🔻 O noso voceiro José Antonio Otero González explica a proposta que Esquerda Unida ten feito, en varias ocasións nos últimos 6 anos, para ofrecer melloras aos contribuíntes no cobro das taxas e impostos municipais.
🙋♂️ Esta proposta foi recordada durante o debate plenario do mes de febreiro, aproveitando que o goberno levaba á aprobación unha Ordenanza Xeral de Xestión e Recadación de Tributos municipais.
🛎Así mesmo, Otero, tamén desminte as declaracións do Alcalde durante o pleno no que aseguraba que calquera veciña ou veciño podía solicitar o fraccionamento dos impostos e facelo en calquera momento do ano.
#euogrove #pleno #febreiro #recadaciónmunicipal #taxas #pagofraccionado #impostos #ogrove
👁👇👇
https://youtu.be/sOgK_BdNvyw

YouTube
EU O Grove sobre a Ordenanza de Xestion e Recadación de Tributos
Proposta de EU O Grove sobre a recadación fiscal e as mentiras do Alcalde sobre a Ordenanza Fiscal Xeral de Xestión e Recadación dos Tributos Locais, aprobad...
✍️ Moción de EU para a implantación de Puntos de Recarga para Vehículos Eléctricos🚗🔌
- .
🎧 Fragmentos do pleno coas intervencións do noso voceiro e do Alcalde sobre a proposta de Esquerda Unida para a implantación de Puntos de Recarga para Vehículos Eléctricos no Concello do Grove.
-
⁉️ Curioso cando menos que o goberno se absteña aludindo que xa están traballando en todo o que pedimos. A día de hoxe, diante da Confraría non hai punto de recarga a pesar de existir pre-instalación dende hai 2 anos, na obra de Alexandre Bóveda non se deixou ningunha pre-instalación para estes puntos e nas obras que se están executando en Beiramar e Sineiro non existe previsión para que estas zonas conten con puntos de recarga para VE.
-
✅A moción foi aprobada por maioría logo dos votos a favor de EU (2), PP (2) e BNG (2) e a abstención do PSOE (9)
#euogrove #pleno #febreiro #mocion #vehiculoselectricos #puntosderecarga #ogrove #ceroemisions #tecnoloxiaeco
👁👇👇
https://youtu.be/K3cB9xR_XHw

Moción GM EU O Grove para a implantación de Puntos de Recarga para Vehículos Eléctricos
Pleno do mes de febreiro de 2021 do Concello do Grove. Proposta moción Esquerda Unida para a implantación de Puntos de Recarga para Vehículos Eléctricos no Concello do Grove
Intervencións do voceiro de EU e o Alcalde.
Moción completa: http://www.euogrove.es/2021/02/eu…

♀️ Moción de Esquerda Unida e BNG para abordar a crise da Covid con perspectiva de xénero e de apoio ás mobilizacións feministas do 8 de marzo.
‼️ Logo de ter presentado sendas mocións relacionadas co 8M, Esquerda Unida e BNG decidimos fusionalas e presentar unha única proposta conxunta ao pleno do pasado mes de febreiro.
💁♀️ A nosa concelleira, Kris Domínguez Domínguez, dou lectura á proposta de acordos conxunta logo de expoñer os motivos que nos levaban a presentar a moción.
✅ A proposta foi aprobada por unanimidade.
#euogrove #pleno #febreiro #mocion #8M #mobilizacionfeminista #ogrove #feminismo
👁👇👇
https://www.youtube.com/watch?v=mUic4FMojTI

Moción EU O Grove e BNG sobre o 8M
Pleno do mes de febreiro de 2021 do Concello do Grove. Proposta moción de Esquerda Unida e BN para abordar a crise da Covid con perspectiva de xénero e de ap...
🏛 Moción de EU para a creación dunha Mesa Local da Cultura e o Patrimonio.
-
🎬 Fragmentos do pleno de febreiro coas intervencións do noso voceiro, José Antonio Otero González, e do Alcalde sobre a proposta de Esquerda Unida para a constitución dunha Mesa Local para a Cultura e o Patrimonio.
-
✅A moción foi aprobada por maioría logo dos votos a favor de EU (2), PP (2) e BNG (2) e a abstención do PSOE (9)
-
#euogrove #pleno #febreiro #mesalocal #cultura #patrimonio #conservacion #divulgacion #patrimoniomaterial #patrimonioinmaterial #ogrove
👀👇👇
https://www.youtube.com/watch?v=pJNt_sEhkpo

Moción GM EU O Grove para a constitución dunha Mesa Local de Cultura e Patrimonio
Pleno do mes de febreiro de 2021 do Concello do Grove. Proposta moción Esquerda Unida para a constitución dunha Mesa Local de Cultura e Patrimonio.
Intervencións do voceiro de EU e o Alcalde.
Moción completa: http://www.euogrove.es/2021/02/eu-pide-constitucion…

⁉ Esquerda Unida pregunta polas máscaras😷 doadas ao concello que ían ser repartidas aos colexios.
➡O Grove, 6 de marzo de 2021.- O dezaseis de setembro do pasado ano, o Concello do Grove anunciou que recibira, da empresa de montaxes e alugamentos profesionais “Myagal” asentada en Sanxenxo”, a doazón de 1.000 máscaras de protección infantís que ían ser distribuídas ás cativas e cativos dos colexios grovenses a través das súas respectivas ANPAs.
A día de hoxe, case seis meses despois do anuncio do Concello (web e redes sociais), as ANPAs non recibiron nada e as nenas e nenos dos colexios do Grove seguen sen contar con ese elemento de protección que a empresa Myagal decidiu doar.
Por este motivo, o Grupo Municipal de Esquerda Unida rexistrou este xoves unha pregunta a través da sede electrónica co propósito coñecer o paradoiro destas máscaras e no suposto de que sigan nas dependencias municipais, esixir que se realice o reparto entre as ANPAs para que procedan a distribución entre a rapazada grovense, tal e como anunciaron.
#euogrove #COVID19 #repartodemascaras #colexios #ANPAs #doazon
http://www.euogrove.es/2021/03/eu-pregunta-polas-mascaras-doadas-ao.html

www.euogrove.es
EU pregunta polas máscaras doadas ao concello que ían ser repartidas aos colexios
Foron doadas pola empresa Myagal, o pasado setembro, para repartir entre a rapazada grovense. O concello anunciou que farían o reparto a...
📌 EU solicita a xuntanza do Consello Local de Turismo para traballar conxuntamente na planificación turística do ano
⏳Lembran que en setembro, o Alcalde comprometeuse a convocar o consello sectorial no mes de novembro co propósito de traballar de forma conxunta na procura de accións que mellorasen a situación do sector turístico neste 2021. A menos dun mes dunha atípica Semana Santa, os esquerdistas piden que, aínda con case seis meses de retraso, cumpra co compromiso e convoque o Consello Local de Turismo.
❓❓ Esquerda Unida tamén pregunta que pasou coas contas da Festa do Marisco do 2019, que ían ser trasladadas aos membros do CLT no mes de setembro. A día de hoxe, as contas tampouco están publicadas na web municipal.
➡ O Grove, 11 de marzo de 2021.- A última vez que o Consello Local de Turismo se reuniu foi o 30 de setembro do pasado ano. Nesa xuntanza, na que se presentaban as contas da Festa do Marisco, a representante de Esquerda Unida, Susana Millán, criticaba a nula utilidade que tiña o consello sectorial e poñía enriba da mesa a necesidade de traballar de forma conxunta para que o sector turístico acadase uns mellores resultados no presente ano. O Alcalde comprometíase entón a convocar o Consello Local con máis periodicidade e propoñía o mes de novembro como data para a seguinte xuntanza, co propósito de preparar unha estratexia turística para o 2021 tendo en conta a situación epidemiolóxica actual.
Dende Esquerda Unida denuncian que “esa xuntanza nunca tivo lugar e, case seis meses despois, atopámonos ás portas dunha ponte de tres días (San Xosé) e a menos dun mes da Semana Santa, e dende o Concello non hai indicios de que vaian a reunir ao Consello Local de Turismo”. Os esquerdistas preguntan se o concello ten previsto levar a cabo algunha iniciativa para incentivar o consumo, como ten feito co comercio local, ou se vai realizar algunha actuación centrada no turismo de proximidade, que poida atraer visitantes á nosa localidade.
Planificar con tempo unha estratexia turística “era o que se propoñía, e se acordou, no último e único Consello Local de Turismo do pasado ano”, indican dende Esquerda Unida, que consideran así mesmo, que “o 2021 ofrecíanos unha boa oportunidade, ao ser ano Xacobeo, para promocionar e por en valor a Ruta do Padre Sarmiento e a Ruta Xacobea do Mar de Arousa, que pasan pola nosa vila”.
O ano 2020 foi o peor ano turístico a nivel mundial. Os datos da Organización Mundial de Turismo (OMT) revelan que a crise sanitaria puxo en risco, en todo o mundo, entre 100 e 120 millóns de postos de traballo directos. Segundo Esquerda Unida, “na nosa vila os datos de 2020 tamén foron devastadores; non houbo campaña de Semana Santa e a temporada de verán, que dou comezo en xullo, cando se flexibilizaron as restricións pola crise sanitaria, rematou en agosto. A Covid-19 tamén obrigou a cancelar a Festa do Marisco polo que a temporada durou dous meses, cando o habitual era que fosen seis meses”.
O Grove leva desde principios de novembro 2020 con peche perimetral e non foi ata finais de febreiro de 2021 que se flexibilizou esta medida ampliando o peche á area sanitaria de Pontevedra. O sector hostaleiro afronta con incerteza a campaña de Semana Santa porque as restricións vixentes non facilitan a apertura de todos os negocios.
Dende Esquerda Unida consideran que, “aínda que tarde, é importante que se traballe dende xa, de forma conxunta, nunha estratexia turística que marque as accións e iniciativas a realizar en función das circunstancias que se poidan dar por mor da Covid”. É por iso, polo que piden ao Alcalde que “convoque canto antes o Consello Local de Turismo para poñer enriba da mesa todas as propostas e, sobre todo, traballar de cara a Semana Santa, o verán e a Festa do Marisco”.
En relación á festa gastronómica, os esquerdistas tamén preguntan que pasou coas contas do evento do 2019, que lles presentaron no Consello Local de setembro, e se comprometeron a enviar detalladas a todos os representantes así como a subilas á web municipal.

A día de hoxe, segundo indican dende Esquerda Unida, esa documentación non lles foi trasladada e tampouco se atopa subida na web do concello, “de feito nin sequera se atopan as contas do 2018, a pesar de presumir desa transparencia”.
#euogrove #consellolocaldeturismo #Xacobeo2021 #turismointerior #crisiseconomica #COVID19 #hosteleria #turismo
http://www.euogrove.es/2021/03/eu-solicita-xuntanza-do-consello-local.html

EU solicita a xuntanza do Consello Local de Turismo para traballar conxuntamente na planificación turística do ano
Imaxe do facebook de turismogrove Lembran que en setembro, o Alcalde comprometeuse a convocar o consello sectorial no mes de novembro co pro...
⚠ Esquerda Unida denuncia a falta de mantemento e conservación do patrimonio municipal
🆘Os esquerdistas consideran a desaparición do mastro da goleta “Nieves” unha mostra do abandono, por parte do Concello, do patrimonio municipal.
🚨 Recordan que hai máis elementos patrimoniais que corren o mesmo risco e piden que se actúe no seu arranxo e/ou amaño.
➡O Grove, 15 de marzo de 2021.- Se hai máis dun ano foi o barco “Platuxa” o que, debido ao deterioro e á falta de mantemento, tivo que ser retirado de Punta Moreiras para rematar no esquecemento, a semana pasada tocoulle ao mastro da goleta “Nieves”, que desaparece tamén do entorno etnográfico de Moreiras logo de derrubarse, do mesmo modo que o “Platuxa”, debido ao deterioro provocado pola falta de mantemento, unha circunstancia que dende Esquerda Unida tachan de “grave e vergoñenta”.
Para o voceiro de Esquerda Unida, José Antonio Otero, “isto é unha nova mostra do abandono, por parte da Administración local, do noso patrimonio municipal”. “Estamos asistindo a un continuo deterioro dos elementos culturais da nosa vila, á súa falta de mantemento e conservación, e como consecuencia á súa desaparición”, sentencia Otero.
O esquerdista, recorda que isto non só sucede en Moreiras, pois son continuas as reclamacións que ten feito a súa formación en canto á conservación, mantemento e divulgación de moitos elementos culturais e patrimoniais do concello, “que no momento dinnos que actuarán, pero a realidade é que pasan os meses e continúan abandonados”, indica Otero, que pon como exemplo, ademais do sucedido en Moreiras, as diferentes fontes e lavadoiros do concello.
Recordan como logo de denunciar hai varios meses a situación da Fonte do Naval e o lavadoiro de Paus en San Vicente ou o da fonte de Estonllo, estas continúan en estado lamentable, sen que exista ningunha previsión de arranxo ou amaño, coa única premisa de que “rematarán, ao igual que o “Platuxa” ou o mastro do “Nieves”, desaparecendo para perdurar, se cabe, tan só no recordo das veciñas e veciños da zona”, indica Otero.
Por ese motivo, Esquerda Unida propuxo hai un mes a constitución da Mesa da Cultura e o Patrimonio, “para, entre outras cousas, procurar a protección de todos os elementos da nosa cultura etnográfica, marítima, arquitectónica...” e por ese motivo seguirán insistindo na creación da mesma, ao tempo que reclama ao Concello “que non figure como mero espectador ao deterioro do noso patrimonio e que actúe, pois nestes casos é a súa competencia”, finaliza o voceiro esquerdista.
#euogrove #patrimonio #cultura #conservacion #mantemento #mesadacultura
http://www.euogrove.es/2021/03/esquerda-unida-denuncia-falta-de.html

Esquerda Unida denuncia a falta de mantemento e conservación do patrimonio municipal
Os esquerdistas consideran a desaparición do mastro da goleta “Nieves” unha mostra do abandono, por parte do Concello, do patrimonio municip...
⚠ O estado actual dos pasos de peóns do Instituto e do Colexio As Bizocas, supón un risco para o alumnado. As nais e pais 📣 levan reclamando ao Concello o pintado desde o comezo do curso.
🆘 Dende Esquerda Unida pedimos que se atenda con urxencia esta reclamación.
#euogrove #fotodenuncia #pasodepeons #asbizocas #seguridadevial

📣EU quere que o Concello controle as colonias felinas😺 aplicando o protocolo CES
🐾 Esquerda Unida elevará a debate, no pleno do mes de marzo, unha moción para instar ao Concello a realizar un control das colonias felinas aplicando o protocolo CES.
➡O continuo abandono de gatos domésticos, unido á súa capacidade reprodutiva, orixina colonias descontroladas de gatos vagabundos en zonas urbanas que non son aptas para a súa supervivencia, ocasionando molestias aos veciños do municipio.
O control reprodutivo mediante a aplicación de programas de captura, esterilización e solta (CES) supón unha boa política de control da poboación felina dende o punto de vista da saúde pública e do benestar animal e que completa outras medidas de potenciación da tenencia responsable de animais.
Unha colonia de gatos esterilizada xoga un papel importante no control de roedores da zona. Ademais de mellorar as condicións sanitarias da propia colonia, os programas CES favorecen a hixiene do entorno ao reducir as conductas propias dos gatos non esterilizados. Alí onde se extermina traumáticamente unha colonia, esta volve a reproducirse, a poboación recuperarase a través do fenómeno coñecido como “o efecto baleiro”.
Por ese motivo, dende Esquerda Unida instamos ao goberno a levar a cabo un censo municipal de colonias felinas e que, en colaboración coas asociacións animalistas locais e os centros veterinarios do noso concello, se lles realice o protocolo CES. Así mesmo, pedimos que se favoreza e protexa a labor das/dos voluntarias/os que coidan as colonias, se realicen talleres de educación contra o abandono e maltrato animal e campañas que conciencien da necesidade da esterilización de animais domésticos.
#euogrove #mocion #protocoloCES #coloniasfelinas #ogrove
http://www.euogrove.es/2021/03/eu-quere-que-o-concello-controle-as.html

EU quere que o Concello controle as colonias felinas aplicando o protocolo CES
Esquerda Unida elevará a debate, no pleno do mes de marzo, unha moción para instar ao Concello a realizar un control das colonias felinas ap...
🌳 O Monte Central da Toxa é un lugar moi visitado tanto por foráneos como por veciñas e veciños do noso concello. O parque infantil Aldea dos Grobits é un dos maiores reclamos para visitar a zona, pero son moitos os que ademais percorren as sendas do monte para gozar da flora, da natureza e das fermosas vistas sobre a Illa da Toxa e a Ría de Arousa.
👷♀️ Ao contrario do que sucede no parque, onde o mantemento e limpeza é impecable, o resto do percorrido deixa moito que desexar. Carteis rotos, valados derrubados, elementos ocultos entre a maleza son as imaxes que se atopan as persoas que deciden percorrer as diferentes sendas do monte da Toxa.
👉 Un total abandono que foi posto en coñecemento do goberno polo noso voceiro no pasado pleno, reclamando unha actuación na zona e un continuo mantemento para devolver a este entorno a imaxe turística que se merece.
#euogrove #montecentral #mantemento #RogosePreguntasPleno #ogrove
https://www.facebook.com/140898295981296/posts/5247323318672076/

🚨📣Si no pleno do luns, o noso voceiro, José Antonio Otero González evidenciaba o problema existente na estrada de Meloxo, con ata catro roturas da tubaxe de abastecemento de auga nos últimos 2 meses en tres puntos diferentes, e auguraba novos cortes debido ao mal estado da tubaxe (é de fibrocemento) e ao repisado da estrada, onte mesmo cumpríronse os prognósticos e a veciñanza volveu sufrir un novo corte do subministro logo dunha nova avaría (terceira xa) na primeira fochanca.
⚠️⚠️É evidente que esta estrada precisa unha actuación urxente e máis obvio aínda que a veciñanza agarda que alguén do goberno lles informe de cales son os pasos que se están dando ou cales se van a dar para solucionar este problema. Así o esiximos no pleno do luns e seguiremos insistindo ata que se presente unha solución sexa con medios municipais ou doutras administracións.
#RogosePreguntasPleno #Solucions #RoturasTubaxesAuga #euogrove
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=5249353365135738&id=140898295981296

📣 No pasado pleno volvemos denunciar o lamentable estado no que se atopan os carteis turísticos distribuidos polo noso concello.
📌Xa denunciamos esta situación o ano pasado, pero o estados dos carteis é cada vez peor, co risco de que desaparezan.
☝Pedimos que se arranxen ou se repoñan para mellorar a imaxe turística da nosa vila‼
#euogrove #RogosePreguntasPleno #carteis #turismo #mantamento #ogrove
https://www.facebook.com/140898295981296/posts/5304156642988743/

📣 No pasado pleno volvemos alertar da inseguridade que existe nun dos tramos do “Camiño Escolar Seguro” ao CEIP Rosalía de Castro e pedimos ao concello que actúe con celeridade.
👪Son moitas as familias, que cada día pasan por esta rúa camiño da escola, as que denuncian o risco que supón para os peóns o estado desta obra. Reclaman que o Camiño Escolar Seguro debe ser iso; seguro.
👉Dende Esquerda Unida facémonos eco da problemática e solicitamos ao concello que procure unha solución antes de que se produzan danos persoais que poidamos lamentar.
🔗https://www.facebook.com/140898295981296/posts/5336834723054268/
#euogrove #fototdenunciaEU #ameaza #camiñoescolarseguro

📣 EU denuncia unha nova privatización de servizos por parte do goberno local ‼️
🚨💸O servizo de mantemento dos parques infantís e elementos biosaudables pasará a mans privadas tal e como anunciou o concelleiro de limpeza no pleno do luns.
✂️Os esquerdistas denuncian que esta nova externalización, sumada á da limpeza dos edificios públicos e á semi-privatización das Pistas de Padel, supón un detrimento dos servizos públicos municipais e preguntan cal será o seguinte.
➡️O Grove, 28 de abril de 2021.- No pleno do pasado luns, o concelleiro de limpeza e mantemento de espazos públicos anunciou, durante a quenda de rogos e preguntas, que o mantemento dos parques infantís e elementos biosaudables pasará a ser realizado por unha empresa privada. Este servizo, que se atopa dende o pasado mércores 21 aberto á presentación de ofertas, conta cun orzamento de licitación de 29.040 € e terá unha duración de 2 anos prorrogables a outros dous. A apertura de ofertas terá lugar o primeiro xoves de maio.
Para o voceiro de Esquerda Unida, José Antonio Otero, “esta é unha nova mostra do que este goberno leva facendo en detrimento dos servizos públicos do noso concello dende que tomaron as rendas do noso municipio, externalizando o maior número de servizos”.
Segundo indica Otero, “as privatizacións comezaron no pasado mandato cando o servizo de limpeza de edificios públicos pasou a mans dunha empresa externa, unificándose ao da limpeza dos centros educativos (que xa estaba externalizado)”. “Este ano atopámonos cun formato de privatización encuberto nas Pistas de Padel, cando en lugar contratar persoal, ou formalizar as prazas, pasaron a prestar o servizo a través de autónomos”, continua o esquerdista. “Agora tócalle ao servizo de mantemento de parques infantís e elementos biosaudables, pero auguramos que non será o último”, asevera Otero.
José Antonio Otero incide en que “no tanto de recuperar servizos como o da limpeza dos edificios educativos, ou o de axuda no fogar, tal e como lle instou Esquerda Unida en innumerables ocasións, este goberno segue externalizando servizos”.
“Dende Esquerda Unida denunciamos esta situación e preguntamos ao executivo local cal será o seguinte servizo en privatizar; o de augas?, limpeza das rúas ou o da recollida do lixo?” sentenza Otero a vez que recorda que no mandato do cuatripartito (2007-2011) “o servizo de recollida de lixo estivo a piques de ser privatizado, pois o PSOE concordaba co PGD na súa externalización e foi a oposición tallante do concelleiro de EU (Juan Lamelas) á que logo se sumou o BNG, a que evitou esa privatización”.
Así mesmo, a agrupación de esquerdas recorda que o goberno local do PSOE ten paralizada a Oferta de Emprego Público que eles mesmos aprobaron, e que a RPT do concello segue sen aprobar desde que fora impulsada por EU cando participou no goberno cuadripartito. Segundo Otero “estas son dúas ferramentas fundamentais para a dotación de persoal e poder ter uns servizos públicos de calidade, cuestión totalmente abandonada por Cacabelos e o seu goberno”.
Esquerda Unida “lamenta a asunción do programa neo-liberal por parte da agrupación local do PSOE do Grove e os seus representantes no concello” e indican que desde a chegada de Cacabelos á secretaría local do seu partido, este “ocupou o espazo político do PP e converteuse no referente da dereita política no Grove”.
#euogrove #pleno #externalizacion #ServiciosMunicipales
vídeo: https://youtu.be/zd0mdeLOuyI
ler na web: http://www.euogrove.es/2021/04/eu-denuncia-unha-nova-privatizacion-de.html

O Concelleiro de Limpeza anunciando a externalización do servizo de mantemento de parques infantís
Extracto do Pleno da Corporación do Grove onde o concelleiro de Limpeza e mantemento de espazos públicos anuncia que o servizo de mantemento de parques infan...