‼️ ESQUERDA UNIDA PEDIRÁ AO CONSELLO LOCAL DA IGUALDADE QUE SE IMPLIQUE NA DETECCIÓN DOS PUNTOS ⚫ ESCUROS DO GROVE
▶️ Ana Cristina Domínguez proporá ao CLI que traballe na elaboración dun informe que inste ao goberno a 💡 iluminar as zonas que poidan resultar intimidatorias para as mulleres que fan eses 🚶🏻♀️percorridos soas.
🔻 O Grove, 02 de maio de 2022.- En maio de 2018, o pleno aprobou unha serie de medidas de prevención para as mulleres, entre elas a eliminación de puntos ⚫ negros/escuros no Concello do Grove. Iso é, 💡 iluminar as rúas, camiños e lugares frecuentados pola veciñanza que, ao carecer dunha boa iluminación, fanse perigosos ou intimidatorios para os viandantes, sobre todo os do xénero feminino.
Pois ben, segundo indican dende Esquerda Unida, a pesares de ter reclamado o cumprimento dese punto en numerosas ocasións e de pedir a iluminación de sitios concretos en diferentes plenos, o goberno non fixo nada dende aquela. "No Grove existen moitos espazos que, por unhas razóns ou outras, non se atopan iluminadas. Rúas, camiños, curruchos,.. Traxectos polos que a diario transitan mulleres, ben sexa para ir traballar, aos recados ou simplemente para pasear. Percorridos que en ocasións provocan que esas mulleres o realicen con medo debido á falta de iluminación", indica a responsable da Área de Muller, Ana Cristina Domínguez.
É por iso que, cansos de pedilo en pleno, a esquerdista, levará o tema ao Consello Local da Igualdade de mañá martes, procurando a implicación do órgano sectorial na detección deses puntos e co resultado, elaborar un informe que inste ao goberno municipal a poñer fin a esa escuridade na rúa dando así unha maior seguridade para as mulleres do Grove.
Noticia web
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2022/05/eu-pedira-ao-consello-local-da.html?m=1

www.euogrove.es
EU pedirá ao Consello Local da Igualdade que se implique na detección dos puntos escuros do Grove
Ana Cristina Domínguez proporá ao CLI que traballe na elaboración dun informe que inste ao goberno a iluminar as zonas que poidan result...
‼️ Mañá estaremos diante do concello 💪💪 apoiando ás familias grovenses que, ano tras ano, quedan en lista de agarda pola falta de prazas na Escola Infantil de Rons.
A ampliación da Galiña Azul e/ou a construción dunha escola nova ven xustificada dende hai anos debido á necesidade cada vez maior das familias para conciliar.
Unha situación que se agravou o pasado curso tralo peche da escola concertada das Monxas. A sabendas desta problemática, dende as administracións non se fixo nada e cada curso son máis as familias que teñen que procurar alternativas fóra do concello ou resignarse.
O Grove é un dos poucos concellos que dende hai máis de dez anos xustifica a apertura da escola os 12 meses do ano (o resto pechan no mes de agosto) e aínda así é preciso realizar esa xustificación todos os anos. Iso é indicativo da necesidade deste servizo no noso concello e as 25 prazas en lista de agarda demostran que é precisa unha solución urxente.
En xullo do pasado ano aprobouse por unanimidade unha moción nosa na que pediamos solucións. Case un ano despois seguimos igual ou peor.
As familias queren solucións e dende Esquerda Unida apoiamos esta demanda, polo que animamos a toda a veciñanza a acudir mañá ás portas do Concello ás 12 do mediodía.

O vindeiro sábado 14 de maio levarase adiante unha consulta popular en toda España para que a cidadanía poida manifestar a súa preferencia con respecto ao modelo de estado: monarquía ou república.
Dende Esquerda Unida apoiamos esta iniciativa e participaremos na mesa de votación que se situará este sábado na rúa Castelao (fronte a antiga Caixanova) de 10 a 15 horas

🏛️ No Día Internacional dos Museos queremos desexarvos un día cheo de sabiduría e cultura!
Dende EU apostamos pola conservación do noso patrimonio e apostamos por este tipo de infraestructuras que dan a coñecer a nosa historia, contribúen a manter viva a nosa cultura e reforzan a nosa identidade como pobo.

‼ EU DENUNCIA QUE A OFICINA DE TURISMO SE ATOPA PECHADA AO PÚBLICO
▶ Os esquerdistas alertan que esta situación, tal e como recolle a Lei de Turismo da Xunta de Galicia, pode causar a perda da condición de Municipio Turístico despois de 22 anos.
▶ Acusan ao goberno local de desidia na área de turismo e piden que se poñan as pilas e abran a Oficina de Turismo durante todo o ano, que contraten o Técnico/a de Turismo e que convoque o Consello Local de Turismo para traballar de forma conxunta nunha planificación turística anual.
🔻 O Grove, 11 de xuño de 2022.- Calquera persoa que nestas semanas se achegase ata O Grove para visitar a súa contorna e precisase de calquera tipo de información turística, marchou igual que chegou, pois o único que puideron e poden atopar ao chegar á Oficina de Turismo municipal é a porta pechada e un cartel no que se indica que “Esta oficina permanecerá pechada ata novo aviso”.
Unha situación que denuncian dende a agrupación local de Esquerda Unida, pois non entenden que “un concello como O Grove, que ostenta a condición de Municipio Turístico dende hai 22 anos teña a súa Oficina de Turismo pechada ao público.” Así, os esquerdistas alertan de que “ter pechada a oficina pode supoñer a perda desta condición”, pois a Lei 7/2011 do 27 de outubro do Turismo de Galicia no seu punto E do artigo 28 indica que unha das condicións mínimas para ser declarado Municipio Turístico é a de prestar a atención e orientación aos usuarios e usuarias turísticas mediante unha oficina de información que ten que estar aberta todo o ano, “cuestión que claramente no Grove non se cumpre”, apuntan dende Esquerda Unida que fan referencia ao punto C do artigo 30 onde se indica que o incumprimento dos servizos mínimos é un dos motivos para perder a condición de Municipio Turístico.
Do mesmo modo, dende Esquerda Unida denuncian tamen....
Continuar lendo noticia web
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2022/06/eu-denuncia-que-oficina-de-turismo-se.html

EU denuncia que a Oficina de Turismo se atopa pechada ao público
Os esquerdistas alertan que esta situación, tal e como recolle a Lei de Turismo da Xunta de Galicia, pode causar a perda da condición de...
‼ Abrimos unha nova vía de comunicación co noso grupo municipal e a nosa organización.
🗣 Se queres dirixirte aos nosos concelleiros, José Antonio Otero e Ana Cristina Domínguez, facernos chegar propostas ou participar e colaborar con nós, podes facelo a través do Whatsapp ou Telegram no teléfono 📲 622 308 572. Darémosche resposta o máis axiña posible.

🗓 AXENDA DE HOXE
📆 XOVES 16 DE XUÑO
🙋♂️ Os nosos concelleiros José Antonio Otero e Ana Cristina Domínguez asistirán:
⏰ 20.00 horas. Presentación e proxección do documental "Ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulla, vivencias. A orixe do Camiño de Santiago.
📍 Teatro Principal (Santiago de Compostela)

📆 LUNS 27 DE XUÑO
🙋♂️ O noso voceiro José Antonio Otero asistirá:
⏰ 20.00 horas. Xuntanza de voceiros co Concelleiro de Seguridade Cidadá para tratar ás ordenanzas de VMP (patinetes eléctricos) e de Autocaravanas.
📍 Sala das Cunchas da Casa do Concello

📆 MÉRCORES 29 DE XUÑO
🙋♂️ O noso voceiro, José Antonio Otero, asistirá:
⏰ 20.30 horas. Comisión Informativa Xeral.
📍 Salón de Plenos da Casa do Concello.

‼️ EU DENUNCIA A SITUACIÓN DO CENTRO DE SAÚDE E SÚMASE ÁS PROTESTAS
📣 Dende Esquerda Unida sumámonos á concentración que o BNG convocou para o vindeiro luns ás 12 do mediodía á porta do Centro de Saúde en protesta pola situación que se está a vivir coa nosa atención primaria.
😡 Nos últimos meses estamos vivindo unha grave precariedade en canto a servicios de atención no noso Centro de Saúde. A falta continua de facultativos tanto no servizo de atención primaria como do PAC está a provocar longas demoras á hora de acadar unha cita, a anulación das xa concertadas, a derivación da atención a outros centros da contorna ou ao Hospital Provincial e, o que é peor, a necesidade de acudir a centros privados para lograr solucións.
Esta situación agravouse nestes últimos días, no que o Centro de Saúde do Grove pasou a contar con un único facultativo que só atendía urxencias. De continuar esta condición, a gravidade verase acentuada debido ao aumento poboacional derivado do comezo da época estival.
🤦♀️🤦♂️Lamentamos as verbas do xerente da EOXI do pasado martes, que en lugar de procurar solucións limitouse a indicar que non se cubrirán as vacacións dos facultativos e que a atención estaría garantida, cuestión que como se demostra no Centro de Saúde do Grove é totalmente mentira. Dende Esquerda Unida solicitamos a dimisión do xerente e do seu equipo ao fronte da área sanitaria Pontevedra-Salnés, pois quedou demostrado que no lugar de resolver os problemas que se veñen sucedendo, estes estanse a agravar cada vez máis.
💪É preciso saír á rúa para parar as políticas que están a acabar coa atención primaria en particular, e coa sanidade pública en xeral. Desde Esquerda Unida seguimos apostando por unha resposta conxunta de toda a corporación municipal e a poboación en xeral ante esta situación de deterioro do servizo no noso centro de saúde.
Neste senso, apreciamos unha falta de interese por parte do goberno municipal á hora de procurar estas accións conxuntas. É por iso polo que xa solicitamos unha xuntanza de voceiros, na que proporemos a petición formal da corporación municipal para solicitar a dimisión da dirección da EOXI de Pontevedra/Salnés e do Conselleiro de Sanidade.
🗣 Así mesmo facemos un chamamento á participación de toda a veciñanza na concentración do vindeiro luns ás 12 do medio día diante do Centro de Saúde do Monte da Vila.

‼ Deixámosvos os rogos e preguntas realizados polo noso grupo municipal no pleno ordinario de xuño que tivo lugar o pasado martes 5 de xullo.
▶️ ROGOS E PREGUNTAS
🔻 Preguntamos en que situación se atopa o proxecto de substitución da tubaxe de auga potable na estrada de Meloxo, pois seguen a producirse roturas que provocan que a veciñanza quede desabastecida. En novembro aprobárase unha partida para a redación do proxecto e no primeiro trimestre do ano o goberno indicou que estaban asinando un convenio coa Deputación para realizar esa substitución e o arranxo de toda a estrada.
🔻 Recibido o proxecto de reforma da rúa Escura,preguntamos o motivo polo que non se executou, pois o proxecto é de xuño de 2020 (hai dous anos) e tiña un custo de 140.790,92 € (orzamento que se verá incrementado pola elevada subida de prezos).
🔻 Pedimos que se procedera a instalar as lousas que se atopan amontoadas no varadoiro de Lordelo. Levan máis dun ano nesa situación e pode resultar un perigo para as veciñas e veciños do barrio, pois moitos aproveitan nesta época para bañarse nesa zona.
🔻 Sendo coñecedores de que en pouco tempo se procederá a arranxar o asfaltado do paseo de Lordelo, solicitamos que se aproveite para habilitar zonas de acceso ao paseo para as cadeiras de rodas e carros de bebé, pois os existentes non coinciden coas zonas de tránsito da veciñanza.
🔻 Preguntamos se xa se colocaron os elementos de seguridade nos baños do edificio que acolle Vellos Tempos no Monte da Vila, pois varias usuarias nos indicaron que seguían sen instalar.
🔻 Preguntamos se xa se realizara o estudo entre a veciñanza para determinar a necesidade de poñer en funcionamento o servizo de Vellos Tempos na quenda de mañá e tamén ofrecer o servizo de comedor.
🔻 Preguntamos os motivos polo que o Local Social de Reboredo segue pechado, pois o goberno anunciou a súa apertura en febreiro e logo en maio.
🔻 Preguntamos cando se vai convocar o Consello Local de Turismo. Xa que non se reuniu para tratar a axuda europea nin para programar o verán, cando menos poder traballar sobre a Festa do Marisco, para a cal o noso grupo xa ten presentado propostas en anos anteriores.
🔻 Preguntamos o motivo polo que se colocou o “Banco Peregrino” no Corgo, en lugar de en calquera espazo da ruta do Padre Sarmiento.
🔻 Preguntamos o motivo polo que na presentación do documental “Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla”, que tivo lugar en Santiago de Compostela, non asistiu ningunha representación do goberno. Tan só asistimos os concelleiros e concelleiras de Esquerda Unida e BNG.
🔻 Pedimos que se actuara nas fontes e lavadoiros do noso concello, pois ademais de elementos patrimoniais tamén é un atractivo turístico e a maioría están nun grave estado de abandono.
🔻 Mostramos a nosa ledicia polos traballos que se están levando a cabo en Adro Vello e preguntamos ao goberno municipal cal é o grado de participación que ten o Concello nesta actuación da Xunta de Galicia.
🔻 Preguntamos se se está a traballar nunha mellor xestión das entradas dos espectáculos que se desenvolven no Auditorio, pois o pago en man na Casa da Cultura non é o mellor método, máxime cando no Concello non se permite pagar ningunha taxa ou imposto deste modo, ademais de supoñer un prexuízo para as persoas de fóra do Grove, que teñen que acudir dúas veces para ver unha actuación.
🔻 Preguntamos cando vai abrir o período de pre-inscrición para o Punto de Atención á Infancia, que presuntamente se vai por en marcha para suplir a carencia de prazas na Escola Infantil de Rons. O pasado día 10 de xuño, nunha reunión coas nais e pais que quedaron sen praza na Galiña Azul, o Alcalde prometeu que abriría o prazo en dez días, e vai case un mes.
🔻 Tendo en conta que a obra de humanización do último tramo da rúa Alexandre Bóveda vai comezar en breve, preguntamos cando vai ter lugar a xuntanza coa veciñanza afectada, tal e como se comprometeu o Alcalde.
🔻 Preguntamos cando terá lugar a licitación da Escola de Música, pois a concesión actual rematou hai tempo.

🔻 Tamén preguntamos sobre a licitación do servizo de Axuda no Fogar, pois neste caso a concesión rematou hai dous anos.
🔻 Pedimos que se convoque unha xuntanza de voceiros para tratar a situación do Centro de Saúde e traballar accións conxuntas para procurar solucións. Así mesmo puxemos enriba da mesa a solicitude de dimisión da Xerencia da EOXI Pontevedra-Salnés e do Conselleiro de Sanidade por levarnos a esta situación.
https://www.facebook.com/100064802735789/posts/409830171187071/

📆 MÉRCORES 13 DE XULLO
🙋♂️ O noso voceiro José Antonio Otero asistirá:
⏰ 21.00 horas. Xuntanza de voceiros para abordar a situación do Centro de Saúde do Grove
📍Casa do Concello

‼️ A mediados de setembro comezarán as primarias de Esquerda Unida para 🗳️ escoller as 🙋🏻♀️ candidatas e 🙋🏻♂️ candidatos de cara ás municipais 2023.
🔻Ademais das afiliadas de EU, neste proceso poden participar todas as persoas que o desexen e figuren 🧾censadas como simpatizantes.
🔻Se queres participar neste proceso tes que 📝anotarte como SIMPATIZANTE antes do vindeiro mércores día 3️⃣ de agosto.
🗣️ Anótate
👇👇👇
https://militancia.izquierdaunida.org/alta_simpatizante