‍♀️ Esquerda Unida súmase e fai un chamamento á participación nas diferentes mobilizacións convocadas polo Movemento Feminista que terán lugar en #Galicia este martes 15 de xaneiro, coa fin de apoiar ás compañeiras de #Andalucía, xa que nesa data terá lugar un vergoñento pacto de Goberno no que se negocia cos dereitos das mulleres como moeda de cambio, negando a incuestionable realidade da violencia machista.
Eva Solla Fernández
#NososDereitosNonSeNegocian
#NinUnPasoAtrásEnIgualdade
🏘 EU denuncia a falta de garantías sobre o PXOM e o escurantismo do PSOE ao respecto

📆 Critica o baile de datas e os constantes cambios cos que, entende, o goberno de Cacabelos busca facer tempo e eludir a aprobación do documento urbanístico

🗣 Insta ao alcalde a aportar documentación veraz e definitiva e a facer partícipe á oposición, coa que o rexedor aínda non mantivo a xuntanza comprometida hai meses e á que se lle nega o acceso aos informes requeridos

📝 Máis información, na web: http://www.euogrove.es/2019/01/eu-denuncia-falta-de-garantias-sobre-o.html
💊💉 O grupo municipal de EU aposta polas mobilizacións para visibilizar o malestar polas carencias do centro de saúde

🗣👥 Ve necesario impulsar unha resposta contundente e unánime á caótica situación do Monte da Vila, que a formación xa denunciara no 2017

👨‍⚕️👩‍⚕️ Reclama solucións inmediatas á nefasta xestión do SERGAS, que leva xa moitos meses provocando a saturación das consultas e do PAC ao non cubrir as baixas e vacacións ás que os médicos teñen dereito

📝 📲 Máis información, na web: http://www.euogrove.es/2019/01/o-grupo-municipal-de-eu-aposta-polas.html
🎭 Esquerda Unida solicita un protocolo de prevención das violencias machistas específico para o Entroido que involucre ás comparsas e aos institutos

🚺 A responsable da Área da Muller leva a proposta ao Consello Local de Igualdade, ante o que Cristina Domínguez denuncia ademais a nula iniciativa que o goberno local está a ter neste ámbito

😡 A formación lamenta que o PSOE leve oito meses desatendendo o acordo plenario de maio; cando a corporación aprobou unha moción de EU para impulsar medidas efectivas para o fomento da igualdade e a prevención das violencias machistas

💡🌌 Insta ao Concello a axiliar o mapa de zonas escuras e a mellorar a iluminación para incrementar a seguridade en todas as rúas e espazos públicos do Grove

📲 Máis información, na web: http://www.euogrove.es/2019/01/esquerda-unida-solicita-un-protocolo.html
👍 Esquerda Unida consegue o apoio unánime do pleno para que o Concello se involucre de xeito activo no control das apostas deportivas e a prevención das ludopatías

💶⚽️ Trala aprobación da moción de EU, o goberno local deberá impulsar formación específica para a Policía Local; así como accións nos centros de ensino e en colaboración cos clubes que contribúan a frear o preocupante incremento de condutas aditivas relacionadas co xogo que se ten detectado entre a mocidade

♠️🎾 A iniciativa inclúe tamén peticións aos gobernos central e autonómico, relacionadas cun maior control da publicidade e da proliferación de casas de apostas

📝📲 Máis información, na web:
http://www.euogrove.es/2019/01/esquerda-unida-reclama-un-maior-control.html
🗣 Esquerda Unida insta a axilizar a aplicación da ordenanza de terrazas e lamenta o desleixo do goberno local ao respecto

💬 A xuntanza para analizar a proposta de modificación presentada por Emgrobes que ía realizarse pasada a época estival continúa pendente

⌛️ A formación alerta de que o tempo para que os cambios poidan entrar en vigor este ano apremia, e lembra que a moratoria concedida para que os locais se adaptasen á nova norma finalizou en 2018

➡️ Apremia ao Concello a cumprir coa legalidade e a procurar solucións que conxuguen os intereses da hostelaría e o axeitado funcionamento dos negocios locais cos dereitos da veciñanza

📲 Máis información, na web: http://www.euogrove.es/2019/01/esquerda-unida-insta-axilizar.html
🚌 Esquerda Unida insta ao Concello a actuar para rematar cos problemas do transporte escolar

👨‍👨‍👧‍👦 👩‍👩‍👧‍👦 A formación anima á Concellería de Educación a impulsar o antes posible accións conxuntas e coordinadas coas ANPAS, as direccións dos centros e a oposición

⏰ 🏃‍♀️ Considera intolerable que unha empresa de autobuses condicione os horarios das clases; obrigue ao alumando a chegar tarde, ou antes de tempo; e obstaculice as posibilidades de conciliación

📲 Máis información, na web: http://www.euogrove.es/2019/02/esquerda-unida-insta-ao-concello-actuar.html
📢 Esquerda Unida chama a participar na manifestación en defensa da sanidade pública do domingo

👫👫 A formación anima á cidadanía a acudir a Santiago de Compostela para denunciar a política sanitaria impulsada polo Partido Popular dende a Xunta de Galicia

😡 O grupo municipal lamenta que, a pesar do consenso existente na corporación, o Concello non peña habilitado autobuses para facilitar a participación na mobilización

👩‍⚕️👨‍⚕️ A situación do centro de saúde do Monte da Vila é un exemplo dos recortes impostos, que derivan en falta de médicos suficientes, na precarización das condicións de traballo do persoal sanitario e nunha perda da calidade asistencial

📲 Máis información, na web: http://www.euogrove.es/2019/02/esquerda-unida-chama-participar-na.html
🎼 Esquerda Unida solicita explicacións sobre o posible funcionamento irregular da Escola de Música

🎷O Concello aínda non sacou a concurso a adxudicación do servizo, a pesar de que o contrato polo que se rexe o funcionamento do centro municipal xa finalizou

🎹 A formación solicita información detallada sobre o estado do procedemento e insta ao goberno local a garantir a continuidade das ensinanzas musicais dentro da legalidade

📲 Máis información, na web: http://www.euogrove.es/2019/02/esquerda-unida-solicita-explicacions.html
🆘 Mañá ás 12 arrincan as concentración en defensa da nosa sanidade pública

👩‍⚕👨‍⚕ Esquerda Unida fai un chamamento á participación na primeira das mobilizacións coas que O Grove berrará basta ás listas de agarda en atención primaria e esixirá atención sanitaria de calidade e un centro de saúde ben dotado

⏰ Vémonos ás 12 no Monte da Vila!