Actualidade EU O Grove
31 subscribers
464 photos
2 videos
15 files
435 links
Toda a información da actividade da agrupación local e do Grupo Municial de Esquerda Unida O Grove
Download Telegram
✊️ Mañá volvemos saír á rúa! Esquerda Unida O Grove respalda as reivindicacións polo mantemento dun sistema público de pensións e secunda e chama á cidadanía a participar na concentración convocada polas federacións de pensionistas de CCOO e UGT.
🗣 Vémonos diante da Casa do Concello ás 12.00 horas.
📢 Pensións dignas xa! É o noso dereito
http://www.euogrove.es/2018/04/eu-chama-participar-nas-mobilizacions.html
😠 Os argumentos usados polo Alcalde para solicitar o préstamo para o Auditorio comezan a caer polo seu propio peso.
😡 A mala planificación e as presas provocan un novo gasto ao realizarse o proxecto inicial sobre un terreo de titularidade incerta. Agora atopámonos ante unha estrutura con moito menos aforo (de un máximo de 700 butacas a 500), que se ten que dividir en dous andares e que elimina o ascensor exterior. Os tempo bótase enriba e os prazos de execución cada vez son máis xuntos.
💰Así mesmo, os gastos incrementaranse aínda máis ao non contemplarse no orzamento a totalidade das butacas así como outros elementos.
http://www.euogrove.es/2018/04/eu-critica-o-subrecusto-que-mala.html
EU reclama deixar os intereses electoralistas á marxe do PXOM e esixe a segunda exposición pública do documento
🗣 A única maneira de que o Grove conte cun PXOM pasa pola aprobación popular; que unicamente pode darse con totais garantías cunha nova exposición pública que permita coñecer a opinión do pobo a través das correspondentes alegacións. Calquera outra opción son estratexias electorais que nada teñen que ver con defender os intereses xerais do pobo. A segunda exposición pública foi solicitada polos veciños e aprobada en pleno por unanimidade.
👇👇👇👇
🔗 http://www.euogrove.es/2018/04/eu-reclama-deixar-os-intereses.html

📰 A prensa tamén se fai eco da noticia:
➡️ Esquerda Unida exige una segunda exposición pública del PXOM de O Grove
🔗 http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2018/04/25/esquerda-unida-exige-segunda-exposicion/1879212.html
➡️ Eu exige la segunda exposición pública del futuro PXOM de O Grove
🔗 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/o-grove/2018/04/25/esquerda-unida-exige-segunda-exposicion-publica-pxom-grove/0003_201804A25C5993.htm
🗣 Dende a Coordinadora Local de Esquerda Unida O Grove animamos á cidadanía a acudir á mobilización que as centrais sindicais de CCOO e UGT convocaron para mañá en Vilagarcía con motivo do 1º de Maio.
A mesma partirá dende a Praza Ravella ás 12.00 horas.
✊️ A Loita é o único camiño!
👥 Vida e curro digno!
✌️ Viva o 1º de Maio
📜 MANIFESTO👇👇👇
http://www.euogrove.es/2018/04/1-de-maio-vida-e-curro-digno.html
🙋🏽 O Pleno aproba por unanimidade a moción de EU para lograr unha vila segura para as mulleres
‼️ A moción presentada polo Grupo Municipal de Esquerda Unida pedía a eliminación dos "puntos negros" que por ubicación ou falta de iluminación poidan resultar ameazantes para as mulleres e a creación de espazos seguros nas festas multitudinarias.
‼️ A formación en materia de igualdade para os servizos de Emerxencia e Policía Local, mellorar a información a cidadanía, crear unha caixa de correo e engadir un apartado específico na futura Carta de Servizos, foron outras das demandas solicitadas por EU.
ℹ️ Noticia e Moción completa
👇👇👇
🔗 http://www.euogrove.es/2018/05/o-pleno-aproba-por-unanimidade-mocion.html
EU denuncia o cobro arbitrario de tarifas inexistentes para as pistas de pádel
🤾‍♀️A pesar de que as novas tarifas están aínda en fase de exposición pública e, polo tanto, poden ser alegadas; o Concello cobra polo uso das pistas desde o 23 de abril.
🗣Ademais, o prezo dos bonos ofertados nas últimas semanas non se corresponde co aprobado no pleno.
‼️Un asunto grave, polo que exigimos responsabilidades, así como a devolución dos cobros indebidamente efectuados ata o de agora.
📰 Noticia completa
👇👇👇
📎 http://www.euogrove.es/2018/05/eu-denuncia-o-cobro-arbitrario-de.html
🗞 Prensa
➡️ Faro de Vigo: Denuncian el cobro ilegal de tarifas en Monte da Vila por usar las pistas municipales de pádel
🔗 http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2018/05/06/denuncian-cobro-ilegal-tarifas-monte/1885874.html
➡️ La Voz de Galicia: EU acusa a O Grove de cobrar por el pádel antes de que la ordenanza entre en vigor
🔗 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/o-grove/2018/05/06/eu-acusa-grove-cobrar-padel-ordenanza-vigor/0003_201805A6C6993.htm
📣 O Grupo Municipal de Esquerda Unida denunciou no pasado pleno a inseguridade da nova zona lúdico-deportiva de Confín ao non estar rematadas as obras a pesar de telas inaugurado en diferentes ocasións.
‼️ A pesar de que o goberno instalou xa a luminaria, existen outros puntos sen rematar e o perigo persiste na zona.
📰 La Voz de Galicia
👇👇👇
🔗 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/o-grove/2018/05/08/grove-dota-fin-farolas-zona-confin/0003_201805A8C5993.htm
😡 Nunha inexplicable fuxida cara adiante, logo de que EU chamase a atención sobre a ilegalidade das tarifas aplicadas o goberno local opta por incrementar o prezo das pistas de pádel en lugar de proceder á paralización e devolución dos cobros ata a entrada en vigor da correspondente ordenanza.
🗣 Mantemos a nosa reclamación, pois a nova taxa pola que optou o goberno tampouco se pode aplicar coa ordenanza que se atopa en vigor dende o 2012.
ℹ️ 👇👇👇
http://www.euogrove.es/2018/05/eu-volve-reclamar-paralizacion-do-cobro.html
🗣 O noso manual para cambiar o mundo é o lema da campaña de afiliación coa que te animamos a participar activamente para camiñar e chegar lonxe, facendo real a igualdade e a xustiza social.
✊️ Ante unha realidade inxusta que se impón no día a día, temos por diante moito traballo para rachar con este sistema e acadar:
‼️ Un país libre de precariedade.
‼️ A fin do patriarcado en todas as súas expresións.
‼️ Novas políticas que melloren a nosa calidade de vida e que procuren una desenvolvemento sostible.
‼️ Unha economía ao servizo do pobo e non duns poucos.

📝 Para afiliarte:
🔗http://www.esquerdaunida.org/afiliate
📝Para inscibirte como simpatizante:
🔗http://www.esquerdaunida.org/simpatizantes
🏠Tamén podes achegarte polo noso local na rúa Luís Casais, 11. baixo os mércores a partir das 20.30 horas.
ℹ️👇👇👇
http://www.euogrove.es/2018/05/campana-de-afiliacion-o-noso-manual.html
Esquerda Unida secunda a manifestación covocada para este domingo 13 de maio polo Consello Local da Igualdade en repulsa á sentenza do caso "La Manada" e fai un chamamento á cidadanía a acudir á mesma
O Grove mostrou hoxe o seu rexeitamento á sentenza do caso "La Manada". NON É XUSTIZA SE NON NOS PROTEXE
🚏 Sinazacións verticais en mal estado polo paso do tempo e as pintadas, as horizontais ilexibles sobre todo pola noite, provocan inseguridade na estrada de acceso ao Grove, así como unha mala imaxe de cara aos que nos visitan.
🗣 Esquerda Unida insta ao Concello a reclamar ante a Xunta que se proceda ao arranxo destas deficiencias pois o ente autonómico é o titular desta estrada.
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2018/05/eu-pide-renovacion-da-deteriorada.html?m=1

🗞 Prensa
📰 Faro de Vigo
➡️ Exigen mejoras inmediatas en el istmo
🔗 http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2018/05/13/exigen-mejoras-inmediatas-istmo/1890611.html
➡️ Una imagen "inapropiada" para un municipio turístico
🔗 http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2018/05/13/imagen-inapropiada-municipio-turistico/1890609.html
➡️ "Es la carta de presentación porque es lo primero que se ve"
🔗 http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2018/05/13/carta-presentacion-ve/1890610.html
📰 La Voz de Galicia
➡️ EU reclama que se renueve la señalización de O Bao
🔗 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/o-grove/2018/05/13/eu-reclama-renueve-senalizacion-bao/0003_201805A13C6995.htm
Forwarded from Esquerda Unida
✊️Esquerda Unida súmase e fai un chamamento a participar nas mobilizacións feministas contra o incumprimento nos Orzamentos do Estado 2018 do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

‼️Esquerda Unida súmase e fai un chamamento á participación nas diferentes mobilizacións convocadas polo Movemento Feminista que terán lugar nas cidades e vilas galegas este mércores 16 de maio, baixo o lema “Compromiso = Orzamento; A loita segue; Vémonos nas rúas; Nin unha menos!” coa fin de esixir que os Orzamentos do Estado para 2018 cumpran os 200 millóns de euros anuais prometidos no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Vémonos nas rúas!
Toda a info, na nosa web: https://goo.gl/YEX3bJ
Mañá volvemos á rúa para defender unhas pensións dignas. Ás 12 da mañá diante da Casa do Concello