Actualidade EU O Grove
31 subscribers
464 photos
2 videos
15 files
435 links
Toda a información da actividade da agrupación local e do Grupo Municial de Esquerda Unida O Grove
Download Telegram
☑️Esquerda Unida O Grove únese á campaña de apoio ao comercio local da nosa vila‼️
Durante o confinamento foi o pequeno comercio o que nos proporcionou a froita🍏, o pan🥖, a carne🍗, o peixe🦑, os medicamentos💊 e incluso a pintura😆.
👏👏Estamos moi agradecidos polo seu bo facer e queremos demostralo mercando no Grove.
🎙Porque cando mercamos no comercio local creamos comunidade👫, consumimos produtos locais e de tempada, colaboramos co medio ambiente♻️ reducindo as emisións de CO2, apoiamos aos emprendedores, poñemos en valor o talento local, fortalecemos o tecido empresarial do Grove💪, xeramos emprego e o reparto da riqueza faise entre tódolos veciños🙌.
“Keep Calm & Consume Local” é o noso lema que se une á campaña común #mercanogrove
#euogrove #KeepCalmConsumeLocal
Esquerda Unida NON apoiou a brutal subida da taxa de saneamento de depuración.👎👎❎❎

➡️No pleno celebrado na mañá deste martes, vía telemática, o Grupo Municipal mostrou a súa oposición tallante á proposta do goberno de subir a Taxa de Saneamento e Depuración.

⛔️Para Esquerda Unida, este non é o mellor momento para que as veciñas e veciños vexan aumentada de forma brusca unha taxa municipal por mor dunha mala xestión do goberno. Nun ano complicado para as economías domésticas e empresariais, o aumento dun imposto municipal non axuda, a pesares de que nos digan que non se cobra ata o vindeiro ano, porque o inicio do 2021 tampouco é que sexa esperanzador.
Así o trasladou o noso voceiro, José Antonio Otero, antes de indicar que a subida que propoñía o goberno, e que finalmente foi aprobada con nove votos do grupo socialista, supón que os domicilios grovenses vexan aumentado o seu gasto nun mínimo de 16 € anuais (a taxa mínima increméntase nun 75%) ao que hai que sumarlle o correspondente ao consumo, que tamén aumenta (ademais de trocar os seus tramos, resultando máis caros). Isto nos domicilios particulares, porque si vamos ás empresas, o aumento tamén é considerable, pasando de uns 52 € de mínimo a 72 €.

➡️Así mesmo, Otero indicou que nunha época na que o consumo previsiblemente vai aumentar tanto nos domicilios como nas empresas (debido ás maiores esixencias de limpeza e desinfección) a penalización vai supoñer un agravamento desproporcionado, xa que un veciño pode chegar a pagar entre 40 e 80 € máis que ata o de agora.

❎O Alcalde xustifica esta suba pola obriga de xestionar a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Ostreira. Pero isto é unha gran mentira, pois quedou demostrado que o servizo xa era deficitario e a EDAR tan só agravou a situación. Esta modificación da taxa nestes momentos só atende a unha nefasta xestión do goberno liderado por Cacabelos, que nestes 5 anos que leva a fronte do Concello non actualizou esta taxa. Tal e como trasladou o noso voceiro no pleno, se o goberno tivese feito unha actualización das taxas municipais de forma anual, o incremento (de ser necesario, como neste caso) sería proporcional e asumible por calquera veciña e veciño, e incluso este ano sería asumible polo propio concello. Non ter feito os deberes nestes cinco anos, sabendo que chegaría o día no que tería que asumir a xestión da EDAR, provocou que a taxa de saneamento e depuración sufra agora un incremento abusivo e no peor momento posible.

➡️Dende Esquerda Unida somos conscientes de que as taxas municipais precisan actualizacións, e seguramente a gran maioría precisarán incrementos, pero estes poden ser asumibles polos veciños se a revisión se fai de forma anual e non con subas abusivas por non ter feito os deberes.
O noso Grupo Municipal xa presentou nunha ocasión unha moción cunha proposta de modificación fiscal que contemplaba a aplicación de impostos progresivos con bonificacións a través de cláusulas sociais e coa máxima de que paguen os que máis teñen. Pero esta proposta non saíu adiante polo rexeite do PSOE, ao que non lle interesa realizar axustes fiscais progresivos e logo aplica subidas abusivas á veciñanza.
Estas cuestións, así como outros aspectos que non compartimos do informe elaborado por unha empresa externa para xustificar a taxa, levounos a non apoiar a proposta do goberno, que como dixemos saíu adiante pola maioría coa que conta.

Intervención de Esquerda Unida https://youtu.be/h7y6qggjwiM?t=1930
🛒Na praza de abastos atopamos legumes e froita de tempada como 🥒🥔🥕🍒🥑🥝 e tamén peixes 🐟 como o sargo, a pescada, a xarda. Todo de calidade e proximidade‼️
#mercanogrove #euogrove #KeppCalmConsumeLocal

💡Se buscas ideas para cociñar, os alumnos👩‍🍳👨‍🍳 de A Lanzada Obradoiro de Emprego están compartindo moitas das súas receitas, e teñen unha pinta 😋👌
🖤A súa partida non fai máis que reafirmarnos que a coherencia e honradez de Julio Anguita son incuestionables. A persoa que fixo que moitos de nós formásemos parte da vida política local. Un político honesto e un referente moral e ético que nunca dubidou en sinalar aos que oprimían ao pobo. As súas palabras estarán sempre prensentes en todos nós. #euogrove
🔻 Esquerda Unida O Grove non apoiou os orzamentos da Mancomunidade

❌ José Antonio Otero mostrou a súa oposición por non terse negociado e por non contemplar nos investimentos partida algunha destinada ao cambio da tubaxe de subministro de auga ata o concello grovense.

🤔 Os esquerdistas non entenden que Cacabelos, logo de queixarse continuamente polos problemas derivados das rupturas no tramo da Lanzada, non forzase á Mancomunidade para incluír partida algunha, namentres lle reclama a súa parte á Xunta de Galicia.

➡ O Grove, 19 de maio de 2020.- No día de onte tivo lugar o pleno da Xunta Xeral da Mancomunidade onde, entre outros asuntos, se trataron os Orzamentos para o 2020. O representante de Esquerda Unida e voceiro do Grupo Municipal esquerdista no Concello do Grove, foi o único membro da Mancomunidade que votou en contra dos Orzamentos. Otero xustificou a súa oposición ás contas para o 2020 por non terse negociado co seu grupo, pois recibiron a documentación días previos á convocatoria con todo xa pechado.

Así mesmo, dende as filas de Esquerda Unida O Grove, non entenden que no apartado de investimentos non figure partida algunha destinada á substitución da tubaxe que subministra a auga potable ao concello grovense e que se atopa nun estado de deterioro, sobre todo no tramo que transcorre dende Vilalonga ao Grove, xa que se atopa soterrada baixo o mar, e que no seu paso pola Lanzada sufriu numerosas rupturas, as dúas últimas durante o estado de Alerta Sanitaria.

Para os esquerdistas, é incomprensible que, “coas numerosas rupturas que leva sufrindo a tubaxe no tramo de entrada no Grove e as continuas reclamacións que Cacabelos ten realizado para que se acometa a substitución, non fixese forza para que os orzamentos da Mancomunidade incluísen esta demanda, máxime cando son os do seu partido os que dirixen o ente supramunicipal e sobre todo logo de ter anunciado a principios de maio que ía solicitarlle á Mancomunidade o financiamento para a nova tubaxe (A propia web da mancomunidade recolle a noticia)”.

Por outro lado, o representante de Esquerda Unida tamén mostrou a súa desconformidade con que o Obradoiro de Hostalería continúe en Sanxenxo e non regrese a O Grove. Así o transmitiu Otero absténdose no punto no que se solicitaba a subvención para este obradoiro, deixando constar esa protesta en acta. Esta é outra das cuestións que non entenden en Esquerda Unida, “que o Alcalde do Grove non faga forza para este fin é incomprensible, pois no 2016, cando a Mancomunidade dirixida por Durán decidira retirarlle o obradoiro a O Grove para darllo a Sanxenxo, foi o propio Cacabelos quen puxo o grito no ceo e tachando o cambio a unha decisión simplemente política”. “Agora que ten a oportunidade de facer xustiza e devolver a O Grove o que lle pertence nin se lle oe neste asunto” indica Otero.

É por iso que o voceiro esquerdista considera que “Cacabelos demostra unha vez máis a súa forma de actuar, non respondendo ás necesidades do noso Concello e si ás do partido, como ven acostumando con continuos enfrontamentos coas administracións que non son da súa cor política, pois nunca o veremos enfrontarse á Mancomunidade e a Deputación de Pontevedra, pero si con calquera administración da Xunta de Galicia ou co propio ente autonómico”. “E demóstrao nestes momentos, cando trala última ruptura da tubaxe, o pasado 2 de maio, saíu nos medios de comunicación culpando á Xunta e anunciando que pediría á Mancomunidade que buscase de maneira urxente o financiamento para acometer a obra, pero á hora da realidade votou a favor dos orzamentos para este 2020 a pesar de non contar con esa partida”, sentenza Otero.
#euogrove #mancomunidade #orzamentos2020
http://www.euogrove.es/2020/05/esquerda-unida-o-grove-non-apoiou-os.html
👉Contratando servizos tamén axudas a recuperar a economía local‼️
🌞Nos meses de primavera e verán fanse moitas das labores de reparación e mantemento👩‍🔧 dos nosos fogares.
📞Lembra que no Grove temos moitos profesionais 👌cualificados e con experiencia que podes contratar.
#mercanogrove #KeepCalmConsumeLocal
📢 Esquerda Unida denuncia que o goberno non reduciu os pasos elevados da Avenida Portugal tal e como prometera.

🤥 Os esquerdistas indican que o Alcalde se comprometeu no pleno do 2 de marzo a revisar e reducir o desnivel dos pasos elevados da Avenida Portugal tras unha denuncia do seu grupo municipal.

💸 Esquerda Unida denuncia agora que Cacabelos aprobou a certificación e o pago da obra dos pasos elevados o pasado 29 de abril sen que se realizaran os cambios prometidos.

➡ O Grove, 21 de maio de 2020.- O pasado 2 de marzo, no pleno ordinario, o grupo municipal de Esquerda Unida alertou da perigosidade que supoñían os novos pasos elevados instalados na Avenida Portugal pois, polo menos en tres deles, resultaba complicado sortealo sen complicacións, incluso por debaixo da velocidade permitida pola vía.

Nese mesmo pleno, o propio Alcalde recoñecía esta circunstancia e comprometíase a instar á empresa encargada da súa instalación para que os revisase e prolongase o desnivel dos mesmos co propósito de poder sortealos con maior comodidade.

Dous meses e medio despois, os esquerdistas denuncian que non só non se resolveu o problema, senón que constataron que o Alcalde asinou o pasado 29 de abril por decreto, a aprobación da certificación da obra e o pago do mesmo á empresa encargada da instalación dos pasos elevados. Cuestión que, segundo Esquerda Unida, ven a confirmar que os mesmos “parece que non van ser modificados e quedarán así, incumprindo novamente un compromiso con nós e o que é peor, coas veciñas e veciños, pois simplemente puxemos en coñecemento do goberno unha queixa veciñal por un problema que el mesmo recoñeceu”.

Deste modo, Esquerda Unida reafirmase na súa reclamación, “xa que tres dos pasos elevados instalados na Avenida Portugal incumpren o desnivel e provocan que os vehículos teñan serios problemas para superalos”, por iso alertan que Cacabelos non ten desculpa algunha para incumprir con este cometido, amais de non querer realizar esta modificación. “Que non veña agora a dicir que non se realizou por mor da Alerta Sanitaria, pois as empresas de construción non pararon durante as restricións pola pandemia” denuncia Esquerda Unida, que piden que “realice a modificación dos pasos elevados ou lle diga á veciñanza que estes van quedar así definitivamente”.

👇👇👇
http://www.euogrove.es/2020/05/eu-denuncia-que-o-goberno-non-reduciu.html
Channel photo updated
🔻 Esquerda Unida pide ao goberno que remate dunha vez a obra de Alexandre Bóveda⚠

👉 O grupo municipal de Esquerda Unida tacha ao goberno de incompetente por ter unha arteria principal do casco urbano nun estado lamentable durante tantos meses.

❓🚧 Queren coñecer o motivo polo que non se continuaron cos traballos nun momento en que a molestia ía ser menor ao non haber tráfico debido ás restricións pola Alerta Sanitaria.

➡ O Grove, 27 de maio de 2020.- O grupo municipal de Esquerda Unida quere coñecer os motivos reais polo que a obra de humanización da rúa Alexandre Bóveda está paralizada dende hai máis de 3 meses á vez que lles pide que a remate dunha vez por todas, pois consideran que é lamentable o estado no que se atopa unha das arterias principais da vila.

Os esquerdistas indican que xa no pleno do 6 de marzo denunciaban o estado tercermundista da rúa Alexandre Bóveda e os problemas que estaba ocasionando a viandantes, vehículos e, sobre todo, ás veciñas e veciños dese tramo. Preguntaron tamén os motivos polos que naquel momento a obra non avanzaba. Recordan que o propio Alcalde recoñecía os erros cometidos na execución da obra, asumía as culpas e afirmaba que nun curto espazo de tempo continuarían coa mesma pois tan só faltaba a sinatura dos propietarios das parcelas para a cesión duns metros das mesmas, cuestión que xa tiña encamiñada.

O voceiro de Esquerda Unida, José Antonio Otero denuncia que “a día de hoxe a rúa continúa na mesma situación que hai tres meses, con fochas e ocasionando os mesmos problemas a viandantes, vehículos e veciñanza, coa única diferenza de que a circulación rodada e a pé se viu reducida polas restricións derivadas da Alerta Sanitaria”. Unha circunstancia que, segundo Otero, non foi aproveitada polo goberno municipal, “pois tivo tempo suficiente para pechar as negociacións cos propietarios e todas as facilidades para executar a obra debido a ese descenso do tráfico e a menor presenza de veciñanza circulando pola rúa”.

A pesar de que o Alcalde volveu asumir toda a responsabilidade o pasado sábado na súa habitual rolda de prensa pola Alerta Sanitaria, para Esquerda Unida non foi suficiente xa que, segundo indican, “non dou a coñecer os motivos reais de por qué a obra segue paralizada dende entón e non explicou a verdadeira razón pola que a día de hoxe non pechou a cesións dos terreos cando dixo que tiña os papeis listos e o compromiso dos propietarios para asinar”.

Unha situación pola que Esquerda Unida volve tachar ao goberno de Cacabelos de falta de xestión e de traballar a salto de mata, “pois se a realidade é a falta de acordo cos propietarios dos terreos, non fai máis que demostrar a incompetencia do goberno á hora de xestionar as obras públicas do noso concello, comezando as mesmas sen ter claro o que ten ou quere facer”, sentencia Otero.
http://www.euogrove.es/2020/05/eu-pide-ao-goberno-que-remate-dunha-vez.html
😎A quen non lle apetece hoxe un 🍨, unha 🍺 ben fría, ou un ☕ con xeo ❓❓ No Grove temos moitos locales onde tomar un bo refrixerio 🤙
1️⃣De camiño pon a máscara😷 cando non poidas gardar a distancia de seguridade.
2️⃣ Desinfecta as mans 🖐 antes de entrar.
3️⃣ Ten sentidiño 😉
#KeepCalmConsumeLocal #mercanogrove #euogrove
https://m.youtube.com/watch?feature=youtu.be&v=eC176YdIaPo

Polo emprego
Pola riqueza da Vila
Pola vida nas rúas
Agora máis que nunca apoiemos o comercio local
#MercaNoGrove
Forwarded from Esquerda Unida
🌏 Hoxe é o Día mundial do medio ambiente, neste ano o eixo central xira arredor da conservación da biodiversidade.

👣 Cada xesto conta, o noso compromiso co planeta é diario e deben aplicarse políticas acorde á sostibilidade, presevación e conservación do medio.

🎯 Non hai planeta B nin hai posibilidade de plan B. Este modelo capitalista de crecemento constante é inviable.
🗣️ Hoxe asistimos á concentración organizada pola Asociación de Africanos e Afrodescendentes en contra do racismo e a violencia. 💪💪
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=10156854821731213&id=87073556212
📢 Esquerda Unida insta ao goberno municipal a abrir a biblioteca da Casa da Cultura de San Vicente❗

📚 Os esquerdistas consideran discriminatorio que logo de que o Estado permitira a apertura das bibliotecas municipais, o concello abrise a da Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey✅ e manteña pechada a de San Vicente⛔.

📝 Instan ao goberno a poñer en funcionamento 🔑 o servizo bibliotecario da Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder, coas mesmas medidas de seguridade 😷 que a do Monte da Vila, para facilitar o desenrolo dos estudos ao colectivo estudantil 🤓 da parroquia.

➡ O Grove, 9 de xuño de 2020.- O pasado 11 de maio Galicia entrou na fase 1 da desescalada, o que permitía, entre outras moitas cousas, a apertura das bibliotecas municipais para o préstamo de libros e lectura con limitacións de aforo. No Grove, non foi ata o 20 de maio cando a biblioteca da Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey abriu as súas portas coas medidas de seguridade pertinentes, namentres a pertencente á Casa da Cultura Ángel Váquez Hereder, na parroquia de San Vicente, continuaba pechada.

Coa entrada da fase 2, o pasado 25 de maio, as medidas esixidas para apertura das bibliotecas eran máis flexibles, permitindo neste caso actividades de consulta en sala sen superar o terzo do aforo. Novamente, a biblioteca da Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey adaptábase a estas novas circunstancias, incluso coa instalación de un dispensador de pé de xel hidroalcohólico e un felpudo antibacterias, namentres a situada en San Vicente continuaba co porta pechada.

Este luns entramos na fase 3 e novamente esta situación incluíu normas máis flexibles que as anteriores pero, aínda así, a biblioteca da Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder segue tendo as portas pechadas, o que Esquerda Unida tacha como “unha clara discriminación cara a parroquia de San Vicente”.

Os esquerdistas consideran que esta circunstancia está a perxudicar a toda a veciñanza de San Vicente, pero en especial ao colectivo estudantil da parroquia, xa que non poden realizar os seus estudos nas mesmas condicións que os do casco urbano grovense. Segundo a concelleira de Esquerda Unida, Ana Cristina Domínguez, “No rural é complicado contar cunha conexión a internet decente, e moitas vivendas non contan nin tan sequera con ese servizo o que provocaba que para solucionar esta situación o alumnado da parroquia achegábase á biblioteca Casa da Cultura para realizar as tarefas que requirían dunha conexión”. “Durante o confinamento, o alumnado tivo que sufrir a falta dunha conexión a internet ao non poder estar abertas as instalacións municipais, pero non é comprensible que esta circunstancia continúe igual dende o pasado 11 de maio, cando entramos na fase 1” indica Domínguez, que considera esta situación “unha falta de previsión do goberno municipal e unha falta de respecto e discriminación cara a veciñanza de San Vicente”.

Por ese motivo, o Grupo Municipal de Esquerda Unida solicita ao goberno municipal a apertura inmediata da biblioteca da Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder e que se dote esta das mesmas medidas de seguridade que se aplicaron nas instalacións da Manuel Lueiro Rey.

👇👇👇
http://www.euogrove.es/2020/06/eu-insta-ao-goberno-municipal-abrir.html
🎬Estreamos nova tempada de #fotodenuncia 👀
📂Recuperando unha denuncia da veciñanza dos Pardiños do 2019. Solicitaban o arranxo e a limpeza do camiño que ademáis ten un desnivel que supón un risco ⚠ para os viandantes.
😔Agora volven a solicitar o mesmo✂. O concello só instalou una cinta para sinalar o perigo do desnivel, pero a maleza non parou de medrar invadindo o camiño, incluso na intersección coa Rúa Vilavella.
#euogrove #fotodenuncia #TodosOsBarriosContan #pardiños #vilavella
https://www.facebook.com/140898295981296/posts/3893059914098430/
🔴 Este sábado arrancamos cun dos actos máis importantes de cara á campaña das elección autonómicas do 12X, un encontro virtual coa militancia e simpatizantes que terá lugar ás 18,00 e no que contaremos con Eva Solla, Martiño Noriega e Antón Gómez-Reino.

🎥 https://youtu.be/-Miqg879G_o
😭"Adiós ríos, adiós fontes..." igual que Rosalía, sentimos moita tristura vendo como se vai perdendo o patrimonio etnográfico da nosa vila.
🆘 A Fonte do Naval en San Vicente corre o risco de desaparecer polo estado de abandono e esquecemento no que se atopa.
☝Pedimos ao concello que protexa e coide o noso patrimonio, porque forma parte da nosa cultura e da nosa historia.
#euogrove #fotodenuncia #patrimonio #etnografía #protección #fonte #SanVicentedoGrove
https://m.facebook.com/140898295981296/posts/3930819170322504/?notif_id=1592560817379782&notif_t=scheduled_post_published&ref=notif
📣 EU advirte que o goberno aprobou un sobrecusto do auditorio de medio millón de euros💰💰

➡O grupo municipal esquerdista indica que a Xunta de Goberno Local aprobou o 10 de xuño unha modificación do proxecto ✍ con un incremento do 14% do orzamento inicial, o que supón un de desembolso de máis de 560.000 €.

☝ Denuncian que a modificación, entre outras cousas, é para reforzar unha das cubertas co propósito de permitir que se “fagan botellóns” con seguridade 🙄.

💸 Consideran que o orzamento para afrontar esta modificación sairá dos 600.000 € destinados á apertura da estrada entre As Bouzas e a Castelao.

➡ O Grove, 21 de xuño de 2020.- A comisión informativa de este luns dará conta do acordo da Xunta de Goberno Local do pasado día 10 de xuño no que se aprobou a modificación do proxecto do Auditorio e Escola de Música cun incremento do 14% sobre o orzamento adxudicado. Unha modificación que suporá un desembolso de máis de medio millón de euros e que a obra se dilate no tempo.

Dende Esquerda Unida indican que a modificación principal débese á necesidade de reforzar unha cuberta do auditorio ante a posibilidade de que se realicen botellóns sobre a mesma. Iso é o que deducen os esquerdistas logo de ter acceso ao documento de solicitude realizado pola dirección de obra, na cal se indica que detectaron reunións non controladas de mocidade na zona e que consideran que esta actividade pode continuar no futuro. A pesar de que a cuberta conta con cercado para impedir o acceso, a dirección de obra entende que non vai impedir que se salte o mesmo, e como precisaría de mantemento e atención a proposta é permitir este tipo de actividades facendo unha cuberta transitable, cuestión que dende Esquerda Unida consideran incomprensible, pois “en lugar de evitar ou disuadir ese tipo de actividades, o que facemos é facilitarlles e asegurarlles a estancia na zona”.

Outra das modificacións propostas foi en base á estabilidade en pendentes, detectadas segundo avanzaron os traballos de escavación, e pola que existía posibilidade de desprendemento de rochas co conseguinte risco para os traballadores. Dende Esquerda Unida tampouco comprenden moito esta cuestión, “pois vendo a singularidade do terreo e coñecendo a profundidade da escavación era case previsible a posibilidade de desprendementos”.

Tal e como denuncian os esquerdistas, estas modificacións supoñen un incremento de 561.633,79 € sobre o orzamento adxudicado (4.011.669,90 €), o que sumado ás direccións e coordinacións de obra (87.846,00 €) e ao proxecto do mesmo (63.926,96 €) elevan xa o custo do Auditorio e Escola de Música a un total de 4.725.076,65 €. Para Esquerda Unida isto só é o comezo, pois entenden que seguirán aparecendo gastos que provocarán que finalmente o Auditorio supere con creces os 5 millóns de euros.

Por último, dende a agrupación esquerdista pregúntanse de onde sairán eses máis de 550.000 € precisos para asumir esta modificación do proxecto, aínda que teñen unha idea e non descartan que nos vindeiros meses se presente en pleno unha modificación do destino dos 600.000 € previstos para a apertura da estrada entre as Bouzas e a Castelao.

👇👇👇
🔗 http://www.euogrove.es/2020/06/eu-advirte-que-o-goberno-aprobou-un.html
😔O Lavadoiro dos Paus en San Vicente é outros dos elementos patrimoniais do noso concello que corre o risco de desaparecer.
⚠De seguir así, o camiño desaparecerá entre a maleza e a cuberta do lavadoiro rematará no chan.
🆘O pobre leva máis de dous anos agardando a súa reparación despois de perder un dos piares laterais.
#euogrove #fotodenuncia #sanvicente #lavadoiro #patrimonio #reparación
https://www.facebook.com/140898295981296/posts/3930834220320999/
‼ Veciñanza ‼ Vémonos mañá ás 11:30h en Rons 📣📣
🔻 Esquerda Unida O Grove acudirá á manifestación convocada polo Comité de Empresa de Thenaisie Provote.
🙂Estaremos na marcha👣 acompañando ás traballadoras na defensa💪 da industria conserveira da nosa vila.
#euogrove #industriaconserveira #defensadostraballadores