Actualidade EU O Grove
31 subscribers
464 photos
2 videos
15 files
435 links
Toda a información da actividade da agrupación local e do Grupo Municial de Esquerda Unida O Grove
Download Telegram
Axenda de mañá dxs concelleirxs:
🗓 Sábado 15 de xuño.
🙋🏻‍♂️🙋🏻🙋🏻‍♂️ José A. Otero, Susana Millán e Anxo Meis asistirán:
🔻 Presentación Festival Son do Mar.
⏰ 12.00 horas.
📍 El Patio.
‼️🗣 Esquerda Unida denuncia a inacción do goberno cos fondos europeos

🔻 O grupo municipal Esquerda Unida advirte que, tras un ano dende a autorización para a execución dos 2.000.000 de euros do PSTD A Gastromeca, o Concello do Grove aínda non investiu nada debido á falta de contratación dunha consultora. Esta demora ameaza a execución do proxecto e podería obrigar ao Concello a devolver os fondos, xunto cos intereses, afectando negativamente á economía local.

🔻 Piden a convocatoria do Consello Local de Turismo para que o Alcalde explique os motivos do atraso na contratación da consultora e o impacto desta demora no PSTD. O grupo reafirma o seu compromiso coa transparencia e responsabilidade na xestión dos recursos públicos, vixiando a evolución deste tema para asegurar o uso eficaz dos fondos europeos... 👉

👉📰 Continuar lendo a noticia na web
🔗 https://www.euogrove.es/2024/06/esquerda-unida-denuncia-inaccion-do.html
👍2
👏 Moitos parabéns ao equipo Infantil do Union SD polo 🏆 título de liga e o ascenso. Agardamos que continúen os éxitos do club.

🔻 O Grupo Municipal de Esquerda Unida compartimos con eles o éxitos dos resultado acadados e aproveitamos para trasladarlles o noso recoñecemento xa que non puidemos acudir a recepción porque fumos avisados con tres horas de antelación e tiñamos outro compromiso.

#DeporteMeco
👏 Esta tarde, O Grupo Municipal de Esquerda Unida tivemos a oportunidade de trasladar ao equipo alevín 5 do Rasoeriro BM o nosos recoñecemento e felicitacións polo 🏆 título de liga galega.
Compartimos con eles os éxitos acadados e agardamos que continúen os bos resultados para o club.
#DeporteMeco
👍2
‼‼👉 Compartimos as preguntas e os requirimentos formulados no último pleno ordinario, correspondente ao mes de maio (celebrado o 3 de xuño).
👇👇👇
https://www.facebook.com/share/p/AChMJ6siJY8za5N6/https://www.facebook.com/share/p/AChMJ6siJY8za5N6/
‼️‼️🗣 No pleno do pasado 3 de xuño aprobáronse diversas actuacións municipais a executar neste 2024, todas elas financiadas con 2.457.250,48 € correspondentes ao Remanente de Tesourería do 2023.

👉 Dentro destas actuacións están as propostas por Esquerda Unida trala negociación co goberno:
🔻 220.000 € para a compra dun terreo en Entrehortas que permitirá a ampliación do estacionamento e a creación dunha estrada interior, evitando o tráfico pola rúa Entrehortas que será humanizada.
🔻 100.000 € para asfaltado e outras melloras na rúa Hortos.
🔻 100.000 € para continuar a humanización do Sineiro, concretamente na rúa Rioxa, sumándose á actuación programada polo goberno na rúa Navarra.
🔻 22.500 € para a adecuación do solo do perímetro exterior do parque de Terra de Porto, así como outras melloras na zona.
🔻 15.000 € para o cambio de fiestras, arranxo de humidades e pintado do salón de actos da Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder (San Vicente).
🔻 15.000 € para a adecuación da zona diante das pistas de pádel, mellorando e ampliando as prazas de estacionamento.
🔻 6.000 € para a adecuación dunha pista coa finalidade de crear zonas de estacionamento e mellorar a circulación na praia das Pipas.
🔻 5.000 € para ampliar os elementos de xogo no parque de Confín.
🔻 3.000 € para instalar mesas e bancos na parte alta do Monte Central, habilitando unha zona de merendeiro.

👉 Ademais das nosas propostas, tamén se inclúen outros investimentos en ámbitos nos que Esquerda Unida levamos tempo incidindo ou que temos incluído no noso programa electoral:
✅ Humanizacións e diferentes acondicionamentos de barrios, estradas e espazos públicos.
✅ Melloras en diferentes servizos municipais.
✅ Melloras en instalacións deportivas.
✅ Melloras en instalacións culturais.
✅ Melloras en servizos sociais e terceira idade.

▶️ Todas estas actuacións teñen que estar executadas no 2024, polo que estaremos vixiantes para que así sexa.
👇👇👇
https://www.facebook.com/share/p/vJdsSLfuMgv6WGHn/
Axenda de HOXE dxs concelleirxs:
🗓 Venres 21 de xuño.
🙋🏻‍♂️ José A. Otero asistirá:
🔻 Xuntanza grupos municipais co concelleiro de Seguridade para trarar a Ordenanza de Patinetes.
⏰ 19.30 horas.
📍 Sala de Xuntas da Casa do Concello.
Axenda de mañá dxs concelleirxs:
🗓 Martes 25 de xuño.
🙋🏻‍♂️🙋🏻‍♀️ José A. Otero e Susana Millán asistirán:
🔻 Comisión Informativa Xeral.
⏰ 20.30 horas.
📍 Sala de Xuntas da Casa do Concello.
‼️‼️🗣 Esquerda Unida pide enarborar a bandeira LGTBIQA+ o 28X e aplicar medidas contra a discriminación

🔻 EU, expresa a súa profunda preocupación pola proximidade do Día do Orgullo LGTBIQA+ e a falta de medidas visibles por parte do Concello do Grove para conmemorar esta importante data.

🔻 Piden que este 28 de xullo se coloque a bandeira do arco da vella, insignia da diversidade, nos edificios municipais e se apliquen diferentes medidas a nivel municipal para a promoción dunha sociedade máis xusta, igualitaria e respectuosa...

📰 Continuar lendo na web
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2024/06/eu-pide-enarborar-bandeira-lgtbiqa-o.html
Axenda de hoxe dxs concelleirxs:
🗓 Xoves 27 de xuño.

🙋🏻‍♂️José A. Otero asistirá:
🔻 Plenos da Mancomunidade do Salnés.
⏰ 19.50 horas.
⏰ 20.00 horas.
📍 Salón de actos Pitusa Vidal Cabanillas (Cambados).

🙋🏻 Susana Millán asistirá:
🔻 Consello Local da Igualdade.
⏰ 20.00 horas.
📍 Sala de Xuntas da Casa do Concello.
‼‼🗣 Esquerda Unida impulsa a creación de espazos de sombra e hidratación nos parques infantís e prazas públicas do Grove

🔻 Presentarán unha moción no pleno do vindeiro luns, co obxectivo de garantir a seguridade e o benestar da cidadanía, especialmente durante os meses de verán, cando as temperaturas son máis elevadas.

🔻 A proposta inclúe a instalación de toldos, pérgolas, enredadeiras ou árbores, así como dotar de fontes de auga potable os espazos que carezan das mesmas.
...

👉 Ler noticia completa
👇👇👇
🔗 https://www.euogrove.es/2024/06/eu-impulsa-creacion-de-espazos-de.html

👉 Ver moción
👇👇
https://drive.google.com/file/d/1K2PH-KGTbOFdqlrMBqi5bzFKjgDJ321H/view?usp=sharing
📢 Este domingo día 30 celebrase en Compostela unha protesta polo intento de implantación da 🏭 macrocelulosa de Altri en Palas de Rei.

💪 As plataformas “Ulloa Viva” e “en Defensa da Ría de Arousa” chaman a rodear a Xunta de Galicia.

🔻 Dende Esquerda Unida denunciamos o gravísimo impacto ecolóxico e social que tería esta infraestructura, así como a privatización de fondos públicos e facemos un chamamento a participar da mobilización.

👉 Lembra,
🗓️ Domingo 30 de xuño.
⏰ 12.00 horas.
📍 Porta principal Complexo San Caetano.

#AltriNON
‼️‼️🗣 EU propón crear zonas de espallamento para cans e melloras en infraestruturas caninas

🔻 O grupo municipal presentará unha moción no pleno do vindeiro luns na que piden crear espazos seguros e valados para o espallamento de cans, utilizando materiais reciclados.

🔻 A iniciativa inclúe a instalación de fontes de auga e sanecáns en puntos estratéxicos do Grove e habilitar máis praias accesibles para os cans. Ademais propoñen campañas de concienciación para a recollida dos excrementos.
... 👉

📲 Continuar lendo a noticia completa
👇👇👇
NOTICIA