Actualidade EU O Grove
31 subscribers
464 photos
2 videos
15 files
435 links
Toda a información da actividade da agrupación local e do Grupo Municial de Esquerda Unida O Grove
Download Telegram
Esta tarde estaremos en Sanxenxo. Nin reis nin corruptos.!
Trasladamos as nova publicadas nos medios de comunicación na última semana:
🔻 O noso candidato á alcaldía, José Antonio Otero González estivo no debate de Costrastes do Canal Rías Baixas
Podes velo aquí
👇👇👇
https://youtu.be/_mlxh6kI0bg
Esta noite comeza a campaña electoral das municipais. O noso candidato e as mulleres e homes que forman a candidatura de Esquerda Unida estarán as 00 horas no Corgo, ao carón do xulgado, na tradicional pegada de carteis.
Arrancamos a Campaña electoral. Temos por diante quince días nos que conversaremos coas veciñas e veciños para trasladar o noso programa de goberno e, sobre todo, seguir recollendo as súas peticións.
Presentámonos como única alternativa de goberno e agardamos contar co apoio da veciñanza o vindeiro 28 de maio.
Vota José Antonio Otero González
Vota Esquerda Unida
COIDAMOS O GROVE, PARA UNHA VIDA MELLOR
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
🔻 No debate de Canal Rías Baixas, o Alcalde volveu pronunciarse sobre o CENTRO DE DÍA que nunca chegou a construír. Deixou claro que non ten intención de facelo e defendeu o da inciativa privada. Non opinaba igual hai 4 anos.

🔻 Así se pronunciaba o candidato do PSOE nas eleccións 2019 cando falabamos dese CENTRO DE DÍA. Daquela fumos quen de dicirlle que NÓS SI QUE DUBIDABAMOS que o actual mandatario realizase esa obra.

🔻O tempo dounos a razón, pois primeiro retirou os 900.000€ que estaban reservados para ese fin e agora xa non se esconde en dicir que non é preciso e que aposta polo PRIVADO.

🤷 É moi doado gobernar así.
📃 Segundo o INE, a 1 de xaneiro, O Grove conta con 2.400 mulleres e homes de máis de 70 anos e estamos camiñando cara unha sociedade cada vez máis envellecida.

🔻 NÓS seguimos apostando por un CENTRO DE DÍA PÚBLICO.

#Coidados #Prioridades #euogrove #programa #municipais2023 #coidamosogrove #paraunhavidamellor
**AXENDA ELECTORAL**
Mañá Sábado, a nosa candidatura estará na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder conversando coas veciñas e veciños de San Vicente.
Unhas horas antes, percorreremos as rúas da zona para entregar o noso programa.
📅 AXENDA ELECTORAL 🗣
🔻 Este luns día 15, a nosa candidatura estará no local social da AAVV do Sineiro conversando coas veciñas e veciños do barrio.
📕 Unhas horas antes, percorreremos as rúas da zona para entregar o noso programa.

#coidamosogrove #votaeuogrove #sineiro #charlacoloquioeu #ailusióndocambio #osbarriosimportan
‼️ Os servizos públicos dentro das prioridades de Esquerda Unida para un goberno con José Antonio Otero como Alcalde.

Esquerda Unida lanza as súas propostas de medidas de cara á mellorar e potenciar os servizos públicos municipais.

O candidato á alcaldía, José Antonio Otero, indica que “fronte as políticas de privatización que estivo aplicando o goberno de Cacabelos nestes 8 anos de mandato, dende Esquerda Unida apostamos firmemente por uns servizos públicos e de calidade”. O esquerdista asegura que son a única formación que pode garantir que os servizos municipais se presten de forma directa e acusa aos partidos que se denominan de “esquerdas” de privatizar servizos ou non facer nada para remunicipalizar os externalizados cando chegan ao goberno, “da dereita non nos esperamos nada, pois xa sabemos cales son as súas políticas en defensa do privado por riba do público, pero parécenos incrible que partidos que se consideran de esquerdas, externalicen servizos e queiran xustificar estas actuacións como mellora para a cidadanía”.

Así, dende Esquerda Unida fan unha forte aposta polos servizos públicos municipais e dentro do seu programa levan diferentes medidas para poñer en marcha nun goberno no que o seu candidato, José Antonio Otero, sexa o Alcalde.

▶️ Medidas:
🔻 Compromiso público de non volver a licitar nin sacar a concurso servizos públicos que poidan ser prestados de forma directa.
🔻 Estudo do custo da municipalización dos servizos públicos externalizados e prestados por empresas privadas co propósito de xestionalos de forma directa na maior brevidade posible.
✔️ Servizo de limpeza de instalacións municipais.
✔️ Mantemento dos Parques Infantís.
✔️ Servizo de Axuda no Fogar
✔️ Atención das pistas de pádel.
🔻 Creación dunha Empresa Pública de Servizos.
🔻 Posta en marcha do servizo de guindastre municipal.
🔻 Posta en marcha dun servizo de transporte urbano que cubra o arredores do casco urbano e a zona do rural.
🔻 Preparar procesos de consolidación interna do cadro de persoal de procesos de municipalización realizados, garantindo a máxima obxectividade ese igualdade de oportunidades no proceso de acceso.
🔻 Non contratar con ningunha empresa incluída no rexistro de empresas sancionadas en materia de Prevención de Riscos Laborais.
🔻 Fomento e apoio ás fórmulas de participación da economía social ou asociacións de interese social, como son as do ámbito da discapacidade, na xestión de servizos.
🔻 Fomentar e apoiar fórmulas de xestión a través de cooperativas.
🗣Garantir a conciliación familiar e a protección da infancia, metas dun goberno de Esquerda Unida

Esquerda Unida lanza as súas propostas de medidas de cara a mellorar a conciliación e protexer a infancia.

▶️ Medidas:
🔻Escola Infantil de Rons. Desbloquear o expediente de desafectación dos terreos de Rons para esixir á Xunta de Galicia a ampliación da Galiña Azul, co propósito de garantir o maior número de prazas de 0-3 anos. Así mesmo, esixir a apertura permanente da escola no mes de agosto, sen necesidade de xustificalo anualmente.
🔻Garantir, como mínimo, a conciliación nas épocas vacacionais (Semana Santa, Verán e Nadal) con campamentos e/ou espazos de ocio e procurar ampliar a oferta a días e horarios non lectivos (festividades escolares, tardes, fins de semana).
🔻Proxecto “Camiños Escolares Seguros”. Seguimento do funcionamento dos mesmos para garantir o seu correcto funcionamento e ampliar as rutas.
🔻Parques Infantís. Arranxo e mantemento dos parques, ampliar os espazos con elementos de xogo adaptados a todas as idades e crear novos espazos nos barrios que carecen deles. Analizar a posibilidade de crear parques cubertos para o desfrute dos mesmos durante todo o ano.
🔻Programación de actividades conmemorativas municipais: Os dereitos da Infancia, Día da Paz, Día da Muller, Día do Libro, Día da Familia,…
🔻Deseñar os espazos infantís coparticipados polas nenas e os nenos.
🔻Traballar para lograr o recoñecemento de Cidade Amiga da Infancia (UNICEF)
🔻Unirse ao proxecto APEGO. Un concello que fomenta e mellora a transmisión do galego como lingua inicial.
🔻Realizar charlas de formación para pais e nais sobre a educación dos seus fillos e fillas.
🔻Realizar políticas para fomentar un concello igualitario desde a infancia.
🔻Procurar comedores escolares e plan madruga en todos os centros educativos con axudas a familias en risco. Fomentar nos mesmos o consumo de alimentos procedentes de agricultura ecolóxica e do comercio xusto.
🔻Peches temporais de determinadas rúas ao tráfico (días festivos por exemplo) para o desfrute da cidadanía e, en particular de nenos, nenas e adolescentes.
🔻Procura dunha mellora nas axudas para os libros e material escolar.
🔻Procura dun aumento das axudas por nacemento de fillos/as.

👉 Programa completo en: http://locais2023.euogrove.es
#programaeuogrove #conciliación #Infancia #coidamosogrove #Municipais2023 #ailusióndocambio #votaesquedaunida
🗣 Unha maior potenciación da cultura local e a mellora das instalacións municipais, dentro dos plans de Esquerda Unida.

Esquerda Unida lanza as súas propostas de medidas no eido culutral.

▶️ Medidas:
🔻 Poñer en marcha o Consello Local da Cultura que teña entre as súas funcións a elaboración dun Plan Municipal de Cultura de maneira participativa.
🔻 Planificar unha adecuada difusión das actividades culturais.
🔻 Procura dun incremento gradual das subvencións municipais ás asociacións culturais.
🔻 Dinamización das instalacións culturais (actividades, mellores horarios,...) e mellora dos medios materiais que o concello facilita ás asociacións (palcos, equipo de son...). Dotar de persoal o Auditorio municipal
🔻 Mantemento e mellora das instalacións culturais. Reforma integral da Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder (San Vicente).
🔻 Dinamizar e impulsar o Entroido grovense coa intención de conseguir a declaración de Ben de Interese Turístico Galego. Mellorar as diferentes actividades desenvolvidas neses días (xoves Compadres e Comadres e outras ceas, Festival de Comparsas, Festivais Infantís, Desfile do Martes, Entroido de San Vicente, Enterro da Sardiña, Queima do Vimbio...).
🔻 Impulsar anualmente unha semana/mes cultural (actividades, concertos, monólogos, cine, xogos...) implicando a todas as asociacións do Grove a desenvolver en diferentes rúas e barrios
🔻 Potenciar o Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey, impulsar a súa figura e traballar para lograr que se lle dedique o Día das Letras Galegas.
🔻 Potenciar o Premio de pintura Ernesto Goday de pintura e impulsar novos certames.
🔻 Promover e potenciar as festas tradicionais galegas; Festa dos Maios, Samaín, Magosto...
🔻 Dotar ás bibliotecas con todas as publicacións referentes a O Grove así como publicacións de escritores ou editoriais locais e adecuar os horarios ás necesidades dos usuarios (estudantes).
🔻 Habilitar espazos municipais para o ensaio de grupos e bandas musicais do concello.
🔻 Promover certames de teatro afeccionado e teatro na rúa exclusivamente en galego.
🔻 Impulsar ciclos de cinefórum e cine en galego na rúa.
🔻 Impulsar a pintura ao aire libre e a arte mural.
🔻 Promover e apoiar economicamente os intercambios culturais nacionais, estatais e internacionais entre asociacións.
🔻 Organizar/promover feiras de Culturas e artesanías; nacional, estatal, internacional.
🔻 Organizar certames de narrativa e poesía en galego para novos autores e promover encontros de escritores e poetas en galego.
🔻 Incluír O Grove dentro da rede de feiras do libro da Xunta de Galicia e promover, así mesmo, feiras de libros de segunda man.
🔻 Impulsar e promover campionatos de xogos tradicionais e populares.
🔻 Crear un programa de axudas/subvencións a colectivos e asociacións que promovan e usen o galego na súas actividades, actuacións...
🔻 Promover e potenciar os encontros e regatas de dornas.
🔻 Apoio á creación artística local, mediante subvencións, premios, publicacións,...
🔻 Compromiso firme e real na defensa e promoción da lingua galega e impulsar o seu uso con campañas efectivas.
🔻 Organizar charlas coloquio de diferentes temáticas.

👉 Programa completo en: http://locais2023.euogrove.es

#programaeuogrove #cultura #coidamosogrove #Municipais2023 #ailusióndocambio #votaesquedaunida