Actualidade EU O Grove
31 subscribers
464 photos
2 videos
15 files
435 links
Toda a información da actividade da agrupación local e do Grupo Municial de Esquerda Unida O Grove
Download Telegram
‼️ Este é o estado no que se atopa a zona de tránsito dos viandantes na zona do Monte da Vila.
🤷‍♂️ Se xa resulta difícil transitar por esa zona por mor das obras do Auditorio, peor o teñen os peóns se deben facelo por ese paso.

#limpeza #camiñosaccesibles #fotodenunciaEU
🔻 Esquerda Unida solicita unha xuntanza de voceiros para procurar accións conxuntas sobre a situación do Centro de Saúde

🚨🆘Para a agrupación esquerdista a situación que está a vivir no Centro de Saúde do Grove é totalmente insostible e alaban a labor do persoal sanitario👏👏 que, cos escasos recursos que teñen, procuran dar cobertura a unha poboación que nestes meses se triplicou.

🤝 Consideran que é preciso crear unha fronte común entre todos os partidos políticos e a veciñanza para emprender accións de rexeite a este ataque da Xunta á sanidade pública do noso concello.

👉👉 O Grove, 17 de agosto de 2020.- A agrupación local de Esquerda Unida ven de presentar por rexistro unha solicitude de xuntanza de voceiros dos diferentes grupos políticos para tratar a situación do Centro de Saúde do Grove.

O voceiro esquerdista, José Antonio Otero, tacha de “intolerable e moi grave” a situación que se está a vivir estas semanas no Centro de Saúde, “onde cunha pandemia aínda por superar e nun dos meses no que a poboación se triplica pola afluencia turística, a atención sanitaria no noso concello se vexa minguada ata puntos insostibles”. Para Otero, “non é de recibo que nesta situación o Centro de Saúde conte nesta datas con tan só un facultativo para toda a poboación do Grove e a que nos visita” e considera que “isto atende a estratexia de desmantelamento da sanidade pública que a Xunta de Galicia leva artellando dende hai moito tempo”. Así mesmo, Otero agradece o esforzo que están a realizar as traballadoras e traballadores do Centro de Saúde meco, pois “nunha circunstancia como a que se está a vivir co Covid-19, coa necesidade de cubrir o dobre de cotas e traballar máis horas, estalles a provocar unha carga e un estrés en moitos casos inaguantable”.

É por iso que, logo de ver declaracións do goberno local e de outros grupos municipais con diferentes propostas de actuación, dende Esquerda Unida piden unidade de acción entre todos os partidos políticos e a veciñanza “para demostrarlle á Xunta de Galicia que no Grove non estamos dispostos a que se xogue coa nosa saúde”, sentenza Otero que agarda que nestes momentos “se de deixen de lado as cores políticas e se traballe conxuntamente para as veciñas e veciños do noso concello”

👇👇👇
http://www.euogrove.es/2020/08/eu-solicita-unha-xuntanza-de-voceiros.html?m=1
‼️ Logo de que o Grupo Municipal de Esquerda Unida expuxera no pleno de principios de agosto a problemática do 🎰 Casino La Toja e solicitar unha reunión de voceiros co Comité de Empresa, esta tivo lugar hoxe no salón de plenos.
😥 A situación actual é peor da que agardábamos e todos os grupos municipais ofrecemos a nosa disposición para axudar no que sexa posible. O primeiro compromiso foi concretar dende a administración local unha xuntanza coa Xunta e coa dirección da empresa.
💪 Agardamos que a situación do Casino retorne a normalidade e se garanta a súa actividade no noso concello así como os postos de traballo.
🔻 Esquerda Unida advirte que foi Cacabelos quen provocou o descontrol das autocaravanas ‼

🅿🚐 Os esquerdistas indican que o PSOE rexeitou ❌ unha moción de Esquerda Unida que propoñía habilitar espazos para as autocaravanas e logo modificou a ordenanza que levou á situación actual.

🤔✔ Piden que se retome a súa proposta do 2016 e indican que o goberno tiña e ten medios para sancionar ás autocaravanas que acampan fora dos campings, ás que estacionan e pasan a noite en zonas protexidas ou ás que baleiran as augas sucias en calquera lugar.

👉👉 O Grove, 3 de setembro de 2020.- Esquerda Unida móstrase sorprendida ante as últimas noticias publicadas en relación ás autocaravanas e, en especial, polas declaracións do Alcalde. E é que non entenden que Cacabelos “fale de regular un descontrol que el e o seu equipo de goberno provocaron hai catro anos”, indica o voceiro de Esquerda Unida, José Antonio Otero.

Otero recorda que no pleno do mes de abril do 2016 debateron unha moción de Esquerda Unida na que pedían que se creasen, como mínimo, dúas zonas onde as autocaravanas puidesen estacionar, pasar a noite e contasen con área de servizo. Así mesmo pedían que o artigo 51.2a da Ordenanza de Policía, Bo Goberno e medidas para Fomentar e Garantir a Convivencia Cidadá no Espazo Público fose modificado para permitir que as autocaravanas puidesen estacionar e pasar a noite no noso concello, atendendo así á instrución 08/v-74 de xaneiro de 2005. O voceiro esquerdistas indica que naquel entón, o goberno do PSOE opúxose á proposta do seu grupo municipal e, no seu lugar, meses despois modificou a ordenanza e deixou unha liberdade que derivou na situación actual de descontrol.

Así mesmo, José Antonio Otero, que tamén se mostra sorprendido coas declaracións do Partido Popular en relación a este asunto, indícalle ao partido de Beatriz Castro, que a lei da o dereito ás autocaravanas para circular libremente, estacionar e pasar a noite fora dos campings e que non se lle pode obrigar a dirixirse a estes espazos privados. “Outra cousa é habilitar areas de servizo públicas e procurar dirixir este tipo de turismo a estes espazos regulados co propósito de evitar un descontrol que a día de hoxe é máis que patente”, indica Otero.

Os esquerdistas consideran que o autocaravanismo é unha fonte de ingresos importante para moitos establecementos locais e, segundo indican, “quedou demostrado que a previsión de aumento do que se falaba xa no 2016, sobre este tipo de turismo, foi superado considerablemente a día de hoxe”. Para Otero, crear áreas de servizo públicos para autocaravanas non é incompatible cos campings, pois entende que “o autocaravanista que fai ruta e non precisa acampar, non vai pasar a noite nun camping e si lle prohibimos facer noite na vía pública o que vamos conseguir é que eliminen o noso concello da súa ruta”.
“Outra cousa é deixar liberdade total ás autocaravanas para acampar na vía pública, estacionar en zonas protexidas ou praias e realizar o baleirado de augas sucias en calquera lugar”, indica Otero, que lle recorda a Cacabelos que “se hai descontrol nesta cuestión o único responsable é el”, pois a normativa municipal prohibe calquera desas accións”. “O problema xurde cando se permitiu estacionar e pasar a noite no noso concello, pero non se fixo vixilancia para controlar que esta permisividade non se excedera. Agora vemos como moitas autocaravanas estacionan en zonas protexidas praias, paraxes..., acampan fora das zonas habilitadas ou baleiran as súas augas sucias en calquera lugar, e isto só ten un responsable; Cacabelos”, sentencia Otero.

Por ese motivo, para Esquerda Unida a solución non pasa pola prohibición total que pide o PP nin pola liberdade que provocou o PSOE, senón por aplicar a moción que no 2016 presentou o seu grupo municipal, rexeitada polo goberno socialista, crear áreas de estacionamento e servizo público para estes vehículos a imaxe e semellanza do que fixeron concellos como Vilagarcía, A Illa, Pontevedra,... e outros tantos municipios da provincia e a comunidade e que teñen mellor control sobre este tipo
Forwarded from Esquerda Unida
🏭 A conserveira do Grove Thenaisie-Provoté que dá emprego a 125 persoas, atópase desde o mes de maio en concurso de acredores.

🐟 A factoría corre perigo de peche xa que, pese a existiren posibles investimentos de capital galego, a actual propietaria non cumpriu coas negociacións para posibilitar a venda.

❌ Nos últimos anos levamos perdida unha parte importantísima da nosa industria, tamén no sector da conserva e dos elaborados do mar, lembramos os casos de Cuca ou Alfageme.

📣 Por todo isto, Esquerda Unida reclama á Xunta de Galicia que interveña neste conflito e asegure os postos de traballo e a viabilidade da actual Thenaisie-Provoté.

No Twitter
No Facebook
Na Web
👉Este domingo estaremos na rúa coas traballadoras da fábrica de Rons apoiando a súa loita para que Thenaisie non se feche.
💪Non podemos facer a vista gorda mentres na nosa vila se seguen destruíndo postos de traballo.
📢O emprego é cousa de todos‼️Participa‼️
#euogrove #thenaisienonsefecha #emprego #industriaconserveira #loitalaboral #manifestacion
Hoxe estivemos acompañando ás traballadoras e traballadores de Thenaissie Provoté na súa loita laboral.
#ThenaissieNonSePecha #RonsNonSePecha #LoitaObreira
📢👩‍⚕️👨‍⚕️ Esquerda Unida súmase á concentración do domingo en defensa dunha sanidade de calidade no Grove e animan á veciñanza a acudir.

🗣 Os esquerdistas indican que, a pesar de estar convocada por un grupo político concreto, secundan a concentración porque a demanda é compartida tanto polo seu grupo como pola sociedade grovense.

😷 Animan a toda a veciñanza a acudir á concentración, coas medidas de seguridade e sanitarias pertinentes, para lograr unha atención primaria presencial e a construción dun novo Centro de Saúde que garanta unha sanidade pública de calidade no noso concello.

‼️O Grove, 22 de outubro de 2020.- A agrupación local de Esquerda Unida secunda a Concentración convocada para o vindeiro domingo 25 de outubro diante da Casa do Concello e súmanse así ás reivindicacións que o BNG fai na mesma: Unha atención primaria presencial e a construción dun novo Centro de Saúde. Unhas reclamacións que, indican os esquerdistas, son unánimes non só nos grupos políticos senón na totalidade da veciñanza grovense.

Recordan que hai máis dun ano xa saíron a rúa, daquela convocada por todos os grupos municipais, reclamando unha atención primaria de calidade logo da situación que se estaba a vivir no Centro de Saúde do Grove. A situación non mudou no último ano, e son notorias as continuas queixas que a veciñanza ven realizando debido a ausencia continuada de médicos. Queixas que veñen en aumento nos últimos seis meses xa que, á ausencia de facultativos, hai que engadir as restricións que a Xunta impuxo coa Covid-19, que limita a atención presencial en prol dunha atención telefónica que está a prexudicar aínda máis á veciñanza con doenzas. Por iso, dende Esquerda Unida reclaman a volta á atención presencial, coas medidas de seguridade pertinentes, e que se cubran as baixas de todos os facultativos do Centro de Saúde.

Sobre este, o Centro de Saúde, os esquerdistas tamén comparten a demanda da construción dun novo edificio, pois entenden que é unha das débedas históricas que a Xunta de Galicia ten co Grove. Se ben afirman que parte da culpa de que non se conte con esa importante infraestrutura “tamén a ten o goberno local, pois non é quen de poñer uns terreos a disposición da administración autonómica”. Entre outras cuestións, recordan que o terreo proposto para a construción deste edificio, na zona das Touzas, precisa da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, “documento que o executivo dirixido por Cacabelos non quere aprobar a pesar de contar cunha maioría máis que suficiente para elo”.
Así mesmo, dende Esquerda Unida non entenden a pasividade do goberno municipal no tema sanitario e recordan que no mes de agosto, cando afloraron as maiores críticas pola ausencia de facultativos no Centro de Saúde, o grupo municipal esquerdista solicitou unha reunión de voceiros para traballar de forma conxunta en accións de presión e protesta ante esa grave situación. “Xuntanza que nunca tivo lugar e pola que aínda agardamos a día de hoxe”, sentencian dende as filas esquerdistas.

É por todo iso, polo que dende Esquerda Unida secundan a Concentración e animan a toda a veciñanza a acudir este domingo ás portas da Casa do Concello, iso si, contando coas medidas de seguridade e sanitarias pertinentes; o uso de máscara e mantendo o distanciamento recomendado.

http://www.euogrove.es/2020/10/eu-sumase-concentracion-do-domingo-en.html?m=1
O Pleno aproba por unanimidade a moción de EU do 25N-Día Contra a Violencia de Xénero

♀ 💜 O Pleno aprobou no día de onte por unanimidade a moción presentada pola concelleira de Esquerda Unida, Cristina Domínguez, relativa ao 25 de novembro -Día Internacional Contra a Violencia de Xénero-.

💪🏼 🚺 A moción contemplaba un total de 11 propostas de acordo entre as que destacan a de instar ao goberno do estado a modificar a Lei Orgánica 1/2004 de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero para incluír as violencias contra as mulleres fóra do ámbito da parella ou exparella, incorporar a violencia sexual, laboral, institucional, os ventres de aluguer e a prostitución; instar ao goberno do estado a desenvolver unha Lei Integral para a loita de trata de seres humanos; impulsar plans de igualdade con suficientes recursos humanos e materiais; implementar a educación afectivo-sexual e contra a discriminación e violencia de xénero dende a óptica feminista e a diversidade en todas as fases educativas; desenvolver plans de formación e sensibilización ao persoal sanitario, xurídico e as forzas e corpos de seguridade; fortalecer a rede pública de atención a vítimas; e profundar nas campañas de concienciación.

📄 ver a moción completa:
👇👇👇
🔗 http://www.euogrove.es/2020/10/o-pleno-aproba-por-unanimidade-mocion.html
📣📣 Esquerda Unida oponse ao “Tasazo” do goberno no canon de Depuración e Saneamento.
❌💰 No pleno do pasado luns, o grupo municipal de Esquerda Unida mostrou o seu rexeitamento á nova taxa de Depuración e Saneamento que o goberno local aprobou en solitario e que supón un auténtico “Tasazo”.
👉 O noso voceiro, José Antonio Otero, indicou que esta aplicación vai supoñer un incremento de máis do 200% nos recibos dos fogares. Así, nun consumo mínimo –sobre uns 35 m3 semestre– o incremento será de 30 € ao ano, se o consumo está en 90 m3 suporá sumar ao recibo máis de 55 € anuais. Xa con consumos superiores o incremento no recibo será maior: 115 m3 = 64 €/ano a maiores; 205 m3= 112 €/ano de suba).
Uns incrementos que dende Esquerda Unida consideramos abusivos de por si, pero máis aínda ao producirse nun momento no que a situación económica das familias grovenses se viu e verá reducida como consecuencia da pandemia. A isto hai que sumar que as esixencias dunha maior hixiene polo Covid-19 vai provocar que o consumo de auga se vexa incrementado, co que o aumento da taxa de depuración e saneamento será aínda máis significativo e afectará moito máis ao peto da veciñanza.
Dende Esquerda Unida consideramos que este incremento non é consecuencia exclusivamente da obrigatoriedade de ter que asumir a xestión da EDAR de Ostreira, senón da xestión do goberno de Cacabelos por non ter actualizado as taxas nos seus cinco anos de mandato, pois o servizo era xa deficitario. Dende o 2014 a taxa estivo conxelada, namentres se estiveron incrementando os gastos, a recepción da EDAR non fixo máis que agravar ese déficit. Se tivese actualizado as taxas progresivamente, o incremento nos recibos sería asumible pola veciñanza. E esa precisamente foi a proposta que fixo Esquerda Unida, que se aprobase un aumento da taxa de forma progresiva de cara aos vindeiros anos, co propósito de que a subida non fose tan brusca. Pero o goberno rexeitou a nosa proposta e preferiu aplicar un “tasazo” que os fogares grovenses comezarán a ver nos recibos do mes de agosto do vindeiro ano.
#euogrove #tasazosaneamento #nonéomomento #economíalocal
🧩Ti es a peza que falta para completar o puzzle. Únete a Esquerda Unida para lograr o cambio.
Afíliate ou faite simpatizante.
http://www.euogrove.es/p/afiliate.html
#FaltasTI #CampañaAfiliacionLocal #APezaQueFaltaNoPuzzle #Afiliate #Simpatizante