Actualidade EU O Grove
31 subscribers
464 photos
2 videos
15 files
435 links
Toda a información da actividade da agrupación local e do Grupo Municial de Esquerda Unida O Grove
Download Telegram
Forwarded from Eva Solla Fernández
🦀 Impresionante mobilización no Grove en defensa dos postos de traballo da conseeveira Thenaisie Provoté. 125 familias cuxo pan corre perigo.

🦐 Existindo un posible comprador galego para sacar á empresa do concurso non se entende como a Administración autonómica siga sen reunirse coas traballadoras.

🦞 Galicia padece un progresivo peche de conserveiras, precisamos que unha Xunta defenda este importantísimo sector productivo.
Channel photo updated
🔻 A candidatura de Galicia En Común visitou o xoves O Grove para manter un encontro coas militancias e coñecer as necesidades do noso concello.
👉 É coñecida a débeda histórica que a Xunta de Galicia ten co Grove e a necesidade de que o ente autonómico afronte dunha vez por todas inversións que den solucións ás necesidades da nosa vila.
➡Así, a cabeza de lista por Pontevedra, Eva Solla acompañada de Iria Figueroa e Marcos Cal, segunda e terceiro respectivamente pola mesma provincia, asumiron o compromiso de traballar para que O Grove conte dunha vez por todas co necesario novo Centro de Saúde; para que se afronte a ampliación do dique de abrigo de Porto Meloxo, respectando sempre os bancos marisqueiros próximos; para que se substitúa a tubaxe de subministro de auga potable, que agora mesmo provoca numerosas rupturas no tramo da Lanzada; para que a vía rápida conte con catro carrís entre Sanxenxo e O Grove; e para que os terreos do Corgo pasen a titularidade municipal.
💪 Sabemos que traballarán para saldar esta débeda co Grove, pero para elo é preciso un cambio na Xunta de Galicia e iso só pasa por un goberno progresista con Galicia En Común á cabeza.
É o momento! Construírmos o futuro.
#euogrove #ÉoMomento #ConstruírmosoFuturo #VotaGaliciaEnComún
📣📣 Vémonos mañá ás 11:30h na rúa!!💪
O Comité de empresa de Thenaisie Provote volverá a percorrer as rúas do Grove este domingo, para reclamar unha solución que non supoña o peche da factoría nin a perda de postos de traballo.
#euogrove #RonsNonSeFecha #industriaconserveira #ogrove
🗣️ EU pregunta polas tarxetas de residentes para acceder ás rúas peonís

👏 O grupo municipal alédase de que o goberno comece a vixiar👮‍♀️as rúas peonís evitando o ⛔acceso de vehículos non autorizados, pero denuncia que chegan tarde con esta medida, pois hai tempo que debían aplicala.

🔖 Solicitan que se identifiquen as rúas con cores e se tramiten as tarxetas de residentes tal e como indica a 📃 Ordenanza de Tráfico que entrou en vigor en febreiro do 2018.

‼️O Grove, 15 de xullo de 2020.- O Grupo Municipal de Esquerda Unida alédase de que o goberno municipal reaccione e comece a vixiar e multar aos vehículos que circulan polas rúas ás que só teñen acceso os residentes e servizos. O seu voceiro, José Antonio Otero, considera que “a sanción é o mellor modo de que se acabe con estas condutas”, pero entende que se chega tarde con esta medida “pois xa tiña que ser aplicada hai moito tempo”.

O esquerdista indica que non só as rúas Luís Seoane e Jaime Solá precisan de vixilancia e sanción xa que, “existen moitas máis rúas no casco urbano que teñen restrinxido o acceso só aos residentes, pero polas que diariamente circulan numerosos vehículos e incluso son utilizadas como zonas de estacionamento”.

“Moitas persoas usan estas rúas como vía de escape ante posibles atascos ou simplemente para evitar rodeos logo dos numerosos cambios de circulación que realizou este goberno nos últimos anos” afirma Otero, que considera que “o Alcalde é consciente desta conduta dende hai moito tempo, pero non quixo tomar medidas e tómanas agora que se lles foi das mans”. O voceiro esquerdista indica isto recordando que o 27 de novembro de 2017 o pleno do Grove aprobou a ordenanza de tráfico que entrou en vigor o 6 de febreiro de 2018, onde no seu artigo 38.6 indica que nas rúas de acceso restrinxido a residentes e autorizados só poderán acceder os que acrediten tal condición e obteñan a tarxeta de residente que terán que ter colocada de xeito visible no interior do vehículo. Así mesmo a ordenanza indica que se marcarían as rúas por cores para que os usuarios fosen identificados con máis facilidade, “pero a día de hoxe non hai nada avanzado neste aspecto, a pesar de ternos afirmado que estaban en elo, cada vez que preguntábamos en pleno sobre as tarxetas”, sentenza Otero.

É por iso que reclaman ao concello que, ademais de impoñer sancións por circular por rúas restrinxidas sen autorización, “se comece a executar os puntos da ordenanza, se identifiquen con cores as rúas e se tramiten as tarxetas de residentes, para que estes non teñan que explicar continuamente ás forzas de seguridade que teñen dereito a acceder a rúa onde se atopa a súa residencia ou garaxe”, finaliza Otero.
🔻📣 O Grupo Municipal de Esquerda Unida elevará ao pleno do vindeiro luns unha moción na que instará ao goberno municipal á instalación de sacos de grandes dimensións en diferentes areais destinados á recollida e xestión dos materiais impropios expulsados polo mar nas costas grovenses.

♻🗑 Os esquerdistas entenden que cada día son máis as persoas que nas súas visitas aos areais e outros recunchos da costa grovense deciden aproveitar os paseos ou momentos de lecer para recoller os materiais que, tanto pola propia actividade humana como polo incivismo, rematan no mar e logo son devoltos ás costas.

🚯❗ Afirman así mesmo, que é habitual ver como eses materiais, que polas súas dimensión, por tratarse de residuos impropios ou pola falta de colectores na zona, son depositados nas proximidades dos accesos aos areais. Unha situación que, segundo Esquerda Unida, provoca que na maioría das ocasións rematen espallados pola contorna ou volvan novamente ao mar, ocasionando un problema aínda maior.

🚮👌🌍 É por isto que dende o Grupo Municipal de Esquerda Unida propoñen a instalación de sacos de grandes dimensións, como os utilizados nas obras para a recollida de escombro, situados en puntos estratéxicos do litoral grovense e perfectamente identificados. Unha solución que dende a agrupación esquerdista consideran económica e axeitada e que facilitaría á xente un medio sinxelo onde depositar os materiais que voluntariamente recollen das praias, mar rochas e outros lugares, aliviando os colectores, permitindo unha mellor xestión do lixo e mellora na reciclaxe e ofrecendo unha mellor imaxe da contorna grovense.

📄 Noticia e a moción completa
👇👇
🔗 http://www.euogrove.es/2020/07/eu-pide-que-o-concello-instale-sacos-de.html
🤥 Cando as mentiras saen á luz
🗣️ No pasado pleno o noso voceiro preguntou polas restricións nas pistas de padel logo do Covid-19. O concelleiro delegado indicou que todo se realizou consensuado co 🎾 Club de Padel local, pero o propio club desmentiu esas declaracións nun comunicado de prensa, indicando que foron decisións impostas e que eles tan só foron informados. 😠

https://www.facebook.com/140898295981296/posts/4137805556290530/
‼️ O Pleno aproba por unanimidade a moción de Esquerda Unida para a instalación de sacos de grandes dimensións en diferentes areais destinados á 🗑️♻️recollida e xestión dos materiais impropios expulsados polo mar nas costas grovenses
👇👇
🎞️ Ver debate da moción: https://youtu.be/gMpHB-GL12E?t=1271
👇👇
📃 Ver moción: http://www.euogrove.es/2020/07/eu-pide-que-o-concello-instale-sacos-de.html
‼️‼️ Foron numerosas as veces que nestes últimos 5 anos temos solicitado unha actuación no Camiño de Hortos, a última no pleno do 29 de xuño.
⚠️ Unha rúa estreita para dous carrís, sen beirarrúas e cunha iluminación excasa. Ademais, pola que agora transita un maior número de vehículos debido aos cambios de circulación introducidos por este goberno e polo que, en época escolar pasan tamén autobuses. Non é de extrañar que se produzan accidentes como o ocurrido esta mañá.
🗣Seguiremos insistindo para que dende o Concello se faga unha actuación que mellore a seguridade tanto de viandantes como de vehículos.
https://www.facebook.com/87073556212/posts/10157002480456213/?d=n
‼️ No pleno do luns o noso Grupo Municipal tratou 15 temas de actualidade no apartado de Rogos e Preguntas.
‼️ Estes son os 5 primeiros:

🎰 ♠️CASINO DA TOXA
♦️
O noso voceiro solicitou que o goberno concretase unha xuntanza co Comité de Empresa do Casino La Toja co propósito de coñecer a situación actual e procurar medidas dende a administración local. Chegan rumores de que a situación é preocupante e que dende Luckia estase procurando un desmantelamento da sala da Toxa en prol da nova sala situada en Vigo.
👇👇👇
🔗 https://youtu.be/gMpHB-GL12E?t=6911

⛱ 🌞PAXINA WEB TURISMOGROVE 🇪🇺
Volvemos solicitar, por cuarto ano consecutivo, a eliminación das referencias ás praias de Bandeira Azul na web de turismogrove, pois sigue anunciando que temos areais co distintivo da Unión Europea cando non é certo. Tamén preguntamos en que estado se atopa a nova web turística anunciara xa no 2016.
👇👇👇
🔗 https://youtu.be/gMpHB-GL12E?t=6989

📲 👡 APP MERCANOGROVE 👕
Interesámonos polo estado no que se atopa a aplicación/marketplace “Merca no Grove”. Si se está traballando nela, cantos comercios están adheridos e cando se vai ter previsto que estea operativa.
👇👇👇
🔗 https://youtu.be/gMpHB-GL12E?t=7060

👨🏻‍⚖️🧑🏼‍⚖️ RECURSO SENTENZA LEI DE COSTAS 📜
Pedimos información sobre a contratación dun servizo de asistencia xurídica, a través dun decreto de Alcaldía, para un Recurso Contencioso-Administrativo contra a Resolución da Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar – Delimitación de Núcleos. Quixemos saber si este asunto tiña algo que ver coa sentenza gañada a Costas no 2017.
👇👇👇
🔗https://youtu.be/gMpHB-GL12E?t=7081

🐙🦀FESTA DO MARISCO 🦐
Solicitouse durante o debate da moción do BNG que se convocase o Consello Local de Turismo para tratar a Festa do Marisco. Durante os Rogos e Preguntas instouse a que nesa convocatoria se presentasen tamén as contas do evento gastronómico do 2019.
👇👇👇
🔗 https://youtu.be/gMpHB-GL12E?t=7119
‼️ Outros 5 temas de actualidade tratados no pleno do luns durante o apartado de Rogos e Preguntas:

🍴🍹 TERRAZAS
🍻
Preguntamos o estado no que se atopaba o expediente para a bonificación do 100% da taxa de terrazas neste ano 2020, aprobado nunha moción no pleno no mes de xuño. Tamén preguntamos si se iniciaron os trámites para solicitarlle a Portos de Galicia e Costas do estado a que bonificasen o maior porcentaxe da taxa de terrazas dos negocios que se atopan nos seus dominios, tal e como solicitaba a moción anteriormente indicada.
Así mesmo, solicitóuselle ao Alcalde que deixara de mentir, logo de ter indicado en dúas ocasións que se ía ordenar a retirada de mesas a unha terraza á que se lle permitira ampliala tan só no Estado de Alarma e que se ía sancionar e ordenar retirar o cercado doutra terraza no casco urbano por ser antiestética e incumprir a ordenanza municipal. As dúas a día de hoxe, logo de máis dun mes, continúan igual.
👇👇👇
🔗 https://youtu.be/gMpHB-GL12E?t=7143

⛹🏽‍♀️🤾🏼CONSELLO LOCAL DE DEPORTES E PISTAS DE PADEL 🎾
Preguntamos cando se ten pensado convocar o Consello Local de Deportes para renovar os representantes do órgano sectorial, pois vai máis dun ano do novo mandato e non se convocou aínda este consello.
Tamén solicitamos ao Concelleiro de Deportes que deixe de mentir e pida perdón ao Club de Padel polas súas mentiras logo de ter afirmado que as restricións nas pistas de padel foran consensuadas coa directiva deste club nunha reunión no concello, cando estes indicaron que tan só acataron as decisións tomadas polo concelleiro.
Así mesmo volvemos preguntar o motivo polo que os monitores da pista de padel tiñan que ser autónomos para traballar neste departamento.
👇👇👇
🔗 https://youtu.be/gMpHB-GL12E?t=7241

👩🏻‍✈️👨🏼‍✈️ CAMBIO DE XEFE DA POLICÍA LOCAL 🚓
Preguntamos a que atendeu o cambio de xefe da Policía Local, tras ver que por Decreto se aprobou o día 10 de xullo a remoción da anterior xefa e 11 días despois se nomeou, tamén por Decreto de Alcaldía, o novo xefe accidental.
👇👇👇
🔗https://youtu.be/gMpHB-GL12E?t=7340

🚶🏻‍♂️🛂 TARXETAS DE RESIDENTES NAS RÚAS PEONÍS ⛔️
Preguntamos novamente en que situación se atopa a expedición de tarxetas de residentes e a identificación de cores das rúas peonís do noso concello, tal e como indica a Ordenanza de Tráfico que entrou en vigor en febreiro de 2018.
👇👇👇
🔗https://youtu.be/gMpHB-GL12E?t=7371

🎨 🛣 PINTADO DA RÚA ALEXANDRE BÓVEDA 🤦🏼
Ante a falta de visibilidade das liñas de delimitación de carrís e dos pasos de peóns do tramo de Alexandre Bóveda recentemente humanizada, solicitamos que se procure o repintado da mesma cunha pintura que resalte máis ou se procure outras cores, sempre que cumpran a normativa de tráfico.
👇👇👇
🔗https://youtu.be/gMpHB-GL12E?t=7420
Hoxe estivemos na inauguración da Rúa Jaime Amézaga en homenaxe ao que fora director da conserveira "Garavilla". Un acordo plenario por unanimidade de marzo de 2019 que se materializa no día de hoxe.
‼️ Por último, hoxe compartimos os últimos 5 temas de actualidade tratados polo grupo municipal de Esquerda Unida no pleno do luns no punto de rogos e preguntas


🏞🚛 CAMIÑO DENDE A ATLÁNTIDA ATA A SIRADELLA 🚚
Solicitamos que se procure coa Deputación de Pontevedra, como titular, a ampliación do camiño forestal que transcorre dende a Atlántida ata a Siradella. Veciños e usuarios do mesmo alértannos da perigosidade que supón circular por esa zona ao contar con un vial moi estreito por onde transitan camións e trailers (derivados polo concello a circular por esa zona) así como vehículos a grandes velocidades.
👇👇👇
🔗https://youtu.be/gMpHB-GL12E?t=7460

👷🏼‍♂️🔨 LORDELO – CON DAS SEÑORITAS ⚠️
Instouse á reparación das escaleiras de baixada ao mar do paseo de Lordelo, que se atopan esnaquizadas, e tamén dun dos bloques de formigón do muro do paseo altura do Con das Señoritas, que está desprazado.
👇👇👇
🔗https://youtu.be/gMpHB-GL12E?t=7508

🧓🏼👴🏼 VELLOS TEMPOS 🏘
Preguntamos en que situación se atopa o servizo, cando se vai reacitvar, con que protolo e cantas familias se beneficiarán do mesmo coa nova normalidade. Considerámolo un servizo esencial pois moitas familias levan meses “atrapadas” nas súas casas sen un mínimo respiro.
Tamén quixemos saber o motivo polo que se informou que o servizo ía comezar o día 3 no Monte da Vila cando finalmente non foi así, e por que non se lle avisou ás familias desta suspensión con tempo e forma.
Así mesmo, tamén emprazamos á concellería de Igualdade e Benestar a atender as propostas e a solicitude de xuntanza dun colectivo de San Vicente para tratar asuntos de Servizos Sociais. Unha xuntanza pola que o colectivo leva agardando dende o día 12 de xullo sen ter reposta por parte do departamento.
👇👇👇
🔗https://youtu.be/gMpHB-GL12E?t=7545

👩🏻‍🦽🧑🏽‍🦯 PLAN DE MOBILIDADE (PMUS) 📕
Pedimos información sobre o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), pois dende setembro do 2019 non volvemos saber nada sobre o asunto, cando quedáramos en reunirnos asiduamente.
Preguntamos pola propostas realizadas por Esquerda Unida ao documento do PMUS: humanización da rúa O Corgo, apertura do vial do Monte da Vila dende Xoán XXIII, o traslado da parada de taxis á avenida Beiramar, a creación do “Metrominuto” ou a creación dun mini-parque infantil de tráfico. Así mesmo interesámonos polo estado da proposta que realizamos sobre as bolsas de terreos para crear aparcamento, máxime logo de ter eliminado medio centenar trala humanización da Alexandre Bóveda, Rosalía e Conchases. Tamén criticamos que non se fixo nada sobre accesibilidade logo de ter advertido no documento presentado no 2019 dunha quincena de pasos de peóns que non contaban con rampla de acceso para persoas con mobilidade reducida
👇👇👇
🔗https://youtu.be/gMpHB-GL12E

☕️🥨 CAFETERÍA DA CASA DA TERCEIRA IDADE 👵🏼
Por último, preguntamos os motivos polo que non están publicados os pregos de condicións para o concurso de concesión da Cafetería da Casa da Terceira Idade, logo de que a actual concesionaria rematara o pasado 31 de xullo.
Tamén preguntamos por que motivo se estaba culpabilizando a última concesionaria do servizo da cafetería de provocar que estes pregos non estean publicados, máxime cando tiñan que estar preparados pois o servizo remataba en principio o 11 de xullo, e finalmente o 31 de xullo logo de que aprobaran a prorroga en Xunta de Goberno Local o 29 de xuño.
👇👇👇
🔗https://youtu.be/gMpHB-GL12E?t=7785