Actualidade EU O Grove
31 subscribers
464 photos
2 videos
15 files
435 links
Toda a información da actividade da agrupación local e do Grupo Municial de Esquerda Unida O Grove
Download Telegram
Agora que xa coñecedes a tódalas persoas que forman a nosa candidatura, chegou a hora de coñecer as nosas propostas #ParaQueOGroveAvance.
O candidato de Esquerda Unida á alcaldía do Grove, José Antonio Otero, vai a participar no debate de hoxe para dar a coñecer as nosas propostas para o próximo mandato. #ParaQueOGroveAvance
📕Recorda que podes consultar e/ou descargar o noso programa completo entrando na nosa web electoral
👇🏽👇🏽👇🏽
https://locais2019.euogrove.es/
😡 A Ría de Arousa celebrou o Día dos Océanos coa peor das novas. Hai uns días coñeciamos que Portos autorizaba o vertido dos lodos procedentes do dragado do Lérez na Illa de Sálvora. Seguimos pendentes da ameaza que supón para a nosa ría a reapertura da Mina de Touro, pero outra desafortunada decisión pode por en risco a nosa ría.

🏝 Despois de que as confrarías da Ría de Pontevedra rexeitasen a decisión de depositar os sedimentos nas proximidades da Illa de Tambo, decídese que o lugar do vertido sexa a dúas millas da Illa de Sálvora. A Consellería de Mar recorda que a decisión non é definitiva e nós esperamos que rexeiten a idea de Sálvora como o lugar onde depositar os lodos.

🗣 A Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa, as confrarías e as asociacións de produtores da Ría de Arousa xa mostraron o seu descontento con esta decisión polo risco que supón para os recursos pesqueiros e a economía da zona. Dende Esquerda Unida O Grove queremos recordarlles a todos eles que o mar é a nosa fonte de riqueza e para nós non é un vertedoiro!!
👇👇👇
https://praza.gal/acontece/a-ria-de-arousa-mobilizase-contra-o-vertido-de-330000-metros-cubicos-de-lodos-en-salvora-autorizado-por-portos
🗣 Esquerda Unida O Grove instan a Cacabelos a reunir ás concelleiras e concelleiros trala conformación da nova corporación para facer unha declaración institucional opoñéndose ao depósito dos lodos do dragado do Lérez na boca da ría.
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2019/06/esquerda-unida-rexeita-o-deposito-dos.html?m=1
As obras mal feitas teñen estas cousas. Un ano despois de ter inaugurado o arranxo da rúa da Praza hai que volver levantar. Entendemos que é para axustar o nivel do paso elevado, que era excesivo de máis. Non sería por non advertilo no seu momento.
Esta é a forma de actuar que tivo e ten este goberno. Por non entrar a valorar os modos que teñen á hora de realizar as obras, sen avisar dos cortes das rúas con anterioridade, provocando prexuizos a toda a veciñanza.
📌 Mañá volven á folga os médicos de Atención Primaria!
EU O Grove apoia a convocatoria e as súas reivindicacións‼️
A Asamblea de Áreas Sanitaria de Galicia acordou unha folga para o 19 de xuño no servicio de Atención Primaria da nosa comunidade, a este chamamento tamén se une o colectivo Precarias e os traballadores dos PAC. Entre as súas reivindicacións están; as melloras laborais, incremento progresivo dos orzamentos ata o 25% en Atención Primaria, contratos dignos e que sexan convocadas en oferta pública de emprego todas as vacantes actuais e previstas no servicio para unha asistencia de calidade.
A Corporación municipal convocou aos veciños do Grove a varias xornadas de concentracións diante do centro de saúde, que tiveron lugar nos meses de febreiro e marzo. Remataron logo dunha marcha polas rúas mecas esixindo melloras na Atención Primaria do Grove. Agora que acabamos de estrear nova corporación municipal, preguntámonos si desta volta o Concello tamén vai apoiar aos traballadores e traballadoras do Centro de Saúde do Grove convocando á veciñanza como se fixo nos meses de febreiro e marzo. Os problemas no Grove seguen sen estar resoltos e o malestar dos usuarios é máis que latente sobre todo o daquelas persoas que son derivadas constantemente a outros médicos por non estar cuberta a praza dos facultativos que acadaron a xubilación o ano pasado. As urxencias tamén están en situación límite pola falta de persoal e pola sobrecarga de traballo que ten o persoal deste centro de saúde que loita cada día por darnos o mellor servicio posible. Non debemos esquecer que este tema segue sen estar resolto e debería ser uns dos obxectivos prioritarios para os próximos meses.
#SanidadePublica #SanidadeDeCalidade #FolgaAtenciónPrimaria #MaisTempoPorPaciente
📰 O pasado 17 de maio, en plena campaña electoral, Cacabelos indicou, nunha entrevista no Diario de Arousa, que neses días se estaban aplicando as correccións de mais de 150 erros detectados polos veciños e veciñas e asegurou que ía mandar á oposición toda a documentación cos erros xa corrixidos e que nos días vindeiros –á realización da entrevista– se ía subir á web para que se puidese consular por toda a veciñanza.
🤷‍♀️🤷‍♂️ Un mes despois desa afirmación, nin a oposición temos a documentación, nin a veciñanza ten coñecemento de si as súas reclamacións foron atendidas ou non, pois o PXOM que segue colgado na web segue a ser o mesmo que contiña os erros.
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2019/06/esquerda-unida-solicita-documentacion.html
Forwarded from Esquerda Unida
🏳️‍🌈 Esquerda Unida resalta a importancia de seguir a traballar contra o discurso do odio e a prol de políticas que permitan ás persoas LGTBI ter unha vida digna

💜 Neste vindeiro 28 de xuño, #DíaInternacionaldoOrgulloLGTBI, cando se conmemoran os 50 anos das revoltas de Stonewall de 1969 en Nova York, saímos ás rúas en diferentes puntos do estado baixo o lema: “Maiores sen armario: Historia, loita e memoria!” para poñer en valor que sentimos Orgullo da identidade e Orgullo da historia LGTBI, pero tamén, como di a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, “falta moito camiño por recorrer e moito por traballar na necesidade de apostar por modelos de sociedade inclusivos e tolerantes”.

👉🏻 Toda a info, na nosa web: https://bit.ly/31TTfoN
Channel photo updated
⚠️ Este é o estado no que se atopa o acceso ao colexio Valle-Inclán por onde, estes meses de xullo e agosto transitarán cada día numerosos rapaces e rapazas para dirixirse ao Campamento de Verán do Concello do Grove que se desenrola no centro educativo.
👨‍👨‍👧‍👦Varios pais e nais nos transmitiron as súas queixas sobre esta situación e dende Esquerda Unida xa o puxemos en coñecemento do concelleiro delegado para que se solucione o máis axiña posible.
📷 Unha usuaria do parque infantil do Corgo achéganos estas imaxes onde se pode ollar que un dos seus elementos de xogo está roto. Entre unha imaxe e outra hai 15 días de diferenza, o que demostra que dende o concello non están a solucionar o problema, nin se toman as precaucións precisas para evitar incidentes.
👨‍🔧 Dende Esquerda Unida temos insistido na necesidade dun plan de mantemento continuo nos parques infantís, que procuren repoñer e/ou arranxar os elementos de xogo que se atopen deteriorados ou rotos. Por ese motivo, instamos á concellería delegada para que solucione o problema do parque Infantil do Corgo e, ante o aumento do uso dos parques nestas épocas, se faga unha revisión continua de todos os do Concello.
🙎‍♀A concelleira de Esquerda Unida e responsable da área de Muller, Cristina Dominguez, preguntou por rexistro se o Concello vai poñer en marcha o “punto morado” durante a Festa do Carme.

ℹ️ ♀️Os esquerdistas instan a cumprir a moción aprobada en maio do 2018 e poñer durante as festas un punto de información contra a violencia machista con persoal cualificado.

✅ Mais info:
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2019/07/esquerda-unida-insta-ao-concello.html?m=1