Actualidade EU O Grove
31 subscribers
464 photos
2 videos
15 files
435 links
Toda a información da actividade da agrupación local e do Grupo Municial de Esquerda Unida O Grove
Download Telegram
‼️‼️🗣 Esquerda Unida critica a xestión turística do Grove e cuestiona a implantación dunha taxa na situación actual do concello

🔻 Susana Millán realizou unha contundente análise da situación turística do concello que cualifica como desoladora.

🔻 Denuncia o estado de deterioro de paseos, accesos a praias, rutas de sendeirismo ou o estado das rúas, pero tamén da falta de promoción turística.

🔻 Consideran que antes de falar de Taxa Turística é preciso contar cunha imaxe e uns servizos mínimos que, entenden, agora mesmo non se están ofrecendo.

... 👉

📰 Ler noticia completa
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2024/07/eu-critica-xestion-turistica-do-grove-e.html
‼‼🗣 Esquerda Unida denuncia as mentiras de Cacabelos sobre a prohibición de música nos Quioscos de Praia

🔻 O Servizo Provincial de Costas indicoulle ao grupo municipal de Esquerda Unida que adecisión foi puramente municipal e non do seu departamento, como afirmara o Alcalde nun pleno.

🔻 Requiren unha rectificación pública de Cacabelos e esixen que, en base a unha xustificación baseada nunha mentira, emende a decisión e permita aos quioscos das praias poñer música e realizar concertos.

👉 [continúa...]

📰 Ler noticia completa e acceder a enlaces video e resposta Costas.
👇👇👇
https://www.euogrove.es/2024/07/esquerda-unida-denuncia-as-mentiras-de.html
‼️‼️📢 Desde Esquerda Unida denunciamos os actos vandálicos na nosa sede e en diferentes espazos do Grove. 

Nestes días, a sede local de Esquerda Unida no Grove foi obxecto dun acto vandálico intolerable. Pintaron con spray nos cristais onde se atopa o logo da nosa organización e por diante dos carteis do 8M, da campaña de afiliación e da campaña do Día da Clase Obreira Galega do PCG, o que demostra que o acto non foi meramente vandálico, senón con tintes ideolóxicos. 

Este ataque non é un feito illado. Nos mesmos días tamén apareceron pintadas na cristaleira dunha vivenda tachando un cartel de apoio a Palestina e unha pintada no paseo de Lordelo co lema "NEGROS NON", un claro exemplo de intolerancia e racismo que condenamos rotundamente.

https://www.facebook.com/share/MTZWt6xrdFFCqzdC/
‼️🗣 Esquerda Unida presenta unha moción para abordar a situación da vivenda no Grove

🔻 Poñen o foco na proliferación de vivendas de uso turístico, o incremento do alugueiro e a falta de oferta, como principais causas para o acceso a unha vivenda digna e accesible.

🔻 Solicitan un estudo exhaustivo sobre a vivenda no concello, co obxectivo de abordar a problemática de acceso á mesma. Piden ademais a avaliación da necesidade de declarar zonas de mercado tensionado no Grove.
👉... [continúa]

📰Ler noticia completa e ver moción
👇👇
https://www.euogrove.es/2024/08/eu-presenta-unha-mocion-para-abordar.html
‼️‼️👉 Compartimos as preguntas e requirimentos realizados no pleno do mes de xullo, celebrado o 12 de agosto.
👇👇👇

https://www.facebook.com/share/p/BodpfYJN57A7dDvu/
‼️🗣 Esquerda Unida volve insistir nas súas propostas de seguridade e accesibilidade na Festa do Marisco

🔻Entre as demandas presentadas por Susana Millán, no pasado Consello Local de Turismo, destaca o reforzo das medidas de seguridade, a mellora de estacionamentos, a instalación de puntos de venda accesibles e a distribución das actividades culturais a diferentes áreas do Grove para dinamizar a celebración.

🔻A concelleira de Esquerda Unida tamén preguntou polo método utilizado para destinar 100.000 euros do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino sen ter contratada a consultora que xestione a totalidade do plan. Lembran que é preciso executar 500.000 euros máis antes de rematar o ano para obter unha prórroga e non perder os 2 millóns de euros.

👉... [continúa]
📰Ler noticia completa
👇👇
https://www.euogrove.es/2024/09/eu-volve-insistir-nas-suas-propostas-de.html
‼️🗣 Esquerda Unida presenta a rendición de contas do primeiro ano de mandato

🔻 O boletín, que xa está dispoñible na web www.euogrove.es e nos vindeiros días será distribuído na rúa en formato papel, supón un exercicio de compromiso coa transparencia e o traballo realizado polos seus concelleiros.

🔻 Nas súas oito páxinas ofrecen un detallado resumo dos diferentes rogos e preguntas expostos nos plenos, das diferentes mocións, dos comunicados de prensa, da axenda dos concelleiros e dos diferentes acordos alcanzados.

...
📰 Ler noticia completa
🗳 Descargar Rendición de Contas
‼️🗣 Esquerda Unida presenta unha moción para protexer o medio mariño a través dunha campaña co lema “O Mar Comeza Aquí”

🔻 A proposta, que defenderá Anxo Meis no vindeiro pleno, pretende concienciar á poboación sobre a importancia de evitar a vertedura de residuos nas redes de augas pluviais. A iniciativa inclúe accións como a instalación de sinalización nos sumidoiros, actividades educativas e a colocación de trampas de lixo.

🔻 Esquerda Unida pide ademais que o Concello se adhira á Semana Europea da Redución de Residuos que se celebra anualmente nas últimas semana de novembro e que este ano enfócase no desperdicio de alimentos.
....
👉🏽 [continúa]
📰 Ler noticia completa
👀📥 ver/descargar a moción
‼️🗣 Esquerda Unida denuncia o atraso na licitación da Escola de Música Municipal

🔻 Solicitan información ao Concello do Grove sobre o estado do servizo xa que, co curso escolar iniciado e as actividades extraescolares e deportivas en marcha, a Escola de Música aínda non coñece adxudicatario. Critican que a situación se repita cada ano.

🔻 Esquerda Unida insta ao goberno local a axilizar os trámites, advertindo que o atraso podería acurtar o curso, e que está prexudicando ás familias e ao alumnado á hora de organizar as súa axendas. Lembran que o 1 de xullo o goberno indicou que se ía licitar por 4 anos e que isto implicaría maior tempo de publicidade.

... 👉[Continúa] 👇
📰 Ler noticia completa
‼️🗣 Esquerda Unida denuncia que a Xunta ignora as necesidades do Grove nos orzamentos de 2025

🔻 O grupo municipal de Esquerda Unida critica a ausencia de investimentos clave para O Grove nos orzamentos galegos do 2025, destacando a falta de fondos para as obras do CEIP Rosalía de Castro e o CEIP Conmeniño, prometidas en vésperas das últimas eleccións autonómicas.

🔻 O portavoz de Esquerda Unida, José Antonio Otero, denuncia que a Xunta exclúe demandas históricas do municipio, como o dique de abrigo do porto de Porto Meloxo e melloras de infraestruturas viarias e educativas.

... [📰 continúa lendo na web]
🔴 Xa podes ver a intervención do noso voceiro en FALEMOS!

Compartimos con vós o vídeo da participación de José Antonio Otero no programa FALEMOS do Canal Rías Baixas. Nunha conversa con Antonio Blanco, abordáronse diferentes aspectos da política municipal.

Sabemos que 25 minutos quedan curtos para falar de todo o que importa no Grove, pero traballamos cada día para dar resposta ás preocupacións da veciñanza.

Non o perdas! ⏯
👇👇👇

https://youtu.be/Hrnqj7W2Fcc?si=sF2-8nfi3rb-JtkV
‼️🗣 Esquerda Unida demanda explicacións pola paralización das obras de retranqueo do muro en Entrehortas

🔻 O grupo municipal de Esquerda Unida pregunta polos motivos que levaron á paralización das obras no retranqueo do muro da saída do aparcadoiro de Entrehortas, que comezaron hai dous meses e levan, alomenos, quince días detidas.

🔻 Ademais de esixir transparencia sobre a situación, solicitan medidas inmediatas para minimizar as molestias que están a sufrir os usuarios e a veciñanza.

✅ Instan ao goberno local a que, mentres a paralización continúe, se proceda á retirada dos valados e se permita o uso normalizado do acceso ao aparcadoiro para evitar os prexuízos que está a sufrir a veciñanza.

... [continúa]
📰 Ler notica completa na web
🚨 Desde Esquerda Unida rexeitamos o ERE do Balneario Isla de La Toja e chamamos á veciñanza a mobilizarse polo futuro das 36 traballadoras e traballadores! ✊💼

📢 Axenda de mobilizacións convocadas polo CIG:
🗓 Venres 29: concentración de 11:00 a 12:00 horas ás portas do Concello.
🗓 Sábado 30: manifestación ás 11:00 horas, saída dende o Hotel Balneario ata a Ponte da Toxa.

❌ NON AO ERE! NON AO DESPIDO! Xuntas e xuntos defenderemos os nosos dereitos 💪
‼️🗣 Esquerda Unida denuncia a inacción do goberno local na mellora dos campos de fútbol do Monte da Vila e As Lampáns

🔻 A formación critica que, máis de cinco meses despois de aprobarse os fondos para unha nova iluminación e un marcador para cada un dos campos, as instalacións continúan en estado precario, prexudicando aos equipos locais.

🔻 O derbi desta fin de semana entre Anduriña SD e CD Grove deixou en evidencia as pésimas condicións de visibilidade, provocando malestar entre os clubs e os numerosos seareiros que acudiron ao Monte da Vila. Pero esta situación tamén se da no campo de San Vicente.

... [continúa]
📰 Ler notica completa
‼😡 Desde Esquerda Unida condenamos rotundamente a agresión acontecida este domingo no encontro de balonmán cadete feminino entre o BM Sanxenxo e o Rasoeiro BM, que deixou a un veciño en estado grave.

🔻 🫸 Mostramos a nosa máis firme repulsa contra calquera acto de violencia, especialmente no ámbito deportivo, que debe ser un espazo de respecto e convivencia.

🔻💪 Enviamos todo o noso apoio e solidariedade á vítima, á súa familia e a todas as persoas afectadas por este lamentable suceso, e desexámoslle unha pronta e satisfacoria recuperación.

🔻👎 A violencia nunca será tolerada. Agardamos que se depuren responsabilidades e se tomen medidas para evitar que algo así volva ocorrer.

#ASÍNON