Actualidade EU O Grove
31 subscribers
464 photos
2 videos
15 files
435 links
Toda a información da actividade da agrupación local e do Grupo Municial de Esquerda Unida O Grove
Download Telegram
🗣 A contratación dun técnico/a de turismo e a creación dun plan de desenvolvemento, prioridades de Esquerda Unida no eido turístico.

Medidas:·
🔻 Contratación dun Técnico/a de Turismo que poña en marcha un Plan de Desenvolvemento Turístico.
🔻 Dotar a oficina de Turismo de medios e recursos necesarios para un mellor desenvolvemento da súa actividade.
🔻 Estruturar e desenvolver campañas de promoción e "marketing" con material promocional actualizado, creando un calendario anual de accións promocionais e participación en feiras.
🔻 Buscar un novo modelo de funcionamento e financiamento para a Festa do Marisco e traballar na declaración de Festa de Interese Turístico Internacional.
🔻 Creación de produtos turísticos aproveitando os recursos patrimoniais e naturais da nosa vila.
🔻 Por en valor e dar continuidade a proxectos e iniciativas xa existentes como o Proxecto Pío, Ruta do Padre Sarmiento e a Ruta Xacobea Mar de Arousa.
🔻 Plan de potenciación e revitalización da Illa da Toxa.
🔻 Mantemento das infraestruturas e coidado do entorno do Grove, as súas paisaxes e riquezas: Monte Central da Toxa, Monte Siradella, Miradoiro Con da Hedra, Zona San Vicente do Mar, Zona Moreiras, Sendeiros, Castro da Siradella, Adro Vello, Cantodorxo…
🔻 Fomentar e potenciar o turismo no rural fundamentado na sustentabilidade e no turismo verde.
🔻 Traballar nas melloras para os diferentes areais: procurar a Q de calidade na maioría. Potenciar os areais libres de fume e as praias caninas.
🔻 Modificación e adaptación da ordenanza de terrazas co consenso dos sectores implicados e aplicación da mesma para a convivencia entre os establecementos e a veciñanza.
🔻 Impulsar as festividades locais: Festa do Marisco, Entroido, Festa do Carme, Festa da Salazón, San Martiño, San Vicente, Nadal, Magosto…
🔻 Mar como reclamo turístico: Exposicións permanentes sobre o marisqueo, ampliable á realización de rutas para mostrar o proceso. Rutas en barcos de batea adaptados para ver o proceso de recollida e limpeza do mexillón, implicando aos participantes no desenvolvemento dos diferentes procesos. Realizar talleres formativo-lúdicos de colareiras, redeiras e diferentes motivos mariñeiros.
🔻 Musealizar a Salgadeira de Moreiras e contratación de persoal.
🔻 Proxecto de musealización de Adro Vello, estudo do impacto e a viabilidade das actuacións que se realicen na zona.
🔻 Traballar na creación dunha ruta de museos e tickets unificados. Implicar aos factores públicos e privados na iniciativa: Museo da Salga, Acuario, Centro de Interpretación da Natureza, Tenda-museo de xabóns La Toja, Quinteiro de Temperán...
🔻 Elaboración dun Proxecto Deportivo Municipal que procure o fomento do deporte como alternativa turística e de ocio na vila. Promover convenios cos clubs e asociacións deportivas para a participación de visitantes e turistas nos adestramentos e/ou eventos ao marxe das competicións oficiais.
🔻 Poñer en marcha un servizo municipal de alugueiro de bicicletas como alternativa aos desprazamentos en vehículos a motor reducindo as emisións de CO2
🔻 Crear unha ordenanza de Autocaravanas en consenso co sector autocaravanista para garantir unha correcta convivencia.
🔻 Estudo da capacidade de carga do Grove para detectar as zonas en risco e poder adiantarnos a futuros problemas de masificación.

👉 Programa completo en: http://locais2023.euogrove.es

#programaeuogrove #turismo #coidamosogrove #Municipais2023 #ailusióndocambio #votaesquedaunida
‼️ Este domingo ás 12.00 horas, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, celebramos o acto central da campaña.

🗣️ Intervirán:
🔻 Anxo Meis
👉 Candidato n°3

🔻 Susana Millán
👉 Candidata n°2

🔻 José Antonio Otero.
👉 Candidato á Alcaldía.

🗣️ Presenta:
🔻 Cristina Domínguez
👉 Concelleira e candidata n°17

#VotaEsquerdaUnida #euogrove #municipais2023 #coidamosogrove #paraunhavidamellor #ailusióndocambio
🗣 Esquerda Unida creará Escolas Taller e Casas de Oficios, e procurar novos xacementos de emprego baseados na sustentabilidade económica, social, ambiental e a perspectiva de xénero.
👉 Esquerda Unida lanza as súas propostas de medidas en políticas de emprego.
🔻 Elaboración dun Plan municipal de desenvolvemento local, que camiñe cara a un novo modelo, fomentando novos xacementos de emprego desde o punto de vista da sustentabilidade económica, social e ambiental, así como a perspectiva de xénero, como poden ser os servizos ligados ao desenvolvemento da lei da dependencia, actividades culturais, enerxías renovables, novas tecnoloxías, investigación civil, agricultura ecolóxica, turismo,...
🔻 Concorrer aos diversos plans de emprego convocados dende a Xunta e outras administracións, co obxectivo de que sirvan, non só para atopar un emprego temporal, senón para adquirir unha formación suficiente para integrarse no mercado laboral. A selección nestes plans farase con absoluta transparencia e con participación dos sindicatos, empresarios e formacións políticas.
🔻 Apoio aos emprendedores, pequenos autónomos e PEMES, base importante da economía local do noso concello. Potenciar ao pequeno e mediano comercio como forma de manter cohesión social.
🔻 Potenciar as políticas activas de emprego, a través da Axencia Municipal de Emprego, en coordinación co Servizo Público de Emprego. Realizaranse seguimentos dos demandantes a través de itinerarios personalizados
🔻 Políticas de contratación dirixidas a colectivos máis desfavorecidos: Parados de longa duración, mulleres, mocidade, inmigrantes, vítimas de violencia de xénero, ex-reclusos...
🔻 Pleno desenvolvemento, extensión e creación de Escolas Taller e Casas de Oficios, como instrumento de inserción xuvenil, mellora da cualificación profesional e apoio á conservación do patrimonio público.
🔻 Aposta e procura de novos xacementos de emprego.
🔻 Incluír cláusulas sociais nas licitacións das administracións públicas, dando prioridade ás pequenas empresas e autónomos locais, así como á creación de emprego, especialmente estable.
🔻 Introducir a perspectiva de xénero en todas as políticas de emprego do Concello. Incluír cotas mínimas para as mulleres nos diferentes plans de emprego e formación.
🔻 Fomentar as cooperativas para realizar servizos públicos.
🔻 Fomentar o turismo rural como fonte de emprego, a través de explotacións gandeiras, cultivos ecolóxicos, labores de campesiñado laboral, etc.
🔻 Incluír cláusulas referidas ao salario e cumprimento das normas de seguridade dos traballadores de contratas polo Concello, así como a cláusula de subrogación.
🔻 Rexeitamento ás contratacións por parte do Concello a través de Empresas de Traballo Temporal.
🔻 Campañas contra a discriminación laboral entre homes e mulleres.
🔻 Aprobar un Plan de Emprego Local que inclúa o desenvolvemento de maneira directa de actividades sociais e ecoloxicamente útiles para o noso concello a través de organismos autónomos ou empresas públicas.
🔻 Utilizar mecanismos de colaboración público-social con cooperativas e empresas da economía social para a xestión de determinadas actividades e servizos municipais.
🔻 Implementar o uso de cláusulas sociais na contratación pública para incorporar como criterio de adxudicación a igualdade, accesibilidade, seguridade, saúde laboral, estabilidade no emprego, formación no lugar de traballo, conciliación familiar, protección do medio ambiente e respecto dos dereitos humanos.
🔻 Creación dunha normativa que penalice ás empresas con altos graos de eventualidade nas relacións comerciais, ou contratacións de obras ou servizos, co concello.
🔻 Formación Profesional:
◾️ Crear o Centro FP de Hostalería e Centro de Investigación e Desenvolvemento Turístico nos que se inclúan estudos para desestacionalizar. I+D tecnolóxico, formación, cursos a nivel galego,...
◾️ Ampliar a oferta de FP no IES Monte da Vila equiparando ou mellorando o número de ciclos ofertados polos concellos limítrofes (no Grove só se imparte un).
🔻 Solicitar ciclos para o noso concello relacionados co tecido produtivo (hostalería, conserva, mar, frío, novas tecnoloxías,...)
🔻 Ofertas de emprego público periódicas para cubrir os servizos que o Concello presta á cidadanía, así como novos servizos que sexan necesarios.
🔻 Negociar e executar a Relación de Postos de Traballo (RPT) dotándoa de orzamentos.
🔻 Actualizar as bases da bolsa de emprego, adaptándoas ás necesidades reais do concello.
🔻 Apoiar e impulsar as pequenas explotacións de agricultura ecolóxica.
🔻 Reducir ao máximo as horas extraordinarias, substituíndoas, sempre que sexa posible, pola creación de emprego.
🔻 Potenciar as empresas públicas como garantía de bo servizo e emprego estable e profesional.
🔻 Cumprimento efectivo da porcentaxe mínima do 7% de prazas do total da oferta pública anual para discapacitados, para diversas categorías, incluídas as máis altas.
👉 Programa completo en: http://locais2023.euogrove.es
#programaeuogrove #emprego #coidamosogrove #Municipais2023 #ailusióndocambio #votaesquedaunida
🗣 Esquerda Unida quere habilitar unha Casa da Mocidade, fomentar o asociacionismo xuvenil e abrir espazos de ocio nocturno alternativo

👉 EU lanza as súas propostas de medidas para a mocidade.
🔻 Impulsar a posta en marcha do Consello Local da Mocidade que teña entre as súas funcións a elaboración dun Plan Municipal da Mocidade de maneira participativa.
🔻 Converter a antiga Escola Infantil do Monte da Vila nunha Casa da Mocidade, e xerar máis espazos xuvenís municipais co propósito de favorecer a rede asociativa xuvenil.
🔻 Dinamización da Oficina de Información Xuvenil.
🔻 Abrir espazos para o ocio nocturno alternativo, implicando directamente aos máis novos no deseño destes programas.
🔻 Creación dunha bolsa de emprego xuvenil municipal con programas específicos que faciliten o seu acceso.
🔻 Xerar laboratorios de participación xuvenil nun marco autoxestionado que contemple todos os ámbitos locais:
◾️ Locais e recursos compartidos.
◾️ Portelo único xuvenil que promova unha información integral e organizada.
◾️ Espazos de experimentación cultural e de ocio.
🔻 Facilitar o acceso e a produción de cultura á poboación moza, proporcionando espazos equipados para a creación artística, como locais de ensaio, talleres ou estudos.
🔻 Establecer programas participativos para que a mocidade poida decidir e empregar recursos públicos, como equipamentos municipais ou espazos autoxestionados, e desenvolver actividades de ocio que satisfagan tanto as súas necesidades de ocio diúrnas e nocturnas, de maneira saudable.
🔻 Desenvolver servizos destinados á promoción da saúde no ámbito da mocidade que ao menos contemplen:
◾️ Relacións afectivo-sexuais.
◾️ Atención á redución de riscos (sexualidade, drogas...).
◾️ Atención eficaz, gratuíta e diferenciada a problemas psico-sociais da mocidade.
🔻 Abrir unidades de atención á saúde mental, que conten con persoal especializado, con formación en perspectiva de xénero, ludopatía, drogadicción e outras adicións, en psicoloxía infantil e adolescente.

👉 Programa completo en: http://locais2023.euogrove.es
#programaeuogrove #mocidade #coidamosogrove #Municipais2023 #ailusióndocambio #votaesquedaunida
🗣 O Centro de Día prioridade de Esquerda Unida nun completo programa de Servizos Sociais

👉 Esquerda Unida lanza as súas propostas de medidas para os servizos sociais.
🔻 Construción dun CENTRO DE DÍA para a atención a persoas dependentes.
🔻 Promover a conciliación laboral-familiar de persoas con cargas familiares (menores, maiores, persoas enfermas, dependentes) mediante unha bolsa de emprego de persoal cualificado, cooperando con asociacións, sendo un bo emisor das normativas que favorecen a conciliación. O fin desta acción será evitar o empobrecemento económico dos fogares.
🔻 Elaborar un Censo municipal de persoas que viven soas e elaborar un Plan de Envellecemento Activo cos seguintes obxectivos:
Coñecer as necesidades das persoas maiores que viven soas na nosa vila.
Ofrecer información de actividades lúdicas que poidan ser do seu interese.
Ofrecer alternativas de ocio.
Informar e solicitar o servizo de teleasistencia de forma gratuíta.
Fomentar as relacións persoais.
Crear unha rede de axuda e acompañamento na que poidan colaborar as veciñas e veciños que queiran participar.
🔻 Adherirse á rede de Cidades Amigables coas Persoas Maiores.
🔻 Adherirse ao proxecto “Ciudades que Cuidan”, co propósito de que O Grove se converta nunha Cidade Coidadora.
🔻 Afondar na mellora do programa de Vellos Tempos e valorar a necesidade de ofrecer a maiores unha quenda de mañá con opción a servizo de comedor.
🔻 Xestionar a reserva dunha porcentaxe das entradas de eventos de pago (Auditorio e outros espazos), organizados polo Concello, para servizos sociais a prezos reducidos ou gratuítos en función da dificultade económica.
🔻 Elaboración dun Plan Integral para o desenvolvemento da Lei de Dependencia no Grove.
🔻 Poñer en valor ás mulleres e recoñecer a súa labor social no coidado de maiores e dependentes.
🔻 Establecer un plan de axudas, especialmente no período de crise, que adianten e amplíen as concedidas pola Xunta, sempre baixo o control dos servizos sociais do Concello.
🔻 Atender á coordinación entre a área de acción social e as concellerías de educación, cultura, vivenda, urbanismo, emprego, consumo e facenda, con participación dos axentes sociais e asociacións.
🔻 Esixir á Xunta a ampliación das axudas sociais (IMS, axudas de emerxencia,...) así como a posta en marcha da Lei de Servizos Sociais.
🔻 Apoiar a formación continua dos traballadores, así como a creación de postos de traballo que permitan un desenvolvemento dos proxectos con calidade e continuidade.
🔻 Mellorar o sistema de orientación e información ao cidadán, promovendo o coñecemento dos recursos sociais.
🔻 Crear unha rede de colectores de recollida de roupa usada, de xestión municipal, para o reparto entre as organizacións benéficas da localidade.
🔻 Potenciar as iniciativas de carácter Social.
🔻 Recuperar o servizo de prevención da drogodependencia.
🔻 Apoio ás persoas con autonomía reducida.
🔻 Realizar unha xestión integrada dos servizos sociais a nivel superior, para obter unha maior información e poder ofrecer máis recursos á poboación.
🔻 Apoio ó desenvolvemento e integración comunitaria de persoas con dificultades especiais de incorporación social.
🔻 Establecer unha comunicación frecuente e aumentar a visibilidade dos centros sociais da localidade (pertencentes ás Redes de centros sociais).
🔻 Plan municipal de drogas. Campañas de sensibilización sobre os prexuízos do consumo de drogas, alcohol e tabaco. Promover o consumo responsable.
🔻 Transparencia na xestión de listas de espera e demandar a súa redución.
🔻 Implantar mecanismos de protección dos máis débiles e dos máis enfermos.
🔻 Coordinar os servizos sociais e sanitarios entre si. Coordinar os servizos sanitarios con outras estruturas da saúde pública.
🔻 Mellorar o desenvolvemento da atención a colectivos específicos: pacientes crónicos, atención sociosanitaria, atención a domicilio, atención a persoas maiores…
🔻 Poñer en marcha o Consello Local dos Maiores.
🔻 Subvencionar viaxes culturais para os nosos maiores.
🔻 Promover guías informativas sobre recursos para as familias.
🔻 Impulsar a dinamización demográfica.
🔻 Favorecer a participación e calidade de vida dos nenos e adolescentes en exclusión en actividades formativas e de tempo libre.

👉 Programa completo en: http://locais2023.euogrove.es
#programaeuogrove #servizossociais #coidamosogrove #Municipais2023 #ailusióndocambio #votaesquedaunida
🗣 Esquerda Unida realizará un plan de mantemento das instalacións deportivas e mellorará o trato cos clubs

👉 Esquerda Unida lanza as súas propostas de medidas para os deportes.
🔻 Procura dun incremento gradual do orzamento destinado a subvencións a clubs e eventos deportivos.
🔻 Revisión das bases de subvencións para facelos máis xustos. Mellorar e facilitar os trámites e xustificación das mesmas.
🔻 Procurar a construción dunhas salas polivalentes de xestión pública.
🔻 Revisar o regulamento do Consello Local do Deporte na procura dun modelo máis participativo, onde todas as entidades deportivas teñan voz e voto, e facelo máis funcional.
🔻 Potenciar a Gala do Deporte Meco, converténdoa nun verdadeiro recoñecemento aos deportistas e clubs deportivos do Grove.
🔻 Plan de mellora e mantemento das instalacións municipais, procurando como obxectivo principal a sustentabilidade enerxética. Revisión e adecuación do regulamento de uso destas instalacións.
🔻 Adaptación de todas as instalacións deportivas ás actividades que se desenvolven nas mesmas.
🔻 Reforma Integral do Pavillón do CEIP Conmeniño.
🔻 Realización de programacións deportivas diversas nos colexios, a través de 🔻 Convenios entre a Consellería, Concello e ANPAS.
🔻 Apoio e fomento da práctica deportiva escolar, poñendo as instalacións municipais a disposición dos centros educativos.
🔻 Promover un evento multideportivo anual aberto á cidadanía en colaboración con todas as entidades deportivas para dar a coñecer as diferentes modalidades deportivas existentes na localidade, sobre todo dos chamados “deportes minoritarios”.
🔻 Potenciar e colaborar nas carreiras populares e benéficas que se organicen.
🔻 Fomentar e potenciar a utilización dos espazos públicos ao aire libre para a práctica deportiva, así como a creación de novas rutas e sendeiros.
🔻 Promover campañas encamiñadas ao fomento do xogo limpo, á non violencia e á tolerancia a todos os niveis entre clubs e asociacións deportivas.
🔻 Fomentar actividades deportivas nas praias (voleibol, fútbol, gaélico, balonmán...) implicando aos clubs deportivos.
🔻 Apoio e fomento do deporte adaptado e inclusivo.

👉 Programa completo en: http://locais2023.euogrove.es
#programaeuogrove #deporte #coidamosogrove #Municipais2023 #ailusióndocambio #votaesquedaunida
Mañá, 7 de xuño ás 20h, dentro do marco das Xornadas antiimperialistas organizadas polo Encontro Galego Contra a OTAN, terá lugar a charla "O Estado español nos conflitos da OTAN" na Illa de Arousa, coas intervencións de Javier Couso, xornalista e exparlamentario europeo de IU, e Jorge Crego, Secretario Nacional do Partido Comunista de Galicia.
👋🏻 ¡Boas tardes! Esta é a previsión para mañá.

📆 AXENDA sábado, 17 de xuño

⏰ 12:30 h. Pleno de Investidura:
José Antonio Otero, Susana Millán e Anxo Meis tomarán posesión como concelleiros/as da corporación local para o mandato 2023-29.
Ademais, Anxo formará parte da mesa de idade ao ser o edil máis novo.

📍Salón de Plenos do Concello do Grove.
🔻 No día de onte, José Antonio Otero González , Susana Millán e Anxo Meis tomaron posesión como concelleir@s da corporación do Grove.

👉 Comezamos así un novo mandato no que, dende a oposición, fiscalizaremos o goberno municipal e traballaremos para levar adiante as nosas propostas co proposito de mellorar o noso concello e a calidade de vida da nosa veciñanza. 💪💪

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid0EEorTfVRsLmoFSdWV6eTKXdYmUvbHhjaHYskLFNMvR3wLNj4fYj78BHLJVGsEW9Vl&id=100064802735789
👍2❤1
‼️ESQUERDA UNIDA PIDE QUE O CONCELLO SE ACOLLA ÁS AXUDAS DO ESTADO PARA O CONTROL DAS COLONIAS FELINAS

🔻 Lembran que coa nova lei de Protección dos Dereitos e Benestar Animal, os concellos están obrigados ao control das colonias e á aplicación do protocolo CER. O prazo para as solicitudes pecha o vindeiro 24 de xullo.

🔻Agardan que non perdan esta oportunidade como sucedeu coa subvención para instalacións deportivas, advertida no seu momento polos esquerdistas, e a da contratación de socorristas.

▶️ O Grove, 27 de xuño de 2023.- ... LER NOTICIA COMPLETA 👇👇👇👇
http://www.euogrove.es/2023/06/eu-pide-que-o-concello-se-acolla-as.html