Actualidade EU O Grove
31 subscribers
464 photos
2 videos
15 files
435 links
Toda a información da actividade da agrupación local e do Grupo Municial de Esquerda Unida O Grove
Download Telegram
📢📢 EU PRESENTA UNHA MOCIÓN DE APOIO Á MANIFESTACIÓN DO 14 DE NOVEMBRO EN DEFENSA DA ATENCIÓN PRIMARIA 📢📢

➡O grupo municipal de Esquerda Unida elevará ao pleno do día vindeiro 2 de novembro unha moción na que pedirá o apoio da corporación á manifestación que a Plataforma SOS Sanidade Pública ten convocada para o 📅14 de novembro en 📍Santiago de Compostela baixo o lema "Salvemos a Atención Primaria”. Así mesmo, pídese ao goberno municipal que poña autobuses🚌 a disposición das veciñas e veciños que queira acudir á manifestación.

Esquerda Unida considera de suma importancia a implicación do conxunto da sociedade meca nesta convocatoria pois, dende hai mais de dous anos, o Grove está a sufrir de primeira man a falta de facultativos no Centro de Saúde, chegando a situacións estremas como as vividas a pasada fin de semana, onde non houbo médico de urxencias, e as veciñas e veciños que precisaron do servizo tiveron que desprazarse a Pontevedra ou ao concello de Sanxenxo.
#euogrove #sossanidadepublica #mocion #SalvemosaAtencionPrimaria

Noticia e moción completa:
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2021/10/eu-presenta-unha-mocion-de-apoio.html
José Antonio Otero - Voceiro do grupo municipal EU O Grove:
Que é practicamente imposible que a obra do Auditorio estea rematada completamente antes de finalizar o ano sabémolo tod@s menos Cacabelos, que no pasado pleno asegurou que se inauguraría dentro dos prazos que establece a subvención da Deputación (Isto é, antes do 31 de decembro do 2021).
O certo é que, segundo o propio Alcalde, o Auditorio xa ía estar rematado en decembro do 2020, logo neste verán e agora di que en decembro deste mesmo ano. Simplemente con achegarse ao Monte da Vila pódese deducir que as obras non finalizarán este ano.
Que pasará se non é así, pois que ou se perde a subvención de 1,5 millóns da Deputación, ou o ente provincial ampliará o prazo de xustificación, demostrando que actúan igual que o PP, favorecendo aos concellos amigos. De todos modos, mellor iso (ampliación de prazos) que perder 1,5 millóns de euros e meter ao concello nunha quebra económica sen precedentes.
De feito, tan apurados andan que o propio Alcalde, a través dos decretos de alcaldía, aproba as certificacións e facturas do Auditorio, a pesar de contar con informes negativos dos departamentos de urbanismo e intervención. Uns informes, que solicitamos por rexistro a principios de outubro e polos cales seguimos agardando.
Cacabelos, acostumado a xogar cos cartos públicos, está tensando demasiado a corda, agardemos que esta non rompa.

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=10223424982590107&id=1153693243
‼️“A RÚA”, O BOLETÍN INFORMATIVO DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA XA ESTÁ Á VOSA DISPOSICIÓN

🔻 Esta semana publicamos o noso boletín informativo 🗞️ co que o grupo municipal de Esquerda Unida pretendemos achegar ás veciñas e veciños un resumo do traballo que realizamos nestes dous primeros anos de mandato.

🔻 O boletín está sendo distribuído 📬 polas casa en formato papel a 8 páxinas 📖 (2000 exemplares), pero tamén o podes descargar 📥 dende a nosa web en formato dixital.

🔗Descargar boletín:
👇👇👇
https://drive.google.com/file/d/18DQMTbXWs1IAiKomFZf0stK9C08jnO4h/view?usp=sharing
📆 AXENDA DE HOXE

🙋🏻‍♂️ O noso voceiro, José Antonio Otero, asistirá:

⏰ 20.00 h. Comisión Informativa Xeral.
📍 Salón de Plenos.

⏰ 20.30 h. Xuntanza Mesa de Cultura e Patriminio.
📍 Sala de Xuntas.

🙋🏻‍♀️ A nosa concelleira, Ana Cristina Domínguez, asistirá:

⏰ 20.15 h. Comisión de Contas.
📍 Salón de Plenos.

⏰ 20.30 h. Xuntanza Consello Local da Igualdade.
📍 Sala das Cunchas.
📆 AXENDA DE HOXE
mércores 27 de outubro


🙋🏻‍♂️ O noso voceiro, José Antonio Otero, asistirá:

⏰ 14.15 h. Concentración de repulsa a violencia na Escola.
📍 Patio do CEIP Rosalía de Castro
📆 AXENDA DE HOXE
martes 2 de novembro

🙋🏻‍♂️🙋🏻‍♀️ José Antonio Otero e Ana Cristina Domínguez, asistirán:

⏰ 20.00 h. Pleno Ordinario
📍 Salón de Plenos da Casa do Concello
📆 AXENDA DE HOXE
mércores 3 de novembro

🙋🏻‍♂️ O noso voceiro, José Antonio Otero, asistirá:

⏰ 19.00 h. Reunión Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS)
📍 Casa do concello
photo_2021-11-03_22-22-07.jpg
116.4 KB
‼️ O CONCELLO PORÁ AUTOBUSES PARA ACUDIR Á MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA ATENCIÓN PRIMARIA O 14 DE NOVEMBRO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA ‼️
🔻 O pleno do Concello do Grove aprobou por unanimidade a moción presentada, en primeira instancia, por Esquerda Unida, logo reconvertida en conxunta co PSOE e BNG (engadindo dous puntos deste último grupo municipal), polo que a corporación apoia 💪 a Manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública en defensa da Atención Primaria e o goberno comprométese a por a disposición da veciñanza autobuses 🚌 para acudir a Santiago de Compostela o vindeiro 14 de novembro.
🔻 Así mesmo, o pleno tamén aprobou por unanimidade a segunda moción presentada por Esquerda Unida en defensa dunha urxente reforma da financiación local .💵
‼ ROGOS E PREGUNTAS DO PLENO DO 2 DE NOVEMBRO

🔻O noso voceiro, José Antonio Otero, realizou unha serie de preguntas e algunha solicitude no derradeiro punto do pleno ordinario do pasado 2 de novembro:

▶ Preguntamos pola situación do camiño de acceso á praia de Conroibo logo de que comprobáramos que o mesmo desapareceu do catastro o 23 de decembro de 2019, pasando a incluírse dentro dunha propiedade privada. Quixemos saber que estaba facendo para reverter esta situación.
Preguntamos o motivo da renuncia voluntaria da Técnica de Deportes, cales eran as consecuencias desta vacante e como se estaba traballando para cubrir a praza.

▶ Preguntamos o motivo polo que as bases das subvencións aos clubs deportivos volvían chegar nestes últimos meses do ano e non dentro do primeiro semestre como noutras ocasións, pois os clubs precisas solvencia económica para desenrolar a súa actividade.

▶ Preguntamos cando se volvería reunir o Consello Local de Deportes, xa que pasaron varios meses dende a última xuntanza.
Preguntamos tamén o motivo da renuncia voluntaria dunha Auxiliar de Policía e se se cubrira a praza ou se estaba traballando para cubrir a mesma.

▶ Preguntamos que pasaba coa contratación da Dinamizadora do CIM, pois a praza segue vacante.

▶ Preguntamos cando se nos remitirían os documentos que temos pedidos por rexistro dende hai varios meses:
🔘Os expedientes da Torre de Escuredo (19 de xaneiro)
🔘Os informes de Urbanismo e Intervención relativos ao Auditorio (3 de outubro)
🔘Os documentos da presentación realizada na Sala das Cunhas sobre a subvención de Turismo (15 de setembro)

▶ Por último, instamos ao goberno a visualizar os vídeos dos plenos dos últimos meses e revisar os rogos e preguntas realizados polo nos grupo municipal pois a gran maioría están sen cumprir.
📆 AXENDA DE HOXE
xoves 4 de novembro

⏰ 20.30 h. Reunión semanal da agrupación Local de Esquerda Unida O Grove

📍 Sede Local. Luis Casais, 11