Actualidade EU O Grove
31 subscribers
464 photos
2 videos
15 files
435 links
Toda a información da actividade da agrupación local e do Grupo Municial de Esquerda Unida O Grove
Download Telegram
Channel photo updated
‼️ EU supedita o seu apoio ás liberacións a unha rebaixa salarial e uns compromisos a curto prazo

🔻 O grupo municipal de Esquerda Unida vén de presentar unha serie de propostas ao alcalde de cara ao pleno de organización do concello, no que se votarán cuestións como a periodicidade dos plenos, comisións, representación na Mancomunidade do Salnés ou as retribucións dos concelleiros e concelleiras así como dos grupos municipais.

🔻 O grupo municipal de Esquerda Unida trasladaron ao PSOE unha serie de actuacións prioritarias a realizar ou iniciar antes de rematar este 2023:
👉 Cubrir varias prazas do cadro de persoal municipal.
👉 Desatascar o expediente de desafectación dos terreos de Rons para a ampliación da Escola Infantil.
👉 O arranxo dos parques infantís.
👉 Limpeza dos diferentes barrios.
👉 Colaborar coa ANPA do CEIP Rosalía de Castro para lograr as obras solicitadas á Xunta.
👉 Un proxecto para a reforma do pavillón de Conmeniño
👉 Iniciar os trámites para a reforma e ampliación da Casa de Cultura Ángel Vázquez Hereder.
👉 Un Plan de Envellecemento Activo.
👉 Mellora do servizo de Vellos Tempos.
👉 Control das licenzas de pisos turísticos.
👉 Crear unha comisión para o seguimento da execución do Plan de Sustentabilidade Turístico
👉 Posta en marcha dos consellos sectoriais.

🔻Acompañando a estas medidas os esquerdistas tamén propoñen:
👉 Unha baixada salarial para o Alcalde e concelleiros e concelleiras do PSOE, ata conseguir un aforro de 49.716,56 € para as arcas municipais respecto do que viña custando á veciñanza o goberno da maioría absoluta de Cacabelos.
👉 Que o representante de oposición do concello do Grove na Mancomunidade do Salnés sexa un concelleiro ou concelleira designado por Esquerda Unida, que se sumaría así aos 2 representantes do goberno no órgano comarcal.

Podes ler a noticia completa na nosa web:
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2023/07/eu-supedita-o-seu-apoio-as-liberacions.html
Mañá, ás 19.00 horas na rúa Castelao, falaremos de Sanidade e das nosas propostas.
Agardámoste.
#Sumar #SumarGalicia #Éporti #YolandaDíaz
👏1
🗓 AXENDA DE HOXE

📆 LUNS 24 DE XULLO

🙋‍♂️ Os nosos concelleiros asistirán:

⏰ 20.00 horas.
🔻 Xuntanza veciñal en protesta pola usurpación dun camiño público.
📍Praia de Conroibo
‼️ EU reúnese co concelleiro de limpeza e mantemento de espazos públicos para coñecer a realidade dos servizos e trasladar as súas propostas

🔻O Grove, 2 de agosto de 2023.
O pasado mércores, os concelleiros de Esquerda Unida, José Antonio Otero, Susana Millán e Anxo Meis, reuníronse co concelleiro delegado de Limpeza, Mantemento de Espazos Públicos e Mercado, Juan Ramón Outeda, co propósito de coñecer de primeira man a situación na que se atopan os servizos tanto o de limpeza como o de mantemento dos parques e outros espazos públicos, xa que nos últimos meses están recibindo numerosas críticas veciñais. Así mesmo, os esquerdistas aproveitaron a xuntanza para trasladar unha serie de propostas de actuación nos diferentes ámbitos...
📰 Ler noticia completa
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2023/08/eu-reunese-co-concelleiro-de-limpeza-e.html
Esquerda Unida considera unha burla que o Alcalde fale de taxa turística tal e como ten a vila
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2023/08/esquerda-unida-considera-unha-burla-que.html?m=1
‼️ EU pide que se convoque o Consello Local de Turismo para traballar de cara a Festa do Marisco

🔻 Queren coñecer como se están desenvolvendo os preparativos da sesaxésima edición e apurar a publicación das diferentes licitacións: carpas de degustación, cafetería, posto de colareiras, merchandising ou artesanía, así como os diferentes produtos.
🔻 Propoñen unha serie de medidas en diversos ámbitos, dende accesibilidade e seguridade ata actividade cultural, co obxectivo de facer da Festa do Marisco unha experiencia memorable e inclusiva para todos os asistentes.
👉 Noticia completa aquí👇👇👇
http://www.euogrove.es/2023/08/eu-pide-que-se-convoque-o-consello.html?m=1
‼️ Esquerda Unida demanda explicacións pola suba dos prezos da Escola de Música Municipal

🔻 Logo de ter acceso ao expediente, requiren explicacións ao considerar que existen aspectos dubidosos na xustificación dun aumento por clase que vai dende os 10 aos 25 euros. Piden que executen un incremento menor.

🔻 Entre outros aspectos, contémplase unha suba do 37% por parte da empresa que xestiona o servizo sen que no informe se xustifique. Solicitan ademais que aclaren de que forma se presta o servizo logo de ter rematado o contrato da licitación.

🔻 Critican que a escola municipal non se atope no rexistro de Escolas de Música e Danza de Galicia, perdendo a oportunidade de acceder ás subvencións da Xunta de Galicia para o seu financiamento.

👉 Ler noticia completa na web
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2023/09/eu-demanda-explicacions-pola-suba-dos.html?m=1
‼️ Esquerda Unida urxe a publicación inmediata das bases das subvencións deportivas

🔻 Instan ao goberno local a publicar con urxencia as bases para evitar a repetición de atrasos e dificultades financeiras para os clubs locais.

🔻 A demora na publicación preocupa a Esquerda Unida, que sinala o risco de repetir a situación do ano pasado, cando os clubs non cobraron ata 2023 e o concello tivo que afrontar os intereses dos préstamos bancarios.

▶️ O Grove, 6 de setembro de 2023.- Esquerda Unida expresa a súa preocupación polo atraso na publicación das bases das subvencións deportivas por parte do goberno municipal. A formación de esquerdas critica que, a catro meses de finalizar o ano, os clubs locais aínda non teñan información sobre a contía das subvencións que o concello reparte anualmente, o que está a dificultar o desenvolvemento das súas actividades.

Anxo Meis, concelleiro de Esquerda Unida, manifestou a súa inquedanza respecto a esta situación, "Non é normal que, tendo o orzamento prorrogado sen variacións na partida para subvencións deportivas, estas aínda non foran publicadas. As subvencións culturais saíron antes das eleccións e non entendemos por que as deportivas aínda non están dispoñibles". Meis engadiu que "isto non é a primeira vez que ocorre, e está a xerar serios problemas para os clubs deportivos, que se ven obrigados a facer malabares financeiros para afrontar a tempada ou preparar o inicio do próximo ano".

O concelleiro lembrou a situación do ano anterior, na que os clubs non puideron cobrar as súas subvencións ata o 2023 debido á demora na publicación das bases. "Non queremos que se repita a mesma historia. O ano pasado, os clubs tiveron que recorrer a préstamos bancarios, e os xuros deses créditos tiveron que ser pagados pola veciñanza. É unha situación inaceptable que debe ser evitada a toda costa", afirmou Meis.

Esquerda Unida urxe ao goberno municipal a actuar con présa e responsabilidade, publicando de inmediato as bases das subvencións deportivas para evitar unha repetición dos problemas do pasado. O partido subliña que a falta de claridade nas subvencións non só afecta aos clubs deportivos, senón tamén á veciñanza en xeral, que debe soportar as consecuencias das decisións do concello.

Así mesmo, dende Esquerda Unida fan responsables desta situación ao anterior Concelleiro de Deportes, "por non ter feito os deberes antes da celebración das eleccións" , e ao actual Concelleiro "por non ter axilizado o tema".

👉Ler noticia na web:
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2023/09/esquerda-unida-urxe-publicacion.html
‼️ Esquerda Unida insta ao goberno a poñer en marcha canto antes os diferentes consellos sectoriais

🔻 Lembran que a convocatoria dos Consellos Locais de Turismo, Deportes, Igualdade e Cultura e Patrimonio está dentro dun dos acordos asinados para o pleno de órganos e que, cando menos, estes teñen que reunirse para renovar os membros tralo inicio do novo mandato.

🔻 Indican que aínda que o prazo remata a finais de outubro, queren que se acelere a convocatoria do CLT, para tratar a inminente Festa do Marisco, e do CLD, para coñecer o estado das bases das subvencións deportivas.

▶️ O Grove, 15 de setembro de 2023.- O grupo municipal de Esquerda Unida emitiu hoxe un comunicado no que pide ao goberno municipal que  non demore a convocatoria dos diferentes consellos sectoriais pois, ademais de ser o normal tralo arranque do novo “curso político”, é un compromiso dentro dos acordos que o grupo de esquerdas asinou co PSOE antes do pleno de órganos.

Os consellos sectoriais en cuestión, nomeadamente o Consello Local de Turismo, o Consello Local de Deportes, o Consello Local de Igualdade e o Consello Local de Cultura e Patrimonio, deben realizar, polo menos, a súa primeira reunión para a renovación dos seus membros, tal e como establece o inicio do novo mandato, e comezar así o traballo que encomende cada un deles.

A pesar de que o acordo marcaba como data límite o 31 de outubro, Esquerda Unida expresou a súa preocupación debido a un retraso perceptible na convocatoria destas reunións, das que os esquerdistas fan fincapé nas relativas a turismo e a deportes.

Sobre a de turismo, lembran que o pasado 30 de agosto, o seu grupo solicitou un encontro do Consello Local de Turismo co propósito de obter información sobre os avances relacionados coa Festa do Marisco que comeza o vindeiro 5 de outubro. E seguen incidindo na mesma pois, aínda que neste tempo xa se puxeron en marcha algunhas licitacións, consideran que hai varios aspectos que tratar. Esquerda Unida tamén expresou o seu interese en coñecer se se implementarán algunhas das súas propostas relacionadas coa accesibilidade e a seguridade nesta celebración, pero sobre todo, o que queren é que todos os membros do CLT poidan participar na organización do evento gastronómico máis importante de Galicia.

En relación co Consello Local de Deportes, Esquerda Unida subliñou a importancia de poñelo en marcha o antes posible para avaliar diversos aspectos no ámbito deportivo, pero principalmente para coñecer no punto en que se atopan as bases para a concesión de subvencións aos clubs, que a día de hoxe seguen sen ser publicadas, ocasionando problemas para os clubs deportivos do Grove, tal e como denunciaron o pasado 6 de setembro.

Deste xeito, Esquerda Unida insta ao goberno municipal a non demorar o cumprimento do acordo asinado e a convocar estas reunións sectoriais de forma inmediata para garantir unha xestión efectiva e transparente dos asuntos relacionados co turismo, o deporte, a igualdade e a cultura no Concello do Grove.

👉 Noticia completa na web
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2023/09/eu-insta-ao-goberno-poner-en-marcha.html?m=1
‼️ A Valedora do Pobo avala a denuncia de Esquerda Unida sobre impedimento de acceso ao Auditorio dos seus concelleiros

🔻 O grupo municipal de Esquerda Unida solicitara, en abril de 2022, acceso a todas as salas e dependencias do auditorio e o goberno nunca lles dou resposta nin lles facilitou a entrada. Ano e medio despois, a Valedora do Pobo apoiou a denuncia dos esquerdistas, afirmando que os concelleiros tiñan dereito a acceder á instalación municipal.

🔻José Antonio Otero González, voceiro de Esquerda Unida, eloxia a resolución da Valedora do Pobo, que evidencia a intención do Alcalde de evitar que os concelleiros realizasen a súa función de fiscalización e observasen as deficiencias do Auditorio-Escola de Música.

📰👉 Ler noticia completa:
👇👇👇
http://www.euogrove.es/2023/09/a-valedora-do-pobo-avala-denuncia-de.html
‼️ EU presenta unha moción para a inclusión de horas sen música nas atraccións durante as festas no Grove

🔻 O Grove, 23 de outubro de 2023 – O Grupo Municipal de Esquerda Unida elevará ao pleno do mes de outubro unha moción co obxectivo de facer que as festas no Concello do Grove sexan máis inclusivas, especialmente para aqueles que padecen o Trastorno do Espectro Autista (TEA).

A moción propón a creación de dúas horas sen música durante as festas populares e eventos que conteñan atraccións de feira, co fin de proporcionar un ambiente máis adecuado para as persoas con TEA e outras sensibilidades sensoriais. Esta iniciativa tamén busca mellorar a experiencia de todas as persoas que poidan atopar os niveis de ruído abrumadores durante os eventos festivos.

O Trastorno do Espectro Autista afecta aproximadamente ao 1% da poboación mundial, e en España hai máis de 450.000 persoas con TEA. En Galicia, calcúlase que hai aproximadamente 27.000 persoas con TEA, das cales 1.323 son estudantes de 3 a 18 anos. Aínda que non hai datos específicos sobre o número de habitantes do Grove con TEA, esta condición é prevalente en todas as comunidades.

Nas pasadas Festas do Carme, xa se realizou un primeiro intento para facilitar a participación das persoas con TEA nas atraccións de feira, reservando unha hora sen música. Non obstante, Esquerda Unida considera que este paso é insuficiente e propón ampliar a duración a dúas horas, así como establecer a medida como norma no Concello.

A moción tamén insta ao Concello a informar á cidadanía a través de canles oficiais sobre a existencia destas dúas horas sen música nas atraccións durante as festas e a realizar un seguimento e avaliación da implementación desta medida para facer as melloras necesarias en futuras edicións das festas.

O voceiro de Esquerda Unida, José Antonio Otero González agarda que esta moción conte co apoio do pleno para lograr unha maior inclusión e accesibilidade nas festas do Concello do Grove.
💻 Ler noticia completa e moción na web:
http://www.euogrove.es/2023/10/eu-presenta-unha-mocion-para-inclusion.html
‼️EU critica a falta de investimento para O Grove nos orzamentos da Xunta

🔻Alegan que o Grove foi excluído de investimentos importantes. Segundo EU, a Xunta de Galicia non contemplou partidas orzamentarias para áreas clave como o Colexio de Rosalía de Castro, a Rúa Luís A. Mestre, a tubaxe da subministración de auga potable, o dique de abrigo do porto de Porto Meloxo, o Centro de Saúde ou a Escola Infantil de Rons.

🔻Instan ao goberno municipal a reclamar estas melloras e ao PP do Grove a demandar investimentos para O Grove. Preguntan aos populares pola promesa electoral sobre a construción dun pavillón no instituto Monte da Vila, xa que tampouco se contempla nos orzamentos autonómicos.

▶️EU, a través do seu voceiro José A. Otero, criticou duramente os orzamentos da Xunta de Galicia para o 2024. Segundo a formación, a Xunta “ningunea” ao Grove un ano máis, deixándoo fóra de calquera investimento importante...

💻noticia completa: http://www.euogrove.es/2023/10/eu-critica-falta-de-investimento-para-o.html
‼️🗣 Esquerda Unida esixe ao goberno municipal que solucione a situación de precariedade do servizo de 👩‍🚒 Emerxencias do Grove

🔻 Os concelleiros de Esquerda Unida reuníronse co persoal do servizo de Emerxencias e denuncian a precariedade na que traballan, cuns vehículos en mal estado, sen sistema de excarceración e cuns salarios inapropiados. Instan ao goberno a solicitar á Xunta de Galicia a conversión en GES para acadar os medios necesarios e evitar uns gastos que se aproximan ao millón de euros. Ofrécense a acompañar ao executivo local para logralo.

🔻 Piden ao alcalde que destitúa ao concelleiro delegado pola súa desleixo e abandono do servizo de Emerxencias e que busque unha solución o máis axiña posible para evitar que desapareza o servizo 24 horas, ou non se poida actuar nunha intervención por falta de medios e, en consecuencia, ter que lamentar unha desgraza.

📃➕ Ler noticia completa 👇👇👇
🔗 https://www.euogrove.es/2023/11/eu-esixe-ao-goberno-municipal-que.html
‼️🗣️ O pasado 6 de setembro, o noso concelleiro, Anxo Meis, denunciou a tardanza na publicación das bases das subvencións deportivas e pediu a súa axilización para evitar problemas aos clubs e repetir a situación do ano pasado.

👉 O 8 de novembro, dous meses despois, aprobáronse en Xunta de Goberno Local, pero non foi ata o pasado venres 16 cando foron publicadas, dando aos clubs unha semana para presentar toda a documentación (o prazo remata mañá ⏳).

👉 O peor de todo é que teñen ata o 5 de decembro para xustificar a posible asignación. Uns prazos demasiado xustos, que van ocasionar quebraderos de cabeza para as directivas dos clubs. Isto non pode volver suceder.

👉 Os clubs deben coñecer as cantidades coas que contan dentro do primeiro semestre do ano, non a finais.
👇👇
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid02YRRsHsrsSdbGWQjVCpoouUqJx2utYzYXJKX3ooAJGtK1hhaSXNVU4DTaaQvKhgkNl&id=100064802735789
❤1
🚨 A principios de novembro, unha 🌳 árbore enorme caeu no patio do Colexio Público Conmeniño, debido ao 💨 temporal. A árbore quedou tirada na zona do campo de fútbol, impedindo que os nenos e nenas do colexio poidan gozar dese espazo e poñendo en perigo a súa seguridade.

👉 ¿Que fixo o concello ante esta situación? 🤷‍♀️ NADA. Absolutamente NADA. Nin sequera se molestaron en retirar a árbore, que segue no mesmo sitio tres semanas despois.

🗣 Desde Esquerda Unida esiximos ao concello que actúe de inmediato e solucione este problema para evitar ter que lamentar algún incidente maior.
👇👇
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid0i5MJQBHYdMsygM19GuEgk6oV1PrwXDfDciJDpMNhcKzLnouXN8aWDWSa8ZKMTK3cl&id=100064802735789