Actualidade EU O Grove
31 subscribers
464 photos
2 videos
15 files
435 links
Toda a información da actividade da agrupación local e do Grupo Municial de Esquerda Unida O Grove
Download Telegram
📢Esta mañá os concelleiros de Esquerda Unida O Grove, José Antonio Otero González e Kris Domínguez Domínguez , participaron na "Mobilización en defensa da Sanidade Pública Galega".
✅Percorreron as rúas da capital galega acompañados da veciñanza e dos membros da corporación, portando unha pancarta na que se esixe atención sanitaria digna para O Grove‼️
#euogrove #sossanidadepublica #atencionprimaria #sanidadedecalidade
🖤Os versos de Eduardo Pondal son reflexo do sentir de tódalas vilas mariñeiras e hoxe témolos moi presentes no Grove.

| Que dicha é ser pescador,
| que ten por seu todo o mar!

Trasladamos o noso pesar aos familiares e amigos de Luis Vidal.

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=10156512791141213&id=87073556212
🛑Esquerda Unida O Grove denunciou no pleno do luns a deplorable situación da rúa Alexandre Bóveda e trasladamos ao mesmo o enfando🤬 da veciñanza.🕳🕳🚗🕳🕳🚌🕳🕳

➡️Preguntamos o motivo do enorme retraso nas obras e pedimos que cando menos se adecente o firme para permitir unha circulación segura por ese tramo
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=3538217566249335&id=140898295981296
🔝Este luns Esquerda Unida O Grove preguntou no pleno polos lombos instalados dende Avenida de Portugal a Porto Meloxo.

👎Cremos que non cumpren a normativa xa que non é posible superalos a 30 km/h, a velocidade permitida nesa estrada.

🆕🤝O alcalde recoñeceu a perigosidade dos mesmos e comprometeuse a solventar esa situación.
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=3541549059249519&id=140898295981296
♀️ Desde Esquerda Unida témolo claro, o feminismo ademais da loita das mulleres, é un prisma que amplifica as nosas loitas, interpelando directamente ás realidades materiais de quen máis sofren e creando alianzas e estratexias para cambiar as desigualdades que vivimos día a día a clase traballadora.

💜 Este 8 de marzo volvemos saír ás rúas porque todas esas loitas son as nosas e o inimigo é o mesmo que hai 110 anos, cando en Copenhague un grupo de mulleres revolucionarias decidiron que debían saír todas xuntas a cambiar o mundo.

💪 Porque o mundo é noso e imos mudalo.

FEMINISMO EN LOITA

📑 Manifesto Esquerda Unida
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2020/03/feminismo-en-loita-manifesto-8m.html?m=1
8M, Día Internacional da Muller Traballadora. Lectura do manifesto por parte do CLI e andaina por San Vicente
O Grupo municipal de Esquerda Unida rexistrou, este mércores, unha serie de propostas ao goberno municipal relacionadas coa situación local derivada da Alerta Sanitaria decretada pola pandemia do Coronavirus Covid-19.
+info: 👇👇👇
http://www.euogrove.es/2020/03/propostas-locais-do-grupo-municipal-de.html
Aínda que non poidamos estar nas rúas, hoxe sacamos as nosas bandeiras aos balcóns e terrazas reivindicando a III República. Aquí van algunhas fotos das compañeiras e compañeiros de EU O Grove.

Na II República, o país alcanza unha madurez democrática. Hoxe é preciso volver recoller os seus valores para construír a sociedade igualitaria e democrática que precisamos.
#PolaIIIRepública
#14Abril
#QuedaNaCasa
👇👇👇

🔗 Instagram 👉🏽 https://www.instagram.com/p/B-9k0NnjDLQ/?igshid=rd5qwx67uac
🔗 Facebook 👉🏽 https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=3673233122747778&id=140898295981296
A Xunta de Galicia debe dotar de máis medios para garantir o servizo de axuda no fogar e a protección das traballadoras.

A axuda no fogar é unha prioridade e un servizo esencial, máxime nunha comunidade na que a porcentaxe de persoas avellentadas e en situación de dependencia é moi elevada.
👇👇👇
https://esquerdaunida.org/esquerda-unida-pide-mais-medios-a-xunta-para-garantir-o-servizo-de-axuda-non-fogar-e-a-proteccion-das-traballadoras/
Esquerda Unida pide que se exonere a taxa do mercado e se aprace a do IVTM e Vaos

‼️📝 Os esquerdistas presentaron alegación aos anuncios de cobro da taxa das bancadas e mercado para o segundo trimestre e á do imposto de vehículos de tracción mecánica, entrada de vehículos e reserva de espazo.

‼️💶 Consideran que nesta situación é preciso exonerar ás propietarias e propietarios dos postos do 🏪 mercado e retrasar o pago do 🚗🛵IVTM e vaos, cuestións que xa solicitaron o pasado 25 de marzo.

‼️👌🏼 Anuncian que apoian as medidas tomadas ata o momento polo goberno municipal, 🤝 que están a súa disposición e que seguirán realizando📜 propostas económicas e sociais para superar esta situación.

🗞 Nova completa
👇👇👇
🔗 http://www.euogrove.es/2020/04/esquerda-unida-pide-que-se-exonere-taxa.html
POLA VIDA E O TRABALLO DIGNO... VIVA O PRIMEIRO DE MAIO ✊✊✊

Celebramos este Primeiro de Maio, día da clase traballadora, nunhas condicións inéditas: en plena crise provocada pola pandemia mundial do coronavirus. Esta crise sen precedentes está a afectar non só á forma de relacionarnos e aos nosos hábitos cotiáns, tamén -e especialmente- á economía e, por tanto, ás relacións laborais e ás condicións económicas da clase traballadora.

Desde Esquerda Unida cremos que hai unha saída xusta, social e democrática da crise e que iso precisa un cambio profundo nas políticas económicas que veñen aplicando os diferentes gobernos durante a última década. Na crise económica do 2008 os gobernos de turno facilitaron o despedimento, abarataron custos e desregularon o mercado de traballo; deterioraron, en definitiva, os dereitos da clase traballadora. Hoxe, baixo o Goberno de coalición as medidas están dirixidas a garantir a protección das clases populares, especialmente aos sectores máis vulnerables.

A crise sanitaria, que xa se transformou nunha nova crise económica e social, non debe servir como coartada para que a maioría social paguemos de novo os pratos que rompeu unha minoría privilexiada que, como en 2008, está a ver oportunidades de negocio. Para iso, entendemos que son necesarias propostas como a blindaxe dos servizos públicos, máis investimento público e unha reforma fiscal para que os ricos tamén paguen como di a Constitución.
...
LER O MANIFESTO COMPLETO
👇👇👇👇

http://www.euogrove.es/2020/05/manifesto-de-esquerda-unida-polo.html
🏛 Hoy sábado 2 de mayo a las 18:00h (hora peninsular) organizamos el acto ”El papel de los ayuntamientos ante la crisis del coronavirus”

👉🏻 Participarán en la charla Pedro del Cura (alcalde de Rivas Vaciamadrid), Virginia Hernández (alcaldesa de San Pelayo), Francisco Guarido (alcalde de Zamora), Mari Carmen Cantero (alcaldesa de Zafayona) y Daniel González Rojas (responsable federal de política municipal de IU).

📲 Podrás seguirlo en directo a través de nuestras cuentas en redes sociales y desde nuestra página web: izquierdaunida.org