😀 Alédanos que a nosa moción 📃, aprobada por unanimidade no mes de xuño, servise para dar máis forza 💪 ao goberno municipal ante unha demanda 📣 real e importante.
Agardamos que agora a Xunta e outras administracións non demoren os trámites para que a ampliación 👷♀️ da Escola Infantil 🏫 de Rons sexa unha realidade e que ningunha familia 👨👩👧👦 quede sen escolarizar ás súas crianzas.
🔗http://www.euogrove.es/2021/06/mocion-eu-insta-xunta-reformar-escola.html?m=1

‼️ No día de hoxe, o Grupo Municipal de Esquerda Unida ven de solicitar por rexistro unha copia (se é que existe) do Recurso municipal sobre a decisión da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de retirar a catalogación de BIC á Torre de Escuredo, tal e como anunciou 🗣 o Alcalde ao día seguinte de que o DOG publicara a decisión.
Esta é a situación que vive o noso Grupo Municipal neste mandato coa maioría dos actos, institucionais ou non, que se realizan no concello.
Felicitar a Faro de Vigo pola mostra sobre Emilia Pardo Bazán, e por achegar á nosa vila a historia desta relevante escritoria galega e a súa vinculación coas Rías Baixas, O Grove e, sobre todo, A Toxa.
Desculpar a nosa ausencia nesta inauguración, non atribuible a nada máis que a falta de información e convite por parte do goberno municipal.

ESQUERDA UNIDA VOTOU EN CONTRA DOS ORZAMENTOS 2021
‼️ No pleno do pasado luns, o noso Grupo Municipal rexeitou unhas contas que, non foron consensuadas, que chegan tarde e que continúan sen incorporar as propostas comprometidas (e incumpridas) con nós xa no 2016.
✅ Podes ver a intervención no pleno do noso voceiro, José Antonio Otero González, na seguinte ligazón:
👇👇👇
https://youtu.be/te86LD57jc8

YouTube
Intervención do voceiro de EU O Grove no Pleno de Orzamentos 2021
Pleno de xullo 2021, O Grove. Intervención do voceiro de Esquerda Unida O Grove, José Antonio Otero González, sobre os Orzamentos 2021.
ROGOS E PREGUNTAS DO PLENO DE XULLO
‼️ No derradeiro punto da orde do día do pleno, o noso voceiro José Antonio Otero González e a nosa concelleira, Kris Domínguez Domínguez, realizaron unha serie de solicitudes e preguntas:
▶️ Pedimos que o concello se pronunciase, de forma conxunta, en contra do depósito dos áridos, retirados do dragado do Porto do Grove, nas proximidades da Illa de Sálvora.
▶️ Solicitamos unha xuntanza de voceiros para pronunciarnos en contra das medidas restritivas aplicadas á hostalería local por parte da Xunta de Galicia e sobre a situación que se está a vivir no Centro de Saúde do Grove.
▶️ Preguntamos o motivo polo que non se sanciona aos locais de hostalería que incumpren as capacidades dos interiores e terrazas, xa que está a crear malestar nos hostaleiros que se rexen polas normas.
▶️ Requirimos que nesta edición da Festa do Marisco se incorporen as propostas de accesibilidade e seguridade que EU realizou xa no 2019.
▶️ Demandamos a mellora do firme e a seguridade dos viandantes e vehículos do Camiño de Hortos, así como da rúa Entrehortas.
▶️ Felicitamos ao concello pola alegación á retirada do BIC da Torre de Escuredo, á vez que reiteramos a petición dos expedientes solicitados dende xaneiro.
▶️ Requirimos, novamente, unha xuntanza do Plan de Mobilidade Sustentable. A última tivo lugar en setembro de 2019.
▶️ Volvemos reclamar o amaño e limpeza das fontes e lavadoiros do concello (Ardia, Estonllo, Balea, San Vicente...), xa que se atopan en mal estado e resultan inaccesibles.
▶️ Preguntamos pola situación na que se atopa o contrato do Servizo de Axuda no Fogar e cando se volve licitar o mesmo.
▶️ Solicitamos a convocatoria da xuntanza da Mesa da Cultura e o Patrimonio tal e como se comprometera a concelleira.
▶️ Preguntamos o motivo polo que a seleccionada no proceso da bolsa de Auxiliar de Cultura continúa sen acceder ao posto, o que provoca que a Axencia de Lectura de San Vicente continúe pechada.
▶️ Demandamos unha solución definitiva para a problemática existente na estrada de Meloxo, onde é preciso cambiar a tubaxe logo de incontables roturas que deixan sen subministro ás veciñas e veciños da zona.
▶️ Preguntamos se o concello xa solucionou o problema que impedía recibir a madeira precisa para reparar os sendeiros e accesos de discapacitados das praias. Así mesmo quixemos coñecer se finalmente se acadou acordo con algún propietario de fincas próximas aos areais para habilitar como aparcamentos, tal e como anunciaran.
▶️ Pedimos unha solución para a vertedura na praia da Toxa procedente das vivendas próximas.
▶️ Preguntamos en que situación se atopaba a contratación da Dinamizadora do CIM e a Psicóloga do SPAD.
▶️ Puxemos en coñecemento da concellería de Medio Ambiente do espallamento de sardiñas en mal estado na praia próxima ao Salazón de Moreiras e instamos a sancionar aos causantes.
▶️ Preguntamos pola tardanza na preparación do muro dunha finca próxima a Igrexa de San Martiño que fora derrubado, tras un accidente, hai xa varios meses.
✅ Podes ver todas as peticións, realizadas no pleno, na seguinte ligazón:
👇👇👇
https://youtu.be/TBAWXMilEiY

Rogos e preguntas do Pleno do mes de xullo (O Grove)
Solicitudes e preguntas realizadas polo voceiro, José A Otero González, e a concelleira, A. Cristina Domínguez Domínguez, no derradeiro punto da orde do día do pleno do mes de xullo (Concello do Grove)
🔻ESQUERDA UNIDA DENUNCIA QUE A CASA DA CULTURA DE SAN VICENTE SEGUE PECHADA POLA INEPTITUDE DO GOBERNO MUNICIPAL E PIDE CELERIDADE NUNHA SOLUCIÓN
📌Segundo os esquerdistas, o goberno achacaba o peche á falta de persoal, pero o proceso selectivo rematou o pasado 25 de xuño, logo de case 2 anos, e o persoal segue sen contratarse.
Esquerda Unida, que volveu preguntar⁉ por esta situación no pasado pleno, insta ao goberno a reabrir con celeridade as dependencias de San Vicente para dotar a parroquia dunha maior actividade cultural e evitar que perigue a subvención da Xunta e outras posibles subvencións no que queda de ano.
👉O Grove, 2 de agosto de 2021.- O Grupo Municipal de Esquerda Unida mostra o seu malestar e denuncia a situación que se está a producir coa Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder e a súa Axencia de Lectura, que leva pechada ao público dende xaneiro. Os esquerdistas culpabilizan desta situación á ineptitude da Concellería de Cultura e, por extensión, do goberno municipal, ao non ser quen de dotar de persoal o departamento de Cultura para ofrecer este servizo á veciñanza da parroquia de San Vicente.
Esquerda Unida lembra que a Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder leva pechada ao público dende o mes de xaneiro. Unha das desculpas esgrimidas polo executivo local escudábase na falta de persoal pois, o encargado da súa apertura derivouse a outras funcións no edifico administrativo polo que, a solución quedaba a expensas de que se constituíse a bolsa de emprego de Auxiliar de Cultura que tiña iniciado o seu proceso en setembro de 2019.
Para os esquerdistas, o proceso da bolsa de emprego “é unha mostra da ineptitude deste goberno pois, iniciouse hai case dous anos e tras completarse o pasado mes, seguen sen contratar a ninguén”, indica o seu voceiro José Antonio Otero. E é que, tal e como relatan, o 9 de setembro de 2019 foi cando a Xunta de Goberno Local aprobou as bases para a creación dunha bolsa de emprego de Auxiliar de Cultura, co propósito de ter persoal cando houbese carencias no departamento.
Un proceso que se alongou demasiado no tempo pois, trala apertura de inscricións, non se publicou a listaxe provisional de admitidos e rexeitados ata o 12 de xaneiro de 2021, un ano e tres meses despois do seu inicio, sen chegar a publicarse a listaxe definitiva que abría o proceso selectivo, sinalan dende Esquerda Unida, que alertaron desta situación no pleno do pasado mes de marzo, cando o seu voceiro denunciaba a paralización do proceso e pedía que se procurase canto antes unha solución.
Foi a raíz desta denuncia no pleno, indica Otero, cando o proceso volveu avanzar, ata que o pasado 25 de xuño, logo dos exames pertinentes, o tribunal selectivo aprobou as cualificacións e con iso a lista de agarda da devandita Bolsa de Emprego de Auxiliar de Cultura.
Pero, tal e como denuncian dende Esquerda Unida, a día de hoxe, a Casa da Cultura de San Vicente e por conseguinte a súa Axencia de Lectura, seguen pechadas ao público pois “non se botou man da bolsa para realizar a contratación precisa para reverter esta situación”.
Namentres, a veciñanza de San Vicente segue sen poder facer uso do punto de lectura ou gozar dunha programación cultural máis ampla como si sucede na Casa da Cultura Lueiro Rey, co que se ven abocadas a ter que desprazarse ata o centro do Grove. Ademais, segundo se denota do informe municipal sobre a necesidade do nomeamento dunha auxiliar de cultura, o peche desta dependencia pon en perigo a subvención da xunta por falta de actividade así como a programación cultural e outras posibles subvencións no que resta de ano.
Por ese motivo, Esquerda Unida que volveu preguntar por esta situación no pleno de xullo, sen ter resposta por parte do executivo local, insta a Concelleira de Cultura e ao Alcalde a solucionar esta problemática e que as dependencias culturais de San Vicente reabran as súas portas con celeridade.
#euogrove #pleno #cultura #sanvicente #RogosePreguntas
http://www.euogrove.es/2021/08/eu-denuncia-que-casa-da-cultura-de-san.html

www.euogrove.es
EU denuncia que a Casa da Cultura de San Vicente segue pechada pola ineptitude do goberno municipal e pide celeridade nunha solución
Segundo os esquerdistas, o goberno achacaba o peche á falta de persoal, pero o proceso selectivo rematou o pasado 25 de xuño, logo de case...
‼️ ESQUERDA UNIDA CONSIDERA UN ERRO NON PROCURAR ALTERNATIVAS SEGURAS PARA CELEBRAR A FESTA DO MARISCO
▶️ Entenden que a suspensión, por segundo ano consecutivo, da Festa do Marisco supón un duro revés para o sector turístico do Grove e arredores.
▶️ Os esquerdistas denuncian que non se traballou de forma conxunta para procurar alternativas seguras e piden que, coa implicación da restauración, se valore realizar o evento adaptado ás circunstancias.
🔻 O Grove, 16 de agosto de 2021.- A agrupación local de Esquerda Unida lamenta as declaracións do Alcalde o pasado venres anunciando que este ano non se celebrará a Festa do Marisco. Os esquerdistas consideran que esta suspensión por segundo ano consecutivo do evento gastronómico, supón un duro revés para a hostalería e o sector turístico do noso concello e da comarca do Salnés.
Segundo o voceiro de Esquerda Unida, José Antonio Otero, “unha vez máis queda demostrada a falta de interese e de iniciativas deste goberno para o desenvolvemento turístico da nosa vila”. “En setembro do 2020 o alcalde comprometíase a traballar co Consello Local de Turismo para preparar a tempada 2021, pero tardou 9 meses formalizar a reunión, e non foi ata xullo deste ano cando convocou o CLT, demostrando as poucas ganas de traballar e de sentarse co sector para buscar alternativas”, indica Otero.
“Nese consello falábanos da posibilidade de facer a festa pero xa nos adiantaba que aínda non tiñan unha decisión firme e que o tempo xa era xusto para sacar a concurso a licitación para postos e carpas”, indica Otero, que polos argumentos esgrimidos polo Alcalde nese CLT, ”xa sospeitamos que este ano tampouco habería festa, porque o único que si nos deixou claro foi que en xullo aínda estaba todo por facer e que só contemplaba facer a festa se se realizaba coas dimensións de sempre”.
Dende Esquerda Unida indican que xa no 2020 propuxeron a realización dunha Festa do Marisco diferente, “adaptada á era Covid, con outro formato, máis reducido, que puidese facer partícipe a toda a restauración e a outros barrios do Grove”. Unha cuestión “que se ten falado moitas veces e que nesta ocasión brindaba a oportunidade de ver se era posible”, indica Otero. Segundo os esquerdistas, para o alcalde a Festa do Marisco só pode ser como foi ata o de agora, e así o ten indicado en declaracións públicas e no mesmo pleno. “O goberno négase a traballar en outro formato a pesar de que todos os concellos do Salnés buscaron alternativas para evitar que os seus festexos e as datas importantes desaparezan do calendario, porque supoñen unha fonte de emprego e ingresos para a poboación local”, sentenza Otero.
Os esquerdistas cren que volver ao formato multitudinario da festa, como se fixo ata o de agora, vai resultar complicado, “pois todo indica que dunha maneira ou outra vamos ter que convivir coa Covid e, por conseguinte, con restricións sanitarias de algún tipo, polo que é preciso darlle un xiro á festa e traballar diferentes plans co propósito de que chegado o momento se aplique un ou outro en función das circunstancias”, sinala o seu voceiro, que entende que “para isto é preciso traballalo de forma conxunta e con tempo, e dende Esquerda Unida é o que vimos reclamando continuamente, pero a nosa proposta choca coa visión que Cacabelos ten da festa: ou se fai coma sempre ou non se fai”. Para Otero, o resultado é claro, “iso non vai a suceder en moito tempo polo que, con esa forma de pensar, a festa non se fará en moitos anos co conseguinte prexuízo para o sector turístico do concello e arredores”.
Por ese motivo dende Esquerda Unida piden ao goberno que reúna ao Consello Local de Turismo e aos sectores implicados para procurar todas as alternativas que, con todas as garantías sanitarias, permitan manter a Festa do Marisco no calendario de eventos e alongar a tempada turística no noso concello e arredores.
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2021/08/eu-considera-un-erro-non-procurar.html

EU considera un erro non procurar alternativas seguras para celebrar a Festa do Marisco
Comensais nunha das edicións da Festa do Marisco. Foto Faro de Vigo Entenden que a suspensión, por segundo ano consecutivo, da Festa do Ma...
Non como nos anos anteriores que daba beneficio e llos ingresaba a cada veciña e veciño mediante transferencia. Ver para crer.
Sorpresa: A Festa do Marisco do 2019 (última celebrada) arroxou un déficit de 251.000 €, quen o asumiu? A edición 2018, o déficit foi de 220.000 €; no 2017, 106.000 €; no 2016, 163.000...
Todas as edicións da Festa do Marisco resultan deficitarias para as arcas municipais, quen o asume? O orzamento municipal e, por conseguinte, a veciñanza. A que ven agora esa ameaza de subir impostos para pagar un posible déficit en caso de facer a festa con restricións? Acaso non se asumiu sempre?
Ademais, segue enfrascado en facer a festa ao mesmo nivel que ata o de agora. Non é posible procurar outras alternativas con todas as garantías sanitarias e implicando á hostaleria e aos diferentes barrios do noso concello?
José A. Otero González, voceiro do Grupo Municipal de Esquerda Unida
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=10223099514853617&id=1153693243

‼ ESQUERDA UNIDA DENUNCIA UNHA NOVA PRIVATIZACIÓN DUN SERVIZO PÚBLICO
▶ Os esquerdistas fanse eco das palabras do concelleiro de Seguridade Cidadá na prensa anunciando a contratación dunha empresa privada para operar coa grúa dende esta semana ata o mes de outubro. Denuncian que con esta xa son catro as externalizacións de servizos públicos efectuadas polo goberno socialista.
▶ Reclaman, por enésima vez, que se poña en marcha o servizo de guindastre durante todo o ano e cunha xestión pública, tal e como se comprometeu nas negociacións dos orzamentos do 2016.
✅ O Grove, 18 de agosto de 2021.- O Grupo Municipal de Esquerda Unida móstrase sorprendido polas declaracións do concelleiro de Seguridade Cidadá, reflectidas nun medio de comunicación o pasado luns, anunciando a posta en marcha do servizo de guindastre a través dunha empresa privada.
Os esquerdistas denuncian así a privatización dun novo servizo municipal, “algo que se está convertendo en habitual no goberno de Cacabelos”, indica o seu voceiro, José Antonio Otero, que recorda que nos seis anos de mandato do PSOE “este e o cuarto servizo público derivado a mans privadas pois, primeiro externalizaron o servizo de limpeza de edificios públicos, logo tocoulle ás pistas de padel, en abril deste ano ao mantemento de parques infantís e agora será o guindastre municipal”.
Dende Esquerda Unida indican que a posta en marcha do servizo de guindastre municipal é unha demanda histórica da súa agrupación e que no 2016 chegou a ser un dos acordos co goberno socialista para favorecer a aprobación dos orzamentos nese exercicio, “acordo que Cacabelos nunca cumpriu e, de feito, ese incumprimento constante foi unha das razóns para non apoiar os orzamentos deste ano”, indica o voceiro esquerdista.
Segundo Otero, “reclamamos a posta en marcha do servizo de guindastre porque é unha demanda da veciñanza, pero tamén porque é un dereito das veciñas e veciños que pagan a taxa de vaos, como así se recolle no artigo 10 da ordenanza” e indica que “mesmo a Policía Local ten emitido un informe no 2017 mostrando a necesidade de contar con este servizo”.
A pesar de que o goberno pon en marcha o servizo de guindastre, Esquerda Unida non admite que este sexa a través dunha xestión privada e tampouco entenden a que atende a contratación da grúa dende esta semana ata o mes de outubro, como sinalou o concelleiro de Seguridade Cidadá na prensa pois, “a necesidade do guindastre é anual, xa que son moitas as veciñas e veciños que ven obstaculizados os seus garaxes sen que se lle dea unha solución”, indica o voceiro esquerdista.
Dende Esquerda Unida piden ao goberno que renuncie á idea da privatización e traballen para dotar O Grove dun servizo de guindastre durante todo o ano e cunha xestión municipal. “É moi doado gobernar cando os servizos se prestan a través de externalizacións, para iso non é preciso un Alcalde nin concelleiros, o complicado é xestionar os recursos municipais para prestar uns servizos públicos de calidade e este goberno non sabe facelo”, sostén José Antonio Otero.
#Guindastre #ServizosPúblicos #Privatización
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2021/08/esquerda-unida-denuncia-unha-nova.html

Esquerda Unida denuncia unha nova privatización dun servizo público
Os esquerdistas fanse eco das palabras do concelleiro de Seguridade Cidadá na prensa anunciando a contratación dunha empresa privada para op...
‼️A través das axudas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, o concello ten a oportunidade de recuperar e amañar as fontes e lavadoiros da nosa vila.
📣Dende EU xa reclamamos en numerosas ocasións a necesidade de actuar neste tipo de elementos patrimoniais. 📜 A Fonte do Naval (San Vicente), o Lavadoiro dos Paus (San Vicente), a Fonte de Estonllo, o Lavadoiro Río do Vilar (Árdia), o lavadoiro de Balea, ... son algúns dos lugares onde temos reclamado actuacións debido ao estado de abandono e deterioro no que se atopan. Cremos que estas axudas son unha oportunidade para manter e conservar o noso patrimonio.
Farán uso das mesmas?🤷♂️🤷♀️

🔻 CAMIÑO ESCOLAR SEGURO❓❓
📣 En marzo, o noso grupo municipal elevou ao pleno a preocupación da veciñanza sobre a perigosidade 🚸 coa que se atopan as usuarias e usuarios do Camiño Escolar Seguro de Rosalía de Castro no tramo que transcorre por Conchases, por mor dunha obra paralizada 🚧 e a posición dos colectores de lixo.
🗣 Dende o goberno indicóusenos que pintarían un paso de peóns co propósito de desviar aos viandantes cara a outra beirarrúa. En abril e xullo, ante a inoperancia municipal, volvemos insistir nesta actuación e pedimos que cando menos estivera lista para o comezo do curso escolar. Nese momento a desculpa era que os pintores estaban ocupados noutras zonas.
▶️ A día de hoxe, case un mes despois do comezo do curso escolar, a zona segue igual e as cativas e cativos, que cada día percorren a rúa Conchases para ir ao colexio, seguen transitando por un Camiño Escolar “Inseguro”.
‼️ Terá que pasar algo para que se actúe?

🔻 PARA CANDO A INAUGURACIÓN ❓❓
✅ O pasado 25 de agosto a prensa anunciaba o inicio da exposición “Goday: fragmentos da vida e obra” 👨🎨🎨, instalada na rúa Castelao. Dez cubos con 40 paneis, ao aire libre, que mostran a traxectoria artística de Ernesto Goday.
🤷♂️🤷♀️ A exposición, que leva máis dun mes instalada na “Catorse”, non tivo unha inauguración, ao igual que se ten feito con outras mostras realizadas neste e noutros lugares. Que menos que unha presentación oficial da exposición que rende tributo a un dos artistas máis relevantes da cultura grovense e, na que ademais, se recoñecese o traballo realizado pola autora.

‼ROGOS E PREGUNTAS DO PLEN DE SETEMBRO ‼
🗣 No derradeiro punto da orde do día do pleno deste luns 4 de outubro, o noso voceiro José Antonio Otero González, realizou as seguintes solicitudes e preguntas:
▶ Pedimos novamente que se actuase no Camiño Escolar Seguro, no seu tramo de Conchases, ante a perigosidade que presenta o traxecto na zona na que se atopan os colectores e a obra do edifico que está paralizado. Prometeran telo solucionado antes do inicio do curso escolar, pero un mes despois de comezar o mesmo, o camiño segue igual de inseguro e perigoso.
▶ Preguntamos o motivo polo que a exposición da Castelao dedicada ao pintor grovense Ernesto Goday, non tivera unha inauguración oficial tal e como se ten feito con outras.
▶ Preguntamos se se estaba traballando na programación do Nadal, pois tendo coñecemento de que a partida de cultura estaba esgotada considerabamos que podían perigar as cabalgatas e actividades que tanto anelan as cativas e cativos do Grove.
▶ Preguntamos tamén se se estaba traballando na programación do Entroido 2022 pois, salvo aprobación duns novos orzamentos antes de marzo do vindeiro ano (practicamente imposible), a partida destinada a este evento está baixo mínimos trala drástica redución realizada no actual exercicio.
▶ Preguntamos cando se ía convocar a Mesa da Cultura e o Patrimonio pois, logo de ter unha primeira toma de contacto hai meses (onde se valorou as persoas que formarían parte da mesma), non se volveu reunir. Pedimos que se a concelleira non estaba dispoñible para asumir o reto que procurase delegar as súas funcións noutra persoa.
▶ Pedimos que se actuase en Confín, na saída de vehículos dende a fonte dos cabaliños, pois, cando hai vehículos aparcados á man esquerda é preciso invadir o carril de circulación para ter visibilidade, o que provoca un serio perigo para os condutores.
▶ Preguntamos que circunstancias se deron para que a Axencia de Lectura de San Vicente por fin abra as súas portas (25 de outubro) e non o fixese con anterioridade como temos reclamado en varias ocasións.
▶ Solicitamos novamente que se tratase coa Deputación de Pontevedra a posibilidade de dotar de alumeado público a zona que transita dende a Igrexa de San Vicente ata o Carreiro, pois é moi transitada e supón un perigo para os viandantes e vehículos que circulan pola zona.
▶ Preguntamos que sucedía coa obra de adaptación do local do Club de Remo Mecos, pois leva un retraso considerable e está creando un enorme malestar entre os membros do club.
▶ Volvemos pedir por eneísima vez os expedientes da Torre de Escuredo, logo de telo feito, dende xaneiro, en dúas ocasións por rexistro e en numerosos plenos.
▶ Preguntamos en que situación se atopaba a redacción da Ordenanza de Patinetes Eléctricos, solicitada hai case dous anos.
▶ Preguntamos se o goberno tiña pensado facer algún tipo de actuación conxunta, ao igual que outros concellos de Galicia, para reclamar unha mellora na atención primaria do Centro de Saúde do Grove.
▶ Preguntamos ao Alcalde se tiña pensado reunir ao Consello Local de Turismo para debater o tipo de modelo turístico que queremos no Grove (pregunta que el mesmo fixera na prensa con anterioridade).
▶ Preguntamos pola documentación solicitada por rexistro en relación á subvención turística presentada hai unhas semanas. Así mesmo preguntamos canto custou a consultora que se encargou de preparar e presentar a subvención.