✊🏽 Desde Esquerda Unida esiximos neste 1º de Maio frear as novas deslocalizacións de sectores fundamentais da nosa economía.
Non é de recibo que as multinacionais se embolsasen inxentes cantidades de subvencións sacadas dos nosos impostos e que agora decidan pechar instalacións completas para maximizar beneficios ou reducir emprego a través de EREs.
Non imos permitir que condenen a comarcas enteiras ao desemprego e á miseria. Reivindicamos unha política industrial que nos saque do bucle da dependencia case absoluta do sector servizos e do turismo.
Viva o 1º de maio!
Viva a loita obreira!!

📣Esquerda Unida denuncia ante a Xunta o total abandono da Estación de Autobuses
🚌 Os esquerdistas denunciaron ante á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a situación e piden ao goberno municipal que tamén actúe e faga o propio para esixir solucións ao lamentable estado no que se atopan as instalacións.
😔 Consideran que esta non pode ser a primeira imaxe que se atopen as persoas que chegan ao Grove nin a que se atope a veciñanza cando quere usar este servizo público.
➡️O Grove, 9 de maio de 2021.- A agrupación local de Esquerda Unida ven de denunciar ante a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade o total abandono no que se atopan as instalacións da Estación de Autobuses do concello do Grove. Papeleiras cheas e sen recoller dende hai tempo, lixo por todas as esquinas, sucidade, mobiliario esnaquizado,... son algúns exemplos da imaxe que se atopa calquera persoa que se acerque ás instalacións públicas situadas na zona portuaria.
Os esquerdistas consideran que esta non é a imaxe que as persoas que visiten un concello turístico como O Grove se pode atopar nada máis poñer o pé en terra meca, nin a que debe soportar a veciñanza que decide utilizar o transporte público.
É por iso, que logo de denunciar esta situación ante a Xunta, titular das instalacións, piden tamén ao goberno municipal que faga o propio como Concello e lles esixa que poñan fin a esta lamentable situación.
#euogrove #servizospublicos #estacionautobuses #limpeza #Mantemento
‼️Noticia web e imaxes da situación da Estación de Autobuses:
🔗http://www.euogrove.es/2021/05/eu-denuncia-ante-xunta-o-total-abandono.html

www.euogrove.es
EU denuncia ante a Xunta o total abandono da Estación de Autobuses
Os esquerdistas denunciaron ante á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a situación e piden ao goberno municipal que tamén actúe e ...
📣 EU cre que a pésima xestión do goberno é a única razón para non organizar a ludoteca de verán‼️
💸 Os esquerdistas lembran que a partida orzamentaria para a ludoteca atópase baleira logo de eliminala no 2020 e non ter as contas aprobadas do presente exercicio, polo que consideran que a Covid é tan só unha escusa cando o motivo real é outro.
👨👩👧👦 Entenden que se outros concellos e entidades privadas poden organizalos, O Grove tamén, polo que piden ao goberno que reconsideren a súa postura negativa e organicen a ludoteca para que a veciñanza poida conciliar nunha época de maior actividade laboral.
➡️ O Grove, 21 de maio de 2021. O pasado venres 14 as redes sociais do Concello do Grove sorprendían coa noticia de que a “ludoteca de verán” non ía organizarse debido á pandemia. O goberno socialista escudábase na situación sanitaria para descartar por segundo ano consecutivo a celebración desta actividade estival, moi reclamada polas familias do Grove xa que axuda a conciliar nunha das épocas de máis actividade laboral, que á vez coincide coas vacacións educativas.
Esta decisión non convence a Esquerda Unida, pois entenden que ese non pode ser impedimento para realizar esta actividade, cando outros concellos e incluso entidades privadas locais si están traballando na realización destas ludotecas-campamentos. Segundo o seu voceiro, José Antonio Otero González, “a única explicación que atopamos atende exclusivamente á pésima xestión deste goberno, pois a día de hoxe non teñen aprobado –nin está na axenda a curto prazo– o orzamento do presente exercicio, e estanse rexendo por unhas contas prorrogadas do 2020, nas que anularon a partida de 15.000€ destinadas a esta actividade”.
Otero recorda que en outubro de 2020, cando o executivo local someteu as contas á aprobación do pleno, el mesmo xa advertiu de que isto podería pasar, “pois ao aprobarse as contas a escasos dous meses de rematar o exercicio, ese orzamento sería o que rexería o seguinte ano se non se aprobaba un novo a principios do 2021”. Outro dos puntos que tamén o voceiro esquerdista puxo en dúbida naquel pleno, “o habitual no goberno de Cacabelos, dende que é alcalde é presentar as contas pasado o primeiro semestre, en lugar de facelo antes de comezar o ano ou como moi tarde no primeiro trimestre e isto débese á súa pésima xestión”.
Dende Esquerda Unida recordan que Cacabelos dixo no propio pleno que iso non sucedería, anunciando que ían traballar para presentar as contas como moi tarde en febreiro, pero “a realidade é que estamos en maio e, convocadas xa as comisións do pleno, o Orzamento non se vai debater neste mes”, sentenza Otero.
Por este motivo, os esquerdistas denuncian “as continuas mentiras e escusas utilizadas polo goberno do PSOE para tapar a nefasta xestión que están a realizar”. Para José Antonio Otero, “a pandemia en canto a desculpas, foi o mellor que lle puido pasar ao PSOE, pois xa son numerosas as veces que utilizou a Covid como pretexto, incluso para cuestións que tiñan que estar realizadas antes do comezo desta pandemia”.
Así mesmo, Esquerda Unida pide ao executivo local que reconsideren a súa postura, procuren partida orzamentaria e organicen a Ludoteca adaptándose á nova normalidade e cumprindo coas medidas sanitarias e de seguridade esixidas, co propósito de ofrecer á veciñanza unha solución á necesaria conciliación que moitas familias do Grove precisan nunha época estival na que é presumible que aumente a actividade laboral e na que os nenos e nenas se atopan nas súas vacacións educativas.
#LudotecaVerán #Campamento #Conciliación #XestiónMunicipal #euogrove
http://www.euogrove.es/2021/05/eu-cree-que-pesima-xestion-do-goberno-e.html

EU cree que a pésima xestión do goberno é a única razón para non organizar a ludoteca de verán
Os esquerdistas lembran que a partida orzamentaria para a ludoteca atópase baleira logo de eliminala no 2020 e non ter as contas aprobadas...
📣‼️ Hoxe levantámonos coa noticia de que a Xunta de Galicia eliminará a Torre de Escuredo do seu catálogo de Bens de Interese Cultural (BIC). 🏚 Deste modo, o Concello do Grove quedará sen o único elemento patrimonial declarado como BIC en todo o termo municipal.
📃 Dende Esquerda Unida vimos de rexistrar a solicitude dunha xuntanza urxente da Mesa de Cultura e Patrimonio ou, no seu defecto, dos voceiros/as dos Grupos Municipais co propósito de abordar esta triste noticia e procurar accións conxuntas para que a Xunta se retracte e manteña a Torre de Escuredo como Ben de Interese Cultural de Galicia. 📅 Temos un mes de prazo para presentar alegacións e dende o Concello temos que actuar.

📣 EU insta ao Concello a traballar de forma conxunta para manter o BIC da Torre de Escuredo
‼️ Os esquerdistas solicitan unha xuntanza urxente da Mesa de Cultura e Patrimonio para abordar a decisión da Xunta de Galicia de eliminar a Torre de Escuredo do rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia e procurar accións para que non desapareza o único BIC do Grove.
‼️ O voceiro esquerdista denuncia tamén a inacción municipal nestes anos e volve preguntar pola documentación relativa á Torre reclamada dende xaneiro.
📃 Noticia completa:
👇👇
http://www.euogrove.es/2021/06/eu-insta-ao-concello-traballar-de-forma.html

EU insta ao Concello a traballar de forma conxunta para manter o BIC da Torre de Escuredo
Os esquerdistas solicitan unha xuntanza urxente da Mesa de Cultura e Patrimonio para abordar a decisión da Xunta de Galicia de eliminar a To...
📣📣Logo de dous meses e medio, seguimos agardando pola documentación relativa ao Protocolo CES🐾 que supostamente está aplicando o Concello do Grove.
➡O 29 de marzo, Esquerda Unida presentou a pleno unha moción para solicitar a aplicación do Protocolo CES no noso concello. O goberno tumbou a nosa proposta aludindo que estaban traballando nese aspecto e ofreceunos unha documentación onde se constataba todo o que, dende o concello, levan feito en relación ás colonias felinas e á aplicación do protocolo CES. Non só aceptamos a documentación, senón que oito días despois (6 de abril) solicitamos✍ a mesma a través do rexistro municipal.
Ante a tardanza⌛ na entrega da citada documentación, no pleno do 26 de abril, o noso voceiro, José Antonio Otero, preguntou pola mesma, obtendo unha desculpa por parte da concelleira responsable, que textualmente (como se pode ver no vídeo) indicou: “pensei que o Técnico de Medio Ambiente xa lle remitira a documentación, pero bueno, quedou de facelo, non o fixo. Mañá a primeira hora xa llo recordo para que así o faga”.
📅Un mes despois, no pleno do 31 de maio, o noso voceiro volveu preguntar novamente o motivo polo que seguiamos sen recibir a documentación por parte do concello. Esta vez, en base á resposta do pleno anterior, o noso voceiro fixo alusión a que no pleno anterior a concelleira dixera que fora culpa do Técnico de Medio Ambiente que non o mandara. A concelleira volveu reiterar as desculpas e indicar que llo recordaría ao día seguinte ao técnico. Tamén se mostrou enfadada porque dixemos que ela lle botara as culpas ao técnico, afirmando que non era verdade e que ela nunca lle botara as culpas a ningún traballador dependente do seu cargo.
Curioso, pois así o fixo no pleno de abril, indicando que o técnico quedara en enviar a documentación, e así o reiterou no pleno de maio, cando dixo que llo volvería recordar.
🙄 Dunha maneira ou outra, a día de hoxe, seguimos sen contar coa documentación relativa ao asunto referido, e estamos por asegurar que esa documentación non existe, e cando menos, non existía o día do pleno no que se tratou a moción sobre o Protocolo CES, pero serviulle de desculpa para votar en contra da proposta e seguir sen facer nada, como ata o de agora.
Grupo Municipal Esquerda Unida
#euogrove #protocoloCES #RogosePreguntasPleno
https://youtu.be/_XFsVzi8a2w

YouTube
Sobre a documentación relativa ao protocolo CES que o goberno non da entregado a Esquerda Unida
Extracto do Pleno de marzo de 2020 onde, durante o debate da moción de EU para a aplicación do Protocolo CES, a Concelleira de Medio Ambiente ofrece documentación para xustificar o traballo que se está a realizar dende o concello e votar en contra da moción.…
ESQUERDA UNIDA TRASLADOU AS SÚAS PROPOSTAS AO CONSELLO LOCAL DE TURISMO E CRITICOU A TARDANZA NA SÚA CONVOCATORIA
🔻Os esquerdistas lamentan a falta de compromiso do Alcalde ao convocar o Consello 9 meses despois e ás portas da tempada estival e mostraron a súa preocupación pola falta de acondicionamento e limpeza de moitos dos espazos públicos.
📣A representante de EU no órgano sectorial pediu a limpeza e amaño dos sendeiros do Monte Central da Toxa, o mantemento e conservación dos elementos expostos en Punta Moreiras, a reparación dos paseos de madeira de Pedras Negras, a Lanzada e Porto Meloxo, así como o arranxo dos accesos aos diferentes areais e unha actuación de adecuación do paseo de Beiramar.
👉👉O Grove, 11 de xuño de 2021.- O pasado mércores día 2 tivo lugar a primeira xuntanza do Consello Local de Turismo deste 2021, cuestión que ocasionou a primeira crítica da representante de EU no órgano sectorial, Susana Millán, que recordou que o Alcalde “se comprometera, en setembro, a reunirse dous meses despois para comezar a traballar na dimamización turística deste 2021, así como a ter xuntanzas con maior frecuencia”. Millán lamentou a falta de compromiso do Alcalde, pois ningunha das súas promesas foron cumpridas e “á metade do 2021 e coa tempada estival a piques de comezar é máis que patente que nada se fixo dende o Consello Local para traballar nas cuestións turísticas”.
Así mesmo, Millán manifestou a preocupación de Esquerda Unida polo estado en que se atopan moitos dos elementos públicos⚠ do noso concello, que supoñen unha imaxe lamentable do Grove para a veciñanza pero sobre todo para calquera persoa que nos visita.
Deste modo, a esquerdista solicitou a reparación👷♀️ e/ou reposición dos paneis informativos do Monte Central da Toxa e a limpeza de todos os seus camiños. Susana Millán recordou que o parque infantil da Aldea dos Grobits recibiu hai escasas semanas a Q de calidade e, “este galardón contrasta co estado no que se atopa o entorno e os accesos ao mesmo”.
Outra das preocupacións dos esquerdistas está enfocada no espazo museístico de Punta Moreiras onde, pola falta de mantemento e conservación, xa desapareceron o barco Platuxa e o mastro do Nieves e no que perigan outras pezas expostas, como o autoclave que se atopa instalado no aparcadoiro, “unha peza de ferro situada ao carón do mar no que o óxido xa está facendo os seus estragos”, indica Susana Millán, que instou ao goberno a “actuar con urxencia na limpeza, pintado e mantemento deste e doutros elementos patrimoniais”.
No referente aos paseos de madeira♿ e accesos ás praias, Millán manifestou a necesidade de reparar ou cambiar as madeiras deterioradas das sendas de Pedras Negras, a Lanzada ou Porto Meloxo. Nesta última, a de Porto Meloxo, con suma urxencia pois a súa balaustrada está piques de caer. En Xeral, a esquerdista instou revisar e arranxar todos estes lugares e, sobre todo, os accesos de madeira aos diferentes areais, pois hai moitos en moi mal estado.
Tamén o Paseo de Beiramar foi obxecto de reclamación🚨 por parte da representante de Esquerda Unida, pois entende que “precisa un bo lavado de cara, xa que a parte da estrada recén inaugurada deixa aínda máis en evidencia o abandono da zona marítima”. Así, Susana Millán enumerou algunhas das deficiencias como “baldosas rotas, óxido das cadeas da balaustrada, paneis informativos deteriorados ou esnaquizados, pavimento afundido...” e pediu que se procurase unha actuación na zona que mellore a imaxe actual.
Por último, a esquerdista lamentou a falta de acondicionamento e limpeza das zonas e lugares máis concorridos. “Agora, as persoas que nos visitan apostan cada vez máis por actividades ao aire libre, realizan rutas de sendeirismo, visitan espazos naturais ou descobren miradoiros” manifesta Susana Millán que entende que “non se está ofrecendo a mellor imaxe destes espazos”. Millán puxo como exemplo o estado no que se atopa a primeira rotonda na entrada a O Grove, “pois é un adianto, para os turistas, do quen se poden atopar e, agora mesmo, non cremos que sexa unha boa impresión”.

No relativo á Festa do Marisco, dende as filas esquerdistas móstranse sorprendidos, pois entenden que estando na orde do día, o tema estaría xa avanzado, e o que menos se esperaban era que o Alcalde “tratase o asunto para dicirnos que se tomaba dez días máis para decidir se se facía ou non”, indica a representante de Esquerda Unida.
😷 Na agrupación esquerdista teñen claro que para a realización deste evento “debe primar a seguridade dos asistentes e das traballadoras e traballadores da festa” e entenden que o “formato clásico implica unha gran afluencia de visitantes, particularmente na fin de semana, polo que pode ser complicado controlar a posible masificación”, manifesta Susana Millán. A esquerdista considera que “aínda que a festa é nun espazo exterior, non debemos esquecer que se desenrola en mesas compartidas, con persoas de diferentes localidades da xeografía española e estranxeiro, comendo sen mascariila, o que pode supoñer un problema para a saúde”. “Para nos é importante que se se celebra esta edición da Festa do Marisco non se poña en risco a saúde de ninguén, nin tampouco a imaxe da Festa”, finaliza Millán.
#euogrove #consellolocaldeturismo #turismo #festadomarisco
http://www.euogrove.es/2021/06/eu-trasladou-as-suas-propostas-ao.html

EU trasladou as súas propostas ao Consello Local de Turismo e criticou a tardanza na súa convocatoria
foto: facebook turismogrove Os esquerdistas lamentan a falta de compromiso do Alcalde ao convocar o Consello 9 meses despois e ás portas da ...
📣 O CAMIÑO ESCOLAR SEGURO DE ROSALÍA SEGUE SENDO INSEGURO ‼️
🗣 No pleno do 29 de marzo, o noso voceiro reiterou a necesidade de actuar no “Camiño Escolar Seguro” de Rosalía de Castro no seu paso pola rúa Conchases. 🏚 Neste tramo existe unha obra nunha edificación que se atopa paralizada dende hai anos e supón un perigo para as persoas que circulan pola súa beirarrúa polo que solicitamos ao concello que procurase unha solución para evitar accidentes.
👍 Entre as solucións propoñiamos que se desviara o tránsito de peóns pola outra beirarrúa. Un mes despois, no pleno do 26 de abril, a Concelleira de Obras indicou que ían pintar un paso de peóns e desviar o “Camiño Escolar Seguro” cara a outra beirarrúa co propósito de que a circulación de peóns fose máis segura.
🤷🏻♂️ A día de hoxe, dous meses e medio despois da resposta da concelleira, e tres meses dende a interpelación do noso voceiro, a rúa continúa no mesmo estado, e os/as peóns seguen transitando pegados ao citado edificio.
❓ A que agardan para cumprir co seu compromiso? A que suceda unha desgraza?
https://youtu.be/RDOeDW5Z3Aw

Sobre o Camiño Escolar Seguro de Rosalía. Promesas e realidade
No pleno do 29 de marzo, o noso voceiro reiterou a necesidade de actuar no “Camiño Escolar Seguro” de Rosalía de Castro no seu paso pola rúa Conchases. Neste tramo existe unha obra nunha edificación que se atopa paralizada dende hai anos e supón un perigo…
🔻 EU PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA LOITAR CONTRA A SOIDADE NON DESEXADA
👉O grupo municipal de Esquerda Unida elevará ao pleno de xuño unha proposta na que insta ao goberno municipal a crear un censo de persoas que viven soas e a combater a soidade non desexada.
📈Segundo Esquerda Unida, o alto índice de envellecemento da poboación galega (no Grove sitúase nos 130,82) sumado ao crecemento continuo dos fogares unipersoais, provoca que cada vez sexa maior o número de persoas maiores que viven soas, se a isto se lle suma que moitas desas persoas teñen algún tipo de dependencia ou unha renda baixa, os esquerdistas entenden que existe un problema no que é preciso unha intervención por parte das administracións, neste caso da local.
Por ese motivo, o grupo municipal de Esquerda Unida pedirán no pleno do vindeiro luns, que o Concello cree un censo municipal, voluntario, de persoas que viven soas, co propósito de coñecer a situación real deses fogares e poder intervir en melloras e/ou solucións. Así mesmo, instarán ao goberno municipal a crear un Plan de Envellecemento Activo para ofrecer un servizo de axuda, información e acompañamento ás persoas maiores. Por último, solicitarán a adhesión á rede de Cidades Amigables coas Persoas Maiores e ao proxecto Cidades que Coidan, para converter O Grove nunha cidade coidadora.
#euogrove #mocion #pleno #planenvellecementoactivo #soidadenondesexada #coidados #acompañamento
Ler moción completa
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2021/06/eu-presenta-unha-mocion-para-loitar.html

EU presenta unha moción para loitar contra a soidade non desexada
O grupo municipal de Esquerda Unida elevará ao pleno de xuño unha proposta na que insta ao goberno municipal a crear un censo de perso...
🔻 MOCIÓN: ESQUERDA UNIDA INSTA Á XUNTA A REFORMAR A ESCOLA INFANTIL DE RONS PARA DAR CABIDA A MÁIS FAMILIAS
📥 Esquerda Unida presenta ao pleno de xuño unha moción para solicitar ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que dea unha solución ás familias que quedan fora da Escola Infantil de Rons.
📣Os esquerdistas piden que se procure dar cabida ao maior número de cativos👶 para o vindeiro curso escolar na Galiña Azul e que se traballe na ampliación do centro educativo de Rons co propósito de aumentar as aulas e lograr que a lista de agarda se vexa reducida de forma considerable.
Recordan que este ano a demanda de prazas aumentou na Escola Infantil de Rons logo de que o centro concertado das "monxas" pechase as súas portas. Hai unha trintena de familias en lista de agarda. Esquerda Unida indica que no Grove non existe alternativa, e fóra do municipio as prazas ofertadas son insuficientes para dar cobertura á demanda existente.
#euogrove #escolainfantil #listadeagarda #aumentodeprazas #ampliacion
Ver noticia e moción completa:
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2021/06/mocion-eu-insta-xunta-reformar-escola.html

MOCIÓN: EU insta á Xunta a reformar a Escola Infantil de Rons para dar cabida a máis familias
Esquerda Unida presenta ao pleno de xuño unha moción para solicitar ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que dea ...
👍 AS MOCIÓNS PRESENTADAS POR ESQUERDA UNIDA ACADAN O VOTO UNÁNIME DA CORPORACIÓN
‼ Tanto a moción para a elaboración dun censo de persoas que viven soas e a posta en marcha dun plan de envellecemento activo para combater a soidade non desexada, como a que solicitaba a ampliación das prazas da Escola Infantil “A Galiña Azul” en Rons, foron aprobadas por unanimidade no pleno do mes de xuño, celebrado no día de hoxe.
Así o goberno a instancias da corporación:
▶️ Elaborará un Censo municipal de persoas que viven soas e un Plan de Envellecemento Activo cos seguintes obxectivos:
a) Coñecer as necesidades das persoas maiores que viven soas na nosa vila.
b) Ofrecer información de actividades lúdicas que poidan ser do seu interese.
c) Ofrecer alternativas de ocio.
d) Informar e solicitar o servizo de teleasistencia de forma gratuíta.
e) Fomentar as relacións persoais.
f) Crear unha rede de axuda e acompañamento na que poidan colaborar as veciñas e veciños que queiran participar.
▶️ Adherirase á rede de Cidades Amigables coas Persoas Maiores (www.ciudadesamigables.imserso.es) e ao proxecto “Ciudades que Cuidan” (www.ciudadesquecuidan.com), co propósito de que O Grove se converta nunha Cidade Coidadora.
▶️ Solicitará ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar que estude e procure todas as opcións que impliquen a matriculación do maior número de nenas e nenos, que se atopan en lista de agarda, para o curso 2021-22.
▶️ Solicitará á Xunta de Galicia e ó Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que, na maior brevidade posible, se inicien os trámites para proceder á ampliación do edificio que alberga a Escola Infantil da Galiña Azul en Rons, co propósito de dotala de máis aulas, ou no seu lugar, á construción dun novo edificio que sexa complementario ou substituto do actual.

🗣 ROGOS E PREGUNTAS NO PLENO DE XUÑO:
▶️ O voceiro de Esquerda Unida, José Antonio Otero González preguntou pola convocatoria da xuntanza da Mesa de Cultura e Patrimonio á que se comprometera a concelleira no pleno de maio, xa que houbo temas importantes que tratar na mesma.
▶️ Preguntamos en que situación se atopaba a mesa de negociacións creada en torno a Adro Vello e que se estaba facendo na zona, pois parece que só se actuou cando saíron os osos á luz.
▶️ Volvemos denunciar o estado das fontes e lavadoiros do noso concello e pedimos unha actuación nos mesmos. Levamos máis un ano insistindo no acondicionamento destes elementos patrimoniais.
▶️ Solicitamos un espello na zona da nova rotonda de Beiramar que permita unha mellor visibilidade aos vehículos que se incorporan dende o paseo con relación aos que acceden dende Castelao.
▶️ Preguntamos a que atenden os permisos arbitrarios de terrazas no noso concello, pois existen locais aos que se lles permite montar estas en estacionamentos públicos e a outras non. Tamén temos constancia de terrazas sen permiso e pedimos que se actúe sobre elas.
▶️ Volvemos preguntar pola seguridade no camiño escolar seguro de Rosalía de Castro na zona de Conchases, pois comprometéronse a unha actuación na zona no pleno de maio. Pedimos que cando menos estea solucionado para o comezo no novo curso escolar.
V
▶️ Preguntamos pola tardanza en abrir Vellos Tempos, logo de terse comprometido a que comezase o 1 de xuño, que iniciará o servizo o 1 de xullo. Tamén nos interesamos en coñecer o motivo polo que se convocaba aos familiares para indicarlles se son aptos ou non a participar no servizo, un día antes de poñerse en funcionamento.
▶️ Puxemos en coñecemento do goberno o posible incumprimento medioambiental por parte da empresa que realiza o dragado do Porto do Grove, pois nos indicaron que depositan os restos na boca da ría.
▶️ Volvemos preguntar polos expedientes solicitados en xaneiro relativos a Torre de Escuredo e que non nos foron entregados.
▶️ Preguntamos polo Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS) e polas propostas que realizara o noso grupo municipal en setembro de 2019. Solicitamos que se convocara unha xuntanza para tratar o plan.
👇👇👇
https://youtu.be/lMtEu5Z1aro?t=3194

Pleno ordinario 28 de Xuño de 2021
Hoxe os compañeiros de EU O Grove, Gonzalo Bea e José A. Otero, asísten á XIII Asemblea Nacional de Esquerda Unida en representación da delegación do Salnés. Os dous formarán parte da nova Coordinadora Nacional.
Logo de pedilo en varios Plenos e Consellos Locais de Turismo durante os últimos 5 anos, parece que por fin se repuxeron e amañaron os paneis informativos de Moreiras.
Agora, a ver se sucede o mesmo cos paneis instalados noutros puntos do concello, que continuan nun estado lamentable e ofrecen unha pésima imaxe turística.