Actualidade EU O Grove
31 subscribers
464 photos
2 videos
15 files
435 links
Toda a información da actividade da agrupación local e do Grupo Municial de Esquerda Unida O Grove
Download Telegram
‼️ No Grove pasamos de ter un dos mellores servizos de pediatría de Galiza a unha situación de saturación e desatención por falta de facultativos. Axendas sobresaturadas e a veciñanza sen atención.
🔻 O 14 de novembro vamos 🚌 a Santiago.
💪 SALVEMOS A ATENCIÓN PRIMARIA
Sos Sanidade Pública #14N #Santiago #Manifestación #AtencionPrimariaDeCalidade
📆 AXENDA DE HOXE
martes 9 de novembro

🙋🏻‍♂️ O noso voceiro, José Antonio Otero, e Anxo Meis asistirán:

⏰ 19.30 h. Xuntanza coa Asociación de Deporte Meco (ADM)
📍 Local de EU O Grove
📆 AXENDA DE HOXE
mércores 10 de novembro

🙋🏻‍♀️ A nosa responsable de Turismo, Susana Millán, asistirá:

⏰ 13.00 h. Xuntanza do Consello Local de Turismo
📍 Salón de Plenos da Casa do Concello

🙋🏻‍♂️ O noso voceiro, José Antonio Otero, asistirá:

⏰ 20.30 h. Xuntanza da Mesa de Comercio Local
📍 Salón de Plenos da Casa do Concello
‼️ Esquerda Unida fai un chamamento á mobilización en defensa da sanidade pública o próximo domingo 14N en Compostela

🔻 Recortes orzamentarios, xubilacións non cubertas, contratacións precarias e en xeral o desmantelamento da atención primaria, é a constante que o Partido Popular aplicou á sanidade pública nos seus anos de goberno na Xunta de Galicia.

A todo isto hai que sumarlle, colas eternas nos centros de saúde, citas telefónicas como eixo da asistencia médica en lugar da presencial ou listas de espera de días ou semanas, incompatibles coa atención primaria.

A sanidade pública é un dos eixos vertebradores da sociedade e as políticas da Xunta de Galicia cos recortes mencionados anteriormente contribúe ao fomento das desigualdades entre a cidadanía.

É fundamental, por iso, unha maior dotación orzamentaria, un aumento de persoal e un xiro de cento oitenta graos respecto a as políticas que se realizaron nestes anos de goberno do Partido Popular.

Por todas estas razóns. Esquerda Unida fai un chamamento á cidadanía para acudir de forma masiva á manifestación que se realizará o vindeiro domingo 14 ás 12 horas en Compostela en defensa da sanidade pública, a sanidade de todas e todos.


https://esquerdaunida.org/esquerda-unida-fai-un-chamamento-a-mobilizacion-en-defensa-da-sanidade-publica-o-proximo-domingo-14n-en-compostela/
📆 AXENDA DE HOXE
Domingo 14 de novembro

👥 @s membros da Coordinadora Local asistirán:

⏰ 12.00 h. Manifestación en defensa da sanidade pública "Salvemos á Atención Primaria".
📍 Santiago de Compostela
Manifestación en defensa da Sanidade Pública e da Atención Primaria. #14N #Santiago #sossanidadepublica
📆 AXENDA DE HOXE
mércores 17 de novembro

🙋🏻‍♀️ A nosa responsable de Turismo, Susana Millán, asistirá:

⏰ 13.00 h. Xuntanza do Consello Local de Turismo
📍 Salón de Plenos da Casa do Concello
📆 AXENDA DE HOXE
xoves 18 de novembro

⏰ 20.30 h. Reunión da Coordinadora Local de Esquerda Unida O Grove

📍 Sede Local. Luis Casais, 11
‼️ EU TACHA DE DESDÉN O TRATO DO GOBERNO MUNICIPAL AO DEPORTE LOCAL ‼️

▶️ Os esquerdistas seguen agardando polas repostas ás preguntas realizadas no último pleno. Entenden que a renuncia da técnica de Deportes provoca unha parálise no departamento que vai afectar ao reparto das subvencións.

▶️ Logo de reunirse coa ADM, Esquerda Unida considera que o Concelleiro de Deportes menospreza aos clubs deportivos, mentiulles no orzamento e provócalles dificultades económicas ao publicar as bases das subvencións no último trimestre, polo que piden un “cambio de actitude cara o deporte local ou que presente a súa dimisión”

🔻Ler noticia completa
👇👇👇
🔗 http://www.euogrove.es/2021/11/eu-tacha-de-desden-o-trato-do-goberno.html
📆 AXENDA DE HOXE
martes 23 de novembro

🙋🏻‍♂️ O noso voceiro, José Antonio Otero, asistirá:

⏰ 20.00 h. Comisión Informativa Xeral.
📍 Salón de Plenos.
📆 AXENDA DE HOXE
Xoves 25 de novembro

🙋🏻‍♂️ O noso voceiro, José Antonio Otero, asistirá:

⏰ 19.00h. Actos do CLI polo 25N.
📍 Diante da Casa do Concello.
‼️ ESQUERDA UNIDA CONSIDERA UNHA BURLA A SUBIDA SALARIAL DO CONCELLEIRO DE DEPORTES ‼️

▶️ O goberno aprobará unha dedicación do 50% para o Concelleiro de Deportes con unha retribución de 17.000 € brutos anuais.

▶️ Os esquerdistas non entenden que, tralas numerosas críticas á súa labor ao fronte da concellería de Deportes, o Alcalde o compense cunha subida salarial.

🔻 Ler noticia completa
👇👇👇
🔗 http://www.euogrove.es/2021/11/eu-considera-unha-burla-subida-salarial.html