‼️ EU PREGUNTA POLOS PUNTOS DE RECARGA PARA VEHÍCULOS ELÉCTRICOS 🚗
▶️ Lembran que o goberno se abstivo na moción que o seu grupo municipal presentou en febreiro de 2021 alegando que xa estaban traballando na implantación dos puntos de recarga, e indican que a día de hoxe non hai ningún. 🤷
▶️ Piden ao executivo que se poña a traballar en serio e que, dunha vez por todas, poñan a funcionar os dous punto de recarga diante da Confraría así como noutras zonas do casco urbano e San Vicente.
🔻 O Grove, 10 de marzo de 2022.- Esquerda Unida pregunta ao goberno onde están instalados os puntos de recarga para vehículos eléctricos dentro do termo municipal. Os esquerdistas realizan esta pregunta logo de cumprirse un ano dende a aprobación da moción presentada polo seu grupo municipal na que pedía poñer en funcionamento o punto de recarga preinstalado dende finais do 2018 diante da Confraría, así como a implantación de máis puntos no casco urbano e na zona de San Vicente.
....
Noticia completa
👇👇👇👇
http://www.euogrove.es/2022/03/esquerda-unida-pregunta-polos.html

www.euogrove.es
Esquerda Unida pregunta polos puntos de recarga para vehículos eléctricos
Lembran que o goberno se abstivo na moción que o seu grupo municipal presentou en febreiro de 2021 alegando que xa estaban traballando...
‼ UN ANO DESPOIS, O CAMIÑO ESCOLAR XA É MÁIS SEGURO
🔻 En marzo de 2021 solicitamos, por primeira vez, que se actuase no Camiño Escolar Seguro de Rosalía de Castro no seu paso pola rúa Conchases debido á perigosidade que supoñía, para as cativas e cativos, transitar preto dunha obra paralizada dende hai moito tempo. Reiteramos a nosa petición en abril, xuño e outubro do 2021 así como en xaneiro deste mesmo ano.
🎊 Non sen tempo, xusto un ano despois, dende o Concello por fin actuaron e "panelaron" a fachada da obra, evitando así que os viandantes poidan sufrir algún tipo de contratempo cos ferros que sobresaían das paredes. Deste modo, este tramo do Camiño Escolar Seguro xa é moito máis seguro.
👀 Quedan aínda outros tramos por mellorar, polo que seguiremos reclamando que se solucionen para lograr unha maior seguridade das nenas e nenos cando se dirixen ao centro escolar.

‼ HOXE ABRIRON AS PRAZAS PARA A ESCOLA INFANTIL DE RONS E MOITAS FAMILIAS VOLVERÁN QUEDAR EN LISTA DE AGARDA.
🔻 Coa apertura das prazas para a Galiña Azul volve xurdir a preocupación para moitas familias grovenses que, por desgraza, quedarán sen un oco na Escola Infantil de Rons para o vindeiro curso escolar. E é que co peche do centro concertado das “Monxas”, a demanda no centro dependente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar é moito maior e as prazas ofertadas non cubren a necesidade dun gran número de familias. No Grove non existen outros centros destas características e a alternativa atópase, cando é posible e hai prazas, fóra dos nosos límites municipais.
Hoxe é un bo momento para lembrar a moción que presentamos en xuño do ano pasado -aprobada por unanimidade- na que se solicitaba á Xunta de Galicia e ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar a ampliación da Escola Infantil de Rons, co propósito de dar cabida a máis nenas e nenos e/ou alternativas para que a lista de agarda se vexa reducida o máximo posible.
A día de hoxe, dende a administración autonómica non se están ofrecendo solucións pois, aínda que a ampliación do centro é un proceso lento, non se ven indicios que presupoñan que están traballando nese aspecto. En canto á ampliación de prazas, as opcións que se barallan pasan por habilitar outro edificio como centro educativo e, neste caso, ao goberno municipal tampouco se lle ve axilidade pois, o Colexio das Monxas, que foi o anunciado, segue sen pertencer ao Concello e parece que non o será a curto prazo.
Dende Esquerda Unida cremos que dende o goberno municipal non se está facendo a presión pertinente para solucionar a problemática das prazas na Escola Infantil de Rons, máxime contando cunha moción neste senso -a presentada por EU en xuño de 2021- que foi apoiada por todos os partidos políticos da corporación municipal.
É por iso que solicitamos ao goberno municipal que actúe e que demande da Xunta de Galicia un proxecto de ampliación do edificio situado en Rons co propósito de axilizar os trámites pertinentes para que a obra comece o máis axiña posible. Así mesmo, solicitamos ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar a procura de alternativas a curto prazo que reduzan o máximo posible a lista de agarda na Escola Infantil grovense para o vindeiro curso escolar.

‼ ESQUERDA UNIDA PIDE CELERIDADE PARA REMATAR A OBRA DE ADAPTACIÓN DO CLUB DE REMO MECOS
▶ _Membros da agrupación de esquerdas visitaron as instalacións do club e constataron as numerosas deficiencias dun proxecto que estaba chamado a ser pioneiro en Galicia. A obra, que comezou hai dous anos e medio, leva parada preto dun ano._
▶ _Dende Esquerda Unida tachan a obra de “auténtica chapuza e aberración”, piden celeridade para que se retomen os traballos e que se depuren responsabilidades polos atrasos acumulados e pola situación que están a vivir os membros do club, sobre todo os numerosos nenos e nenas que cada día adestran e fan actividades nas instalacións._
🔻 O Grove, 19 de marzo de 2022.- Unha comitiva da agrupación local de Esquerda Unida, encabezada polo voceiro do grupo municipal, José Antonio Otero, visitaron esta semana as 🚧 obras...
💻 Seguir lendo
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2022/03/esquerda-unida-pide-celeridade-para.html

Esquerda Unida pide celeridade para rematar a obra de adaptación do Club de Remo Mecos
Membros da agrupación de esquerdas visitaron as instalacións do club e constataron as numerosas deficiencias dun proxecto que estaba cha...
‼️ ESQUERDA UNIDA INSTA AO GOBERNO A FACER USO DOS FONDOS EUROPEOS PARA DOTAR A O GROVE DUN CENTRO DE DÍA
▶️ Creen que grazas aos fondos europeos de Recuperación, Transformación e Resiliencia é posible que O Grove conte cun 🏠 Centro de Día e animan ao goberno a presentar unha proposta para optar á axuda.
🔻 O Grove, 25 de marzo de 2022.- Esquerda Unida, que segue considerando primordial a construción dun Centro de Día no Grove, cree que é posible contar con esta instalación grazas aos fondos europeos de Recuperación, Transformación e Resiliencia....
🗞️ Ler noticia completa
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2022/03/eu-insta-ao-goberno-facer-uso-dos.html?m=1

EU insta ao goberno a facer uso dos fondos europeos para dotar a O Grove dun Centro de Día
Creen que grazas aos fondos europeos de Recuperación, Transformación e Resiliencia é posible que O Grove conte cun Centro de Día e anima...
‼️ EU PRESENTA MOCIÓNS PARA SOLUCIONAR A SITUACIÓN DO SECTOR DO TRANSPORTE E DE APOIO Á AUTODETERMINACIÓN DO POBO SAHARAUÍ
🔻 No pleno do mes de marzo, o grupo municipal de Esquerda Unida someterá a debate unha moción para a adopción de medidas urxentes para solucionar a situación de incremento de custos do sector do 🚚 transporte de mercadorías por estradas. Así mesmo, os esquerdistas pedirán o apoio da corporación para unha resolución do conflito do 🇪🇭 Sáhara no marco do proceso de descolonización sustentado nas resolucións da ONU, incluíndo o dereito de autodeterminación do pobo saharauí mediante un referendo e de rexeitamento ao plan do Reino de Marrocos de autonomía para o Sáhara Occidental.
As dúas propostas trataranse no punto de mocións de urxencia no pleno que a corporación municipal celebrará este luns 28 a partir das 20.30 horas.
📝 Ver noticia e mocións
http://www.euogrove.es/2022/03/eu-presenta-mocions-para-solucionar.html

‼️ O GROVE QUEDA SEN VEHÍCULO DE GUINDASTRE E O GOBERNO CONTEMPLA PRIVATIZAR O SERVIZO.
🔻O pleno aprobou este luns a desafección de varios vehículos municipais co propósito de envialos ao desgüace. Entre eles atópase o vehículo que ata o de agora realizaba as funcións de guindastre, que pasará a mellor vida sen ser reposto por un novo vehículo, tal e como confirmou o Alcalde.
Como consecuencia, o Concello do Grove non contará con vehículo de guindastre e non prestará este servizo á veciñanza cando o precise. Cuestión que tampouco é que sorprenda moito, pois ata o de agora tampouco é que funcionara moito🤷🏽♀️
Así mesmo, o Alcalde tamén confirmou que de poñerse en marcha o Servizo de Guindastre, este sería a través dunha empresa privada, xustificando esta medida en base a unhas recomendacións da Unión Europea🇪🇺
O Alcade do Partido Socialista Obreiro Español prégase ás directrices europeas cando lle interesa e, neste caso, atendendo á privatización de servizos públicos, algo que non é de estrañar logo de ver como fixo o propio coa limpeza dos edificios municipais, o mantemento de parques infantís ou as pistas de padel. Así, o guindastre municipal no Concello do Grove estará en mans dunha empresa privada, aínda que o máis seguro e que nin sequera cheguemos a contalo, pois este Alcalde nunca creu na necesidade de por a disposición da veciñanza este servizo. Proba diso é que se comprometeu a poñelo en funcionamento no 2016 tras un acordo con nós nos orzamentos municipais e dende aquela nunca chegou a funcionar como tal.
Dende Esquerda Unida seguimos insistindo na necesidade da posta en marcha do servizo de Guindastre municipal con xestión pública, pois é un dereito da veciñanza recollido na ordenanza de vaos.

‼️ ESQUERDA UNIDA DENUNCIA QUE O CONSELLO LOCAL DE TURISMO VOLVE QUEDAR AO MARXE DO "PLAN DE SUSTENTABILIDADE TURÍSTICA EN DESTINO"
▶️ Os esquerdistas manifestan que tres semanas despois de presentalo ao sector turístico, o consello sectorial segue sen coñecer as liñas de actuación do proxecto que opta aos fondos europeos Next Generation.
▶️ A representante de EU, Susana Millán, recorda que xa o ano pasado se deixou fóra deste proxecto aos integrantes do CLT a pesar de que a memoria indicaba que colaboraran no mesmo. Piden que se convoque unha xuntanza para coñecer as liñas de actuación e poder participar no desenrolo do PSTD.
🔻 O Grove, 9 de abril de 2022.- O pasado 21 de marzo o Alcalde reuníase co sector turístico para informar da intención de volver presentar un proxecto co que captar fondos europeos Next Generation a través dun Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD). Unha xuntanza na que se expuxeron as liñas de actuación do proxecto e á que non foron convidados os membros do Consello Local de Turismo, segundo denuncia Esquerda Unida....
📰 Continuar lendo a noticia completa na web:
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2022/04/eu-denuncia-que-o-consello-local-de.html

EU denuncia que o Consello Local de Turismo volve quedar ao marxe do "Plan de Sustentabilidade Turística en Destino"
Os esquerdistas manifestan que tres semanas despois de presentalo ao sector turístico, o consello sectorial segue sen coñecer as liñas de ac...
‼ ESQUERDA UNIDA ALERTA QUE O GOBERNO NON FAI NADA PARA COMBATER A SOIDADE NON DESEXADA
▶ Os esquerdistas lamentan que dez meses despois de aprobarse unha moción presentada polo seu grupo municipal relativa á soidade non desexada, o goberno non executara ningún dos puntos de acordo. 🤷
▶ Instan ao goberno a elaborar o censo de persoas que viven soas e o Plan de Envellecemento Activo así como a adherirse á rede de Cidades Amigables coas Persoas Maiores e ao proxecto Cidades que Coidan. 👵🧓👴👳♀
🔻 O Grove, 19 de abril de 2022.- A agrupación local de Esquerda Unida lamenta que a día de hoxe, o goberno municipal non teña feito nada do aprobado na moción que o seu grupo municipal presentou en xuño de 2021 co propósito de combater a soidade non desexada.
....
💻Ler noticia complena na web:
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2022/04/eu-alerta-que-o-goberno-non-fai-nada.html

EU alerta que o goberno non fai nada para combater a soidade non desexada
Os esquerdistas lamentan que dez meses despois de aprobarse unha moción presentada polo seu grupo municipal relativa á soidade non des...
‼ O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DENUNCIA QUE NON LLE DEIXAN ACCEDER AO AUDITORIO
▶️ Os concelleiros de Esquerda Unida seguen agardando que lles respondan á solicitude realizada o día 6 de abril e lles permitan visitar o interior dun Auditorio que a día de hoxe segue pechado a pesar de que hai un mes que o Alcalde anunciou a recepción da obra.
🔻O Grove, 25 de abril de 2022.- Preto dun mes despois de que o Alcalde anunciase a recepción do Auditorio Escola de Música, o edificio segue pechado a cal e canto sen que ninguén coñeza os motivos. O que si se pode ver son obreiros no exterior do inmoble traballando na estrutura do ascensor, que a día de hoxe segue sen estar rematada. Unha situación que alertan dende Esquerda Unida ademais de denunciar que ao seu grupo municipal non lle dan acceso ao interior do inmoble a pesares de telo pedido formalmente por rexistro.
E é que o pasado 6 de abril, o voceiro do grupo municipal, José Antonio Otero, e a compañeira na corporación, Ana Cristina Domínguez, solicitaron por rexistro o acceso ao Auditorio Escola de Música para visitar o seu interior e as diferentes salas do edificio. A día de hoxe, 18 días despois, seguen sen ter contestación da administración local e, aínda que ese silencio administrativo lles outorga o dereito a acceder ao inmoble, non 🤷🤷♀️ saben a que departamento se teñen que dirixir para que lles abran as portas ou os acompañen para realizar a demandada visita.
Unha situación que chega a facer sospeitar aos esquerdistas que o Auditorio non esta listo para utilizar tal e como ten anunciado Cacabelos nas súas peculiares intervencións. Otero e Domínguez non entenden tal escurantismo entorno a un edificio municipal de tal envergadura e cal é o motivo polo que dende o día 6, que fixeron a solicitude, non recibiran resposta algunha á súa petición polo que instan ao goberno a non demorala máis e que lles indiquen o proceder para poder visitar o interior do Auditorio, xa que é un dereito que lles corresponde como concelleiros da corporación grovense.
💻 Noticia web:
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2022/04/o-grupo-municipal-de-eu-denuncia-que.html

O grupo municipal de EU denuncia que non lle deixan acceder ao Auditorio
Os concelleiros de Esquerda Unida seguen agardando que lles respondan á solicitude realizada o día 6 de abril e lles permitan visitar ...
🗓 AXENDA DE HOXE
📆 MARTES 26 DE ABRIL
🙋♂ O noso voceiro, José Antonio Otero, asistirá:
⏰ 20.15 horas. Comisión de Contas.
📍 Salón de Plenos da Casa do Concello.
⏰ 20.30 horas. Comisión de Informativa Xeral.

‼️ As mentiras do SERGAS, da XUNTA e, en definitiva, de Feijóo e do PP. 🤥
🔻O pasado 18 de febreiro os voceiros dos grupos municipais acudiamos a Pontevedra, acompañados da veciñanza, para pedir solucións para o noso 🏥 Centro de Saúde. A realidade é que non sacamos nada en limpo pero, cando menos, dende a Xerencia indicábasenos que as 2️⃣ DÚAS prazas vacantes do Grove serían cubertas coa Oferta Pública de Emprego que o Sergas ía sacar nos seguintes meses.
Pois ben, o pasado xoves o DOG publicou a OPE para a Atención Primaria e, a sorpresa é que só se oferta 1️⃣ UNHA praza para O Grove. 😡
Isto non soluciona nada e namentres, a veciñanza seguimos padecendo a falta de 👨🏻⚕️🧑🏻⚕️ persoal facultativo no Centro de Saúde do Grove, provocando que non teñamos citas en semanas ou a anulación das mesmas sen previo aviso.
Todo isto non é casualidade, se non froito de directrices políticas emanadas do PP e do seu presidente Alberto Núñez Feijóo.
#AtenciónPrimariaDeCalidade #SoluciónsCentroSaúdeOGrove

📆 SÁBADO 30 DE ABRIL
🙋♂️ Os nosos concelleiros, José Antonio Otero e Ana Cristina Domínguez, e membros da agrupación local de Esquerda Unida asistirán:
⏰ A partir das 11.30 horas. Actos de homenaxe a Xaquín Álvarez Corbacho.
📍 Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.
⏰ 17.00 horas. Acto de decuberta da placa nomeamento do Monte Central Xaquín Álvarez Corbacho.
📍 Monte Central da Toxa.

📆 DOMINGO 1 DE MAIO
🙋♂️ Os nosos voceiro, José Antonio Otero, e membros da agrupación local de Esquerda Unida asistirán:
⏰ 12.30 horas. Manifestación comarcal 1° de Maio de CCOO e UGT
📍 Saída da Praza de Ravella (Vilagarcía)

‼️ ESQUERDA UNIDA PEDIRÁ AO CONSELLO LOCAL DA IGUALDADE QUE SE IMPLIQUE NA DETECCIÓN DOS PUNTOS ⚫ ESCUROS DO GROVE
▶️ Ana Cristina Domínguez proporá ao CLI que traballe na elaboración dun informe que inste ao goberno a 💡 iluminar as zonas que poidan resultar intimidatorias para as mulleres que fan eses 🚶🏻♀️percorridos soas.
🔻 O Grove, 02 de maio de 2022.- En maio de 2018, o pleno aprobou unha serie de medidas de prevención para as mulleres, entre elas a eliminación de puntos ⚫ negros/escuros no Concello do Grove. Iso é, 💡 iluminar as rúas, camiños e lugares frecuentados pola veciñanza que, ao carecer dunha boa iluminación, fanse perigosos ou intimidatorios para os viandantes, sobre todo os do xénero feminino.
Pois ben, segundo indican dende Esquerda Unida, a pesares de ter reclamado o cumprimento dese punto en numerosas ocasións e de pedir a iluminación de sitios concretos en diferentes plenos, o goberno non fixo nada dende aquela. "No Grove existen moitos espazos que, por unhas razóns ou outras, non se atopan iluminadas. Rúas, camiños, curruchos,.. Traxectos polos que a diario transitan mulleres, ben sexa para ir traballar, aos recados ou simplemente para pasear. Percorridos que en ocasións provocan que esas mulleres o realicen con medo debido á falta de iluminación", indica a responsable da Área de Muller, Ana Cristina Domínguez.
É por iso que, cansos de pedilo en pleno, a esquerdista, levará o tema ao Consello Local da Igualdade de mañá martes, procurando a implicación do órgano sectorial na detección deses puntos e co resultado, elaborar un informe que inste ao goberno municipal a poñer fin a esa escuridade na rúa dando así unha maior seguridade para as mulleres do Grove.
Noticia web
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2022/05/eu-pedira-ao-consello-local-da.html?m=1

EU pedirá ao Consello Local da Igualdade que se implique na detección dos puntos escuros do Grove
Ana Cristina Domínguez proporá ao CLI que traballe na elaboración dun informe que inste ao goberno a iluminar as zonas que poidan result...