Actualidade EU O Grove
31 subscribers
464 photos
2 videos
15 files
435 links
Toda a información da actividade da agrupación local e do Grupo Municial de Esquerda Unida O Grove
Download Telegram
‼️ O Grove mostra o seu apoio e solidarízase co pobo saharauí ‼️

🇪🇭 O pleno do Grove mostrou por unanimidade o seu apoio e solidariedade co pobo saharauí ante a agresión marroquí que viola as fronteiras e os acordos de paz establecidos en 1991 e que tamén representa unha ruptura do cesamento do fogo.

🇪🇭 Así mesmo, O Grove apoia dereito do pobo saharauí á celebración dun referendo de autodeterminación recoñecido pola ONU en varias resolución dos Consello de Seguridade.

🇪🇭 A moción foi presentada polo Grupo Municipal de Esquerda e defendida polo seu voceiro, que asegurou que a pesar de ser unha moción que excede os límites municipais O Grove como pobo solidario e con vínculos co Sáhara -moitos veciñas e veciños teñen acollido durante moitos anos en época estival a nenas e nenos dos campamentos de refuxiados saharauís- non podía pasar por alto esta situación e debía mostrar o seu apoio e defender o dereito a decidir o seu futuro.

Ver moción completa:
👇👇👇
http://www.euogrove.es/.../o-grove-mostra-o-seu-apoio-e.html
‼️ EU acada o compromiso da Presidenta da Mancomunidade para dar prioridade ao cambio da tubaxe de auga do Grove ‼️

▶️ O voceiro de Esquerda Unida, José Antonio Otero, acadou no día de onte o compromiso de Marta Giraldez para que no 2021 a Mancomunidade do Salnés dea prioridade absoluta ao cambio da tubaxe que subministra a auga potable ao Grove. Solicita que Augas de Galicia presente dunha vez por todas o proxecto e financie o 100% da obra. Presentarán unha moción para iso no vindeiro pleno grovense.

▶️ A presidenta da Mancomunidade tamén se comprometeu co esquerdista a ver as opcións de devolver ao Grove a Escola de Hostalería e realizar cursos e talleres mancomunados no concello meco.

📜 O Grove, 5 de decembro de 2020.- O pasado xoves, celebrouse o pleno da Mancomunidade do Salnés onde se aprobaron os orzamentos para o 2021. Se ben a opción coa que partía de inicio o representante de Esquerda Unida, José Antonio Otero, era votar en contra dos orzamentos da mancomunidade, logo de ver que novamente as contas da Mancomunidade non contemplaban partida algunha para o cambio da tubaxe que subministra a auga potable para o Concello do Grove, finalmente decantouse pola abstención, logo de arrincar o compromiso da Presidenta, Marta Giraldez, a dar prioridade absoluta a esta obra no vindeiro ano.

Así mesmo, o compromiso acadado polo esquerdista contempla que no momento en que se teña coñecemento do proxecto (que está pendente de entregar por Augas de Galicia) e do custo da obra, a Mancomunidade procurará o financiamento que lle pertenza, no caso de que o ente autonómico finalmente non se faga cargo do 100% da mesma. Un financiamento que podería chegar dos fondos FEDER, de subvencións da Deputación ou a través do orzamento da propia mancomunidade.

Esquerda Unida logra así que se lle dea prioridade a unha obra de gran importancia para O Grove e arremeten ao mesmo tempo contra Augas de Galicia, aos que tachan de incompetentes por non ter presentado aínda un proxecto de execución logo de comprometerse a telo rematado no 2018. Solicitan tamén que sexa o ente dependente da Xunta de Galicia quen financie ao 100% o cambio da tubaxe, “cuestión á que tamén se comprometeron hai uns anos”, indican os esquerdistas.
Para dar forza a esa petición, José Antonio Otero, anuncia que no vindeiro pleno do Concello do Grove, presentarán unha moción solicitando a Augas de Galicia a execución da obra e o seu total financiamento. O voceiro de EU considera que “xa chegou de burlas e de que a Xunta de Galicia menosprece ao noso concello”. “A administración Autonómica ten unha débeda histórica co Grove e esta obra é unha das prioritarias, xa que son preto de 11.000 persoas (máis de 20.000 no verán) as que poden quedar sen abastecemento de auga se se produce unha nova ruptura da tubaxe”, sentencia Otero.

Ademais do compromiso da obra de abastecemento de auga, José Antonio Otero, logrou tamén o compromiso da Presidenta da Mancomunidade do Salnés a valorar as opcións para devolver a O Grove a Escola de Hostalería e a achegar ao concello grovense máis cursos e talleres organizados pola propia mancomunidade.

Sobre a Escola de Hostalería, o esquerdista recorda que esta escola naceu no Grove e estivo vencellada ao concello meco ata que, por decisión da mancomunidade durante a época de Durán, se decidiu trasladar a Sanxenxo. Otero indica que iso foi “unha usurpación en toda regra” e pide que a escola regrese ao seu lugar de orixe. Máxime cando, segundo o esquerdista, a mancomunidade está pagando un aluguer polas instalacións onde se desenrola a Escola e O Grove conta co espazo adaptado e o seu uso é gratuíto.

👇👇👇
🔗 http://www.euogrove.es/2020/12/eu-acada-o-compromiso-da-presidenta-da.html
‼️‼️ Esquerda Unida denuncia o cobro da taxa do lixo o día antes de noiteboa ‼️‼️

▶️ Os esquerdistas alertan que o cobro do 2º semestre da taxa do lixo, que sempre se realiza en febreiro do ano seguinte, foi adiantado a este mes de decembro, nunha época na que os gastos familiares son moito maiores e a economía local minguo como consecuencia da crise sanitaria pola Covid-19.

▶️ Denuncian que o concello incumpre o calendario fiscal e consideran esta decisión errónea e contraproducente á vez que lembran a súa proposta, rexeitada por Cacabelos, para fraccionar mensualmente os pagos das taxas e impostos municipais.

O Grove, 23 de decembro de 2020.- A menos dunha semana para rematar o ano, e cando parecía que este 2020 non podería traer máis sorpresas, o Concello do Grove abráianos novamente. Esta semana a veciñanza viu como nas súas contas se lles aplicaba a taxa de lixo correspondente ao segundo semestre deste ano, indican dende Esquerda Unida. Un cobro que de sempre se aplicou nos primeiros dous meses do ano vencido, isto significa que este recibo se debería cobrar a mediados de febreiro do 2021, pero o goberno municipal decidiu adiantar a este mes de decembro. Os esquerdistas consideran que se xa o 2020 é un ano no que moitos negocios e familias se atopan afogadas economicamente como consecuencia da crise sanitaria producida pola Covid-19, este adianto do cobro da taxa do lixo supón un afogamento maior para a veciñanza, máxime nun mes no que os gastos son moito maiores debido á festividade do Nadal. Unha decisión do goberno socialista que non comparten e rexeitan dende Esquerda Unida.

A agrupación esquerdista denuncia que con este cobro –por primeira vez a veciñanza ten que asumir tres pagos desta taxa nun mesmo ano, pois en febreiro realizouse o cobro do 2º semestre do 2019, en agosto o cobro do 1º semestre do 2020 e agora o do 2º semestre– o goberno dirixido por Jose Cacabelos sáltase o calendario fiscal aprobado e publicado na web do Concello.

Dende Esquerda Unida non entenden esta decisión, e pedirán explicacións, aínda que asumen cal será a resposta do executivo de Cacabelos, botando balóns fora e exculpándose nunha decisión administrativa, como fai sempre que as decisións repercuten negativamente na veciñanza. Pero para os esquerdistas a realidade é ben distinta e esta decisión atende exclusivamente á pésima xestión do goberno socialista, que en lugar de axudar aos negocios e á veciñanza decide afogalos economicamente para salvagardar os sobrecustos das obras e os seus propios soldos.

Así mesmo, en Esquerda Unida lembran que en numerosas ocasións propuxeron un calendario fiscal máis flexible e fraccionado, co que a veciñanza puidera pagar os seus impostos e taxas municipais en cotas mensuais, trimestrais ou semestrais, o que ofrecería maior control nas contas familiares e liquidez no Concello. Unha proposta que dende o goberno socialista se negaron a aplicar, ao igual que non aplicaron ningunha das medidas económicas e sociais propostas polo Grupo Municipal de Esquerda Unida durante a Alerta Sanitaria derivada da Covid-19.

Por último, os esquerdistas pregúntanse se o concello é consciente do sobrecusto e o dano económico que lle acaba de ocasionar á veciñanza ao cobrarlle, a un día da celebración da noiteboa, un recibo que non contaban con pagar ata mediados de febreiro do 2021.

👇👇👇
🔗 http://www.euogrove.es/2020/12/eu-denuncia-o-cobro-da-taxa-do-lixo-o.html
🔻 Dende a agrupación local de Esquerda Unida e o noso grupo municipal, os nosos máis sinceros desexos para o vindeiro ano.
Que o 2021 sexa un ano de loita, saúde e recuperación. Loita para derrotar a Covid-19, saúde para superar esta pandemia e recuperación económica e social.
🤝 O noso compromiso para seguir traballando, dende o lugar que ocupamos, na mellora do noso concello e na calidade de vida das nosas veciñas e veciños.
🤗💚 Moito ánimo a todas as persoas que se viron afectadas por esta crise sanitaria e pronta recuperación ás que se atopan superando a enfermidade.
Feliz e combativo 2021 ❤💛💜
‼️ EU insta a Augas de Galicia a realizar o cambio da tubaxe que subministra a auga a O Grove ‼️

📜 O grupo municipal de Esquerda Unida someterá ao pleno, deste vindeiro luns 25 de xaneiro, unha moción na que insta a Augas de Galicia e á Xunta de Galicia a redactar e presentar, o máis axiña posible, o proxecto de substitución da rede de abastecemento que subministra a auga potable ao Concello do Grove así como a que a administración autonómica comece a devandita obra neste 2021, asumindo o custo total da mesma.

🚰 A actual rede de abastecemento, que foi instalada a finais dos anos 80 ,atópase xa no fin da súa vida útil, si ben a maior gravidade xurde no tramo que chega ao Concello do Grove dende Vilalonga, pois a tubaxe atopase somerxida no mar e o deterioro que sufre e aínda maior debido a corrosión das augas mariñas. Isto provocou numerosas avarías nos últimos anos, a maioría no tramo da Lanzada, o que provoca que a súa reparación sexa toda unha odisea, pois hai que agardar a que baixe a marea para poder darlle solución, o que supón que a veciñanza do Grove poida ver restrinxido o subministro de auga.

🚧 Esta obra é unha prioridade para o Concello do Grove e a Mancomunidade do Salnés, e xa no 2016 o daquela presidente do ente supramunicipal ten acadado o compromiso con Augas de Galicia para a substitución da tubaxe. Pero a pesar dese compromiso e do anunciado no 2018, no que prometían o proxecto e orzamento para comezar a obra no 2019, a día de hoxe a obra segue sen proxecto e sen vistas de que se execute a curto prazo.

Por ese motivo, dende Esquerda Unida agardan que o Pleno aprobe por unanimidade a solicitude a Augas de Galicia e á Xunta de Galicia para que o cambio da tubaxe sexa unha realidade neste ano.

▶️ Ler noticia e moción completa
👇👇
🔗 http://www.euogrove.es/2021/01/eu-insta-augas-de-galicia-realizar-o.html
‼️ EU pide a Xunta que ás traballadoras de axuda a domicilio se inclúan no grupo prioritario de vacinación ‼️

📜 O grupo municipal de Esquerda Unida presentará no pleno do vindeiro luns unha moción, pola vía de urxencia, na que se insta a Xunta de Galicia a incluír ás traballadoras do servizo de axuda a domicilio como grupo prioritario no plan de vacinación fronte á Covid-19.

💉 O Plan Galego de Vacinación iniciouse a principios do 2021 coa vacinación de persoas residentes e traballadoras dos centros de maiores, continuando polo grupo de persoal sanitario considerado de primeira liña.

💁🏻Esquerda Unida entende que as traballadoras de axuda a domicilio teñen que ser incluídas de xeito prioritario e inmediato no plan de vacinación. Estas traballadoras, que na súa maioría o fan de xeito precario, visitan un elevado número de domicilios diariamente, expóndose a ser infectadas ou a ser vector da enfermidade, motivos suficientes para incluílas no grupo prioritario.

👉🏽 Por ese motivo, Esquerda Unida pedirá no pleno o apoio unánime para pedir a Xunta de Galicia que as traballadoras de axuda a domicilio sexan vacinadas o máis axiña posible.

▶️ Ler noticia e moción completa:
👇👇👇
🔗 http://www.euogrove.es/2021/01/eu-pide-xunta-que-as-traballadoras-de.html
📣📣 EU pide a constitución dunha Mesa Local pola Cultura e o Patrimonio

📑O Grupo Municipal de Esquerda Unida solicitará no pleno do mes de febreiro a constitución dunha mesa local pola Cultura e o Patrimonio na que participen os partidos políticos, técnicos, asociacións culturais e demais axentes relacionados co mundo da cultura e o patrimonio.

✔ A meta desta mesa é traballar de forma conxunta 🤝 para recuperar, salvagardar, promover e divulgar o patrimonio cultural, etnográfico, arquitectónico,... do noso concello. Un foro de debate e deliberación do que saia unha folla de ruta📈 no traballo a curto e longo prazo.

➡ Nestes meses están xurdindo diferentes iniciativas colectivas e individuais relacionadas co noso patrimonio arquitectónico e arqueolóxico e dende Esquerda Unida consideramos que a única maneira de abordar estes e outros asuntos relacionados coa cultura e o patrimonio local pasa por facelo de maneira conxunta, cun traballo organizado e unha meta común, e iso pasa por unha mesa de traballo.

ver noticia e moción completa:
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2021/02/eu-pide-constitucion-dunha-mesa-local.html
♻Xa están instalados en boa parte dos areais do Grove os sacos para a recollida do lixo mariño.

📌Esta medida tomouse dende o Concello do Grove despois de que Esquerda Unida presentara unha moción no pleno do pasado agosto, e aprobada por unanimidade, na que instaba ao concello a instalación de sacos para a recollida do lixo mariño que chega as nosas praias e costas.

➡ Moitas persoas 🙋‍♀️🙋‍♂️ que adoitan pasear polos areais mecos recollen estes refugallos 🚮❓ sen saber moi ben onde depositalos. Especialmente despois das tempestades do inverno nas que o mar expulsa todo tipo de residuos sólidos as nosas costas. A recollida e xestión deste tipo de residuos non é doada e resulta un problema moi importante para o ecosistema mariño.

💚🌍A veciñanza xa é conscientes dos problema medioambientais que causan na nosa ría as artes de pesca abandonadas á deriva e os restos de lixo doméstico que acaban no noso mar. A súa recollida de forma voluntaria xerou a necesidade da instalación de sacos de grandes dimensións nos que puidesen depositar estes obxectos. Puidemos comprobar que esta iniciativa está sendo ben recibida pola veciñanza xa que todos os sacos tiñan no seu interior lixo mariño.

📥Esperamos que o concello amplíe a rede a todos os areais e faga efectivas o resto das propostas da moción especialmente a que fai referencia á recollida puntual dos diferentes sacos🤞 e a xestión da súa reciclaxe ou eliminación co Punto Limpo.

Ler noticia da moción presentada por EU: http://www.euogrove.es/2020/07/eu-pide-que-o-concello-instale-sacos-de.html
🟢 Esquerda Unida pide que se instalen puntos de recarga para vehículos eléctricos🚗🔌🔋 .

➡ No pleno do mes de febreiro debaterase sobre a necesidade de que O Grove conte cunha rede de puntos de recarga para vehículos eléctricos. Así o solicitaremos dende Esquerda Unida por medio dunha moción na que instaremos ao goberno municipal a poñer en marcha dous puntos de recarga na Avenida Beiramar, a altura da confraría. Uns puntos que xa contan coa preinstalación dende hai dous anos, pois foron incluídos no proxecto da obra de desdobre do tramo que transcorre entre as dúas rotondas, pero que nunca se puxeron en funcionamento.

Así mesmo, entendemos que para lograr con eficacia un cambio positivo na mobilidade sustentable, o vehículo eléctrico é fundamental. O problema é que a implementación dos VE está sendo moi lenta, entre outros aspectos, pola falta de puntos de recarga. É por iso que dende Esquerda Unida, amparándonos nas liñas estratéxicas das sínteses do Plan de Mobilidade Urbana Sustentable do concello do Grove, pediremos que se executen con celeridade as liñas relacionadas cos vehículos eléctricos.

Para iso, aparte dos dous puntos fronte a Confraría, solicitaremos que se inclúa algún punto na actual obra de desdobre de Beiramar; que se estude a instalación de máis puntos de recarga VE no resto do concello, incluíndoos en futuras licitacións, e nas praias máis concorridas; que se traballe nun regulamento que potencie a instalación destes puntos nas novas edificacións; que a renovación dos vehículos municipais se efectúe apostando pola electrificación dos mesmos; e que se apliquen bonificacións no imposto de circulación aos usuarios con vehículos eléctricos e a gas.

💚 Unhas medidas que entendemos incentivarán a compra deste tipo de transporte menos contaminante e nos permitirá poder cumprir cos obxectivos da axenda 2030.

👇👇
Ver noticia e moción completa: http://www.euogrove.es/2021/02/eu-pide-que-se-instalen-puntos-de.html?m=1