📣EU quere que o Concello controle as colonias felinas😺 aplicando o protocolo CES
🐾 Esquerda Unida elevará a debate, no pleno do mes de marzo, unha moción para instar ao Concello a realizar un control das colonias felinas aplicando o protocolo CES.
➡O continuo abandono de gatos domésticos, unido á súa capacidade reprodutiva, orixina colonias descontroladas de gatos vagabundos en zonas urbanas que non son aptas para a súa supervivencia, ocasionando molestias aos veciños do municipio.
O control reprodutivo mediante a aplicación de programas de captura, esterilización e solta (CES) supón unha boa política de control da poboación felina dende o punto de vista da saúde pública e do benestar animal e que completa outras medidas de potenciación da tenencia responsable de animais.
Unha colonia de gatos esterilizada xoga un papel importante no control de roedores da zona. Ademais de mellorar as condicións sanitarias da propia colonia, os programas CES favorecen a hixiene do entorno ao reducir as conductas propias dos gatos non esterilizados. Alí onde se extermina traumáticamente unha colonia, esta volve a reproducirse, a poboación recuperarase a través do fenómeno coñecido como “o efecto baleiro”.
Por ese motivo, dende Esquerda Unida instamos ao goberno a levar a cabo un censo municipal de colonias felinas e que, en colaboración coas asociacións animalistas locais e os centros veterinarios do noso concello, se lles realice o protocolo CES. Así mesmo, pedimos que se favoreza e protexa a labor das/dos voluntarias/os que coidan as colonias, se realicen talleres de educación contra o abandono e maltrato animal e campañas que conciencien da necesidade da esterilización de animais domésticos.
#euogrove #mocion #protocoloCES #coloniasfelinas #ogrove
http://www.euogrove.es/2021/03/eu-quere-que-o-concello-controle-as.html

www.euogrove.es
EU quere que o Concello controle as colonias felinas aplicando o protocolo CES
Esquerda Unida elevará a debate, no pleno do mes de marzo, unha moción para instar ao Concello a realizar un control das colonias felinas ap...
📣📣Logo de dous meses e medio, seguimos agardando pola documentación relativa ao Protocolo CES🐾 que supostamente está aplicando o Concello do Grove.
➡O 29 de marzo, Esquerda Unida presentou a pleno unha moción para solicitar a aplicación do Protocolo CES no noso concello. O goberno tumbou a nosa proposta aludindo que estaban traballando nese aspecto e ofreceunos unha documentación onde se constataba todo o que, dende o concello, levan feito en relación ás colonias felinas e á aplicación do protocolo CES. Non só aceptamos a documentación, senón que oito días despois (6 de abril) solicitamos✍ a mesma a través do rexistro municipal.
Ante a tardanza⌛ na entrega da citada documentación, no pleno do 26 de abril, o noso voceiro, José Antonio Otero, preguntou pola mesma, obtendo unha desculpa por parte da concelleira responsable, que textualmente (como se pode ver no vídeo) indicou: “pensei que o Técnico de Medio Ambiente xa lle remitira a documentación, pero bueno, quedou de facelo, non o fixo. Mañá a primeira hora xa llo recordo para que así o faga”.
📅Un mes despois, no pleno do 31 de maio, o noso voceiro volveu preguntar novamente o motivo polo que seguiamos sen recibir a documentación por parte do concello. Esta vez, en base á resposta do pleno anterior, o noso voceiro fixo alusión a que no pleno anterior a concelleira dixera que fora culpa do Técnico de Medio Ambiente que non o mandara. A concelleira volveu reiterar as desculpas e indicar que llo recordaría ao día seguinte ao técnico. Tamén se mostrou enfadada porque dixemos que ela lle botara as culpas ao técnico, afirmando que non era verdade e que ela nunca lle botara as culpas a ningún traballador dependente do seu cargo.
Curioso, pois así o fixo no pleno de abril, indicando que o técnico quedara en enviar a documentación, e así o reiterou no pleno de maio, cando dixo que llo volvería recordar.
🙄 Dunha maneira ou outra, a día de hoxe, seguimos sen contar coa documentación relativa ao asunto referido, e estamos por asegurar que esa documentación non existe, e cando menos, non existía o día do pleno no que se tratou a moción sobre o Protocolo CES, pero serviulle de desculpa para votar en contra da proposta e seguir sen facer nada, como ata o de agora.
Grupo Municipal Esquerda Unida
#euogrove #protocoloCES #RogosePreguntasPleno
https://youtu.be/_XFsVzi8a2w

YouTube
Sobre a documentación relativa ao protocolo CES que o goberno non da entregado a Esquerda Unida
Extracto do Pleno de marzo de 2020 onde, durante o debate da moción de EU para a aplicación do Protocolo CES, a Concelleira de Medio Ambiente ofrece documentación para xustificar o traballo que se está a realizar dende o concello e votar en contra da moción.…